martes, 3 de diciembre de 2019

Toda unha vida á sombra do gran Mosteiro.

No Concello de Cea (Ourense) localízase o Mosteiro de Oseira. O coñecido como “Escorial galego” é un edificio impoñente situado entre montañas, nun lugar tranquilo e recollido. O gran mosteiro carga ás súas costas con séculos de historia, que deron  para moito, ó longo dos cales albergou entre os seus muros non so a varias xeracións de monxes, senón tamén nenos orfos e mesmo presos políticos. Unha vida longa e dura, como a dos grandes protagonistas da historia, na que pasou por tempos moi difíciles na que o abandono o levou á ruína.

Na actualidade, apenas uns poucos monxes habitan aquí mantendo a tradición da vida monástica propia do edificio e ocupándose, aínda, nalgunha das actividades agrarias polas que foron famosos os Monxes do Císter. A maior parte do mosteiro está reconvertido en hospedaxe para aqueles que gusten dun tempo de descanso e reflexión lonxe do barullo diario.

Sen dúbida este é un gran edificio monacal da Idade Media, ó abeiro do que naceu unha aldea na que se asentaron xentes que, noutros tempos, traballaban para o mosteiro, e que propiciou a construción de infraestruturas como fornos, muíños, pontes,… necesarias para a vida diaria dos moxes e dos veciños.

Pero este post non vai diso, o protagonismo por unha vez non quero que recaia no gran mosteiro. Desviemos a mirada a un elemento patrimonial moito máis pequeno e simple pero que pode ter un valor tan grande como o do mosteiro. Xunto á estrada de acceso ao lugar de Oseira, se reparamos cruzando sobre o río, á marxe veremos como se agocha baixo a maleza unha pequena ponte de pedra visiblemente abandonada.

Esa é a miña protagonista de hoxe: esta pequena e modesta ponte de pedra da imaxe da esquerda, que aínda que cuberta pola maleza, se mantén en pe e bastante ben conservada, grazas a que se trata dunha gran obra de cantería. Mantense en pe ben orgullosa sobre o río cun gran ollo formado por un arco de medio punto de doelas perfectamente talladas. O piso é lineal e, polo que se aprecia, sería firme e recto facilitando o camiño aos usuarios os que axudaba a salvar o paso sobre o río.

A pequena ponte, da que non coñezo a súa historia nin logrei atopar referencias de momento, nin sequera sei o seu nome, pero... e se fose tan antiga como a propio mosteiro?. Levaría séculos convivindo con el e manténdose nun segundo plano, á sombra dese maxestuoso edificio, que leva todo o protagonismo e é o centro de todas as miradas.

Para min a pequena ponte tamén e importante. É importante porque é unha obra que alguén, poida que algúns dos monxes que viviron en Oseira, a levantaron, e seguramente leve séculos ocupando ese lugar e cumprindo a misión para a que foi construída: axudar aos camiñantes a cruzar o río. E é importante porque ten historia, porque é fermosa e porque se mantén ergueita a pesares do abandono e do paso do tempo, sen que ninguén ou case ninguén repare nela ou se preocupe pola súa conservación. E non me parece xusto!.

Nunha aldea como Oseira, con ese gran mosteiro no que se fixo tanto e se inverteu tanto na súa recuperación e conservación, da moita mágoa que non se destine nada a manter esta ponte e empregala como paso de pe ou simplemente pola boa imaxe do entorno.

Quero darlle un valor simbólico, reflexando nela a todas esas pontes ou pontellas que se atopan ou se topaban ao longo dos nosos ríos, que por un ou outro motivo quedaron sen uso e foron abandonadas á súa sorte. E como exemplo recuperei fotos de internet desas dúas pontes, a da Veronza e a da Cruz que acusan as consecuencias de ser vitimas do esquecemento. Pois, todas elas merecen o noso respeto como parte que son da nosa historia e do noso patrimonio. Manteñen vivo o recordo doutros tempos e a historia das persoas que as empregaban cada día. Moitas pontes de época medieval xa desapareceron, aínda que nalgúns casos séguense recordando porque o lugar que ocuparon conservando o nome de “Ponte de…”; seguro que coñeces algún dese lugares. Por exemplo, no meu concello, Rodeiro, séguese coñecendo como “Ponte do Hospital” o sitio no que había unha ponte medieval que foi substituíu por unha máis moderna, a carón dela había un hospital de peregrinos tamén desaparecido.

E volvendo á nosa protagonista de hoxe,nesta ocasión non fun eu quen reparou nela, pois eu fai anos que non paso por Oseira, foi unha persoa que, coma min, é máis de reparar na beleza das cousas pequenas. Porque ante a beleza das grandes obras todo o mundo queda admirado, mentres se tende a infravalorar ó pequeno. Así xurdiu o tema para este post.

Para rematar propóñoche algo: que cando visites algún deses grandes edificios, impresionantemente fermosos, non so te pares a comtemplalo a el, senón que te des unha volta polo seu entorno, de seguro que á súa sombra atoparas cousas máis pequenas de beleza máis humilde pero que merece a pena coñecer e valorar, como a Ponte de Oseira.



martes, 26 de noviembre de 2019

Pezas de Museo 2: "Fíbula romana".

Para a segunda entrega de “Pezas de museo” quero presentar unha moi especial. Trátase dunha antiga “fíbula” de época romana que coñecín fai xa algúns anos visitando o Museo de Pontevedra. A fíbula formaba parte da exposición permanente de arqueoloxía que ocupaba daquela as salas do Sexto edificio do museo.

"Fíbula" de bronce nielado.
Orixe: Rodeiro.
Museo de Pontevedra.
A simple vista non parece gran cousa pero, tanto para min coma para todos os veciños de Rodeiro, esta é unha peza de gran valor con séculos de historia as súas costas, xa que foi atopaba por casualidade nestas terras, nalgún punto do noso Val de Camba. Polo tanto, ela garda en si mesma a memoria daquela época na que os romanos viviron aquí, ademais de que nos conecta con ese pasado e coa historia de Rodeiro. Fai algúns meses escribín un post sobre “A vila Romana de Porta de Arcos” no que falaba deste tema, titulado "Romanos no corazón do Val de Camba". Porque eses romanos se asentaron en Camba ou como chegaron esta e outras pezas ata aquí segue sendo un misterio para todos nos, un misterio que nos leva a imaxinar centos de historias de como era o día a día dos nosos veciños romanos no século IV.

Pois ben, unha “fíbula” non é mais ca un alfinete que empregaban as persoas daquela para suxeitar as teas coas que compoñían as súas roupas, á moda da época. Un obxecto de uso cotiá que tiña utilidade pero tamén era un adorno, unha xoia para adornar a vestimenta e mellorar a imaxe. Esta en concreto, elaborada en bronce, reflexa sinxeleza e bo gusto. A min paréceme moi fermosa!.

Esta peza tan ben conservada forma parte dunha colección de bens patrimoniais con orixe en Rodeiro que se conserva no Museo de Pontevedra, pero sobre este tema estou a traballar nun novo post que pronto publicarei e no que contarei máis cousas e presentarei parte desa colección.


Eu coñecín esa colección fai algúns anos, as pezas que compoñen este “tesouro” local podíanse ver expostas nas vitrinas do museo porque, igual que a fíbula, formaban parte da exposición de arqueoloxía do Sexto. Lamentablemente a exposición modificouse e parte das pezas volveron aos almacéns do museo onde se conservan pero non se poden ver.

martes, 19 de noviembre de 2019

El Museo del Gaias: gran espacio expositivo.

Llevo varias semanas sin escribir nada sobre museos, asique he pensado que es hora y traigo un post sobre uno de los museos más importantes de Galicia, el conocido como Museo de Galicia, que como muchos sabrán, es uno de edificios de la Ciudad de la Cultura. No voy a entrar en polémicas sobre el conjunto arquitectónico que corono el Monte Gaias en Santiago, que de eso ya se habló en su momento y se sigue hablando. Me limitaré a presentar el museo. Aunque sique quiero decir que en mi opinión es una magnífica obra arquitectónica, una obra de arte en sí misma.

Pero vamos a lo que vamos, al Museo de Galicia. Primero, aunque se haya bautizado como Museo, no lo es en sentido estricto, ya que no alberga ni tiene en custodia una colección de arte. No es como, por ejemplo, el Museo del Prado o el Reina Sofía, ambos custodian, conservan y exponen una valiosa parte de nuestro patrimonio artístico (pintura, escultura,…). Por eso digo que no es estrictamente un museo aunque así lo llamen, más bien es una gran sala de exposiciones temporales, que es a lo que dedica este espacio.

Y si, como espacio expositivo me parece increíble, cuenta con espacios muy amplios, tres plantas de grandes espacios abiertos que ofrecen muchas posibilidades a la hora de crear un proyecto expositivo. Pero tanto espacio no es nada fácil de manejar, es necesario acotarlo o dividirlo de manera que el gran edificio no reste protagonismo a la exposición y se la coma, literalmente. Hay que evitar que la exposición se pierda en tanto espacio.

Siempre intento visitar las exposiciones de este museo, y no siempre salgo con una impresión positiva. Como cuento en el párrafo anterior, no es nada fácil diseñar una exposición para este tipo de grandes contenedores, hay que crear elementos que fragmenten el espacio de forma adecuada a los contenidos de la exposición, al mismo tiempo que debe facilitar la comprensión del recorrido al visitante y que tenga un resultado estético y atractivo. No siempre se consigue.

Todas las exposiciones presentadas en este lugar son siempre grandes proyectos, con mucho contenido y un importante despliegue de medios. Me encanta ir a visitarlas, no solo por los temas que se tratan, sino para ver como se presentan o como se ha distribuido el espacio. Me gusta fijarme en los detalles y los elementos expositivos, siempre son sorprendentes y me ayudan aprender más sobre museos y sobre exposiciones.


Exposición "Con-Fío en Galicia"
(2016)
De las exposiciones que he podido visitar, sin duda, la que más me ha gustado hasta el momento es la expo titula “Con-Fío en Galicia”, creo que en 2016. El tema era la evolución de la vestimenta y la moda en Galicia remontándonos en el tiempo, siglos atrás.  Se resolvió bien el tema de la complejidad espacial, haciendo que la exposición tuviera todo el protagonismo al ocultar en parte la estructura del edificio. Daba la impresión de estar en un museo tradicional dividido en salas. Bien pensada, en cuanto al recorrido y cuidando los detalles favoreciendo la estética, en sintonía con el tema: la moda gallega.



Exposición "Uns ollosvivos que pensan"
(2015)
Otra de las exposiciones que más que gustaron fue la dedicada al fotógrafo de Allariz: Xosé Suarez, titulada “Uns ollos vivos que pensan”, en 2015. La exposición presentaba gran parte de la colección de fotografía que legó a un sobrino suyo. Este fotógrafo recorrió a lo largo de su vida gran parte del mundo captando con su cámara todo aquello que veía. Pero la parte de la colección que más me interesaba ver era la que recoge imágenes propias de nuestra tradición, de los trabajos y faenas propias de nuestro rural. Temas como “a sega” y “a malla”, o mujeres trabajando el lino de manera manual y artesanal, son solo unos pocos ejemplos. Esta parte de la colección supone un archivo de imágenes de valor patrimonial etnográfico. Recuerdo que la muestra ocupaba una parte de la planta baja del museo, presentando los contenidos de manera bastante sencilla, aunque sorprendía la introducción de algún que otro elemento tecnológico que le daba un toque moderno muy acertado.

Exposición "Del árbol a la silla".
(2017)

Y esas son las dos exposiciones en el Museo de Galicia que más me gustó visitar, pero no son las únicas. Siempre que puedo voy a descubrir las nuevas propuestas que se presentan en las que siempre aprendo algo, tanto por los contenidos como de los medios expositivos. A mí me encanta ir y recomiendo mucho a tod@s que os acerquéis  a conocer el espacio y las exposiciones que presentan en el.

miércoles, 6 de noviembre de 2019

RUTA 2: Rodeiro ten que ver!.

Paseo polo románico local.

Fai unhas semanas nun publiquei un post no que propoñía un breve recorrido polo concello de Rodeiro visitando algúns dos nosos bens patrimoniais culturais e históricos máis interesantes, pero queda moito mais que ver neste pequeno concello de interior.

Así que neste novo post quero indicar unha ruta diferente, un paseo por esta terra que nos achegue ao patrimonio arquitectónico relixioso e, concretamente, polas nosas igrexas románicas.

O románico é un estilo arquitectónico procedente de Europa, naceu na Idade Media e chegou a Galicia grazas a un feito histórico determinante: o descubrimento da Tumba do Apóstolo Santiago, que conlevou o nacemento do Camiño de Santiago e a chegada dos monxes cirtercienses. De feito foron os monxes do Císter os que propiciaron a construción de grandes mosteiros (Oseira, Montederramo, Sobrado,…) no novo estilo imperante en Europa: o Románico. A obra dos mosteiros e, por suposto, da Catedral de Santiago atraeu cara aquí a ducias de canteiros que coñecían a técnica e o estilo. Ben….pero non me vou a liar máis co contexto histórico que non quero facer unha análise histórico-artística, ademáis existen centos de publicacións sobre o tema que se poden consultar.

Vamos ó tema!, o que me interesa de todo este fenómeno acontecido en torno aos século X e XII é que coa expansión dos monxes polo territorio foron levantando por onde pasaban pequenas igrexas rurais, nas que os mestres canteiros expuxeron o seu coñecemento e dominio do novo estilo europeo. Pequenas destas igrexas podémolas atopar en centos de parroquias do rural galego, e por suposto que en Rodeiro tamén temos unha boa mostra delas. As nosas igrexas forman parte do noso día a día, todas elas se atopan no medio dalgunha das nosas aldeas e conviven cos veciños sendo, aínda hoxe, un punto de reunión e celebración de eventos e festas ó longo da nosa vida, e tamén despois da morte, nos seus cemiterios descansan os nosos antergos. Por todo elo, creo que compre que non paremos un momento a observalas e fixarnos nos seus detalles, naquelo que fai que cada unha sexa diferentes as outras, porque iso é seguro: non hai dúas igrexas iguais.

Veña, comecemos o percorrido do románico en Rodeiro!.

San Martiño de Asperelo.
Vista xeral e detalle da porta lateral.
Comecemos a ruta en San Martiño de Asperelo. Un exemplo único, porque esta pequena igrexa conserva intacta a fábrica orixinal. Ten moitos detalles do estilo, o máis persoal e orixinal é o alpendre lateral que acolle aos fregueses, un elemento arquitectónico que non se conserva en ningunha outra. Por outro lado tamén nos chaman a atención os detalles decorativos exteriores e interiores que engalanan o templo. Por exemplo, no tímpano da porta lateral se nos fixamos distinguimos nun dos capiteis as formas dunha ave, seguramente sexa un pelícano. É porque un pelícano? Pois en iconografia cristiana o pelícano, simboliza a Eucaristía, porque esta ave é capaz de alimentar as súas crias coa súa propia sangue.

San Estebo de Carboentes.
Vista xeral e detalle dos canzorros.
A seguinte parada seria en San Estebo de Carboentes. Esta é das que sufriron as reformas posteriores, pero aínda así conserva grandes detalles do románico que decoran e enriquecen o seu interior e o exterior. Entre toda esa decoración tallada na pedra con gran mestría e un resultado de gran calidade podemos destacar un elemento do mais curioso. No exterior da igreza e baixo o aleiro do tellado, están os canzorros, e entre os motivos neles tallados atopamos un de tema erótico. Ás veces ós canteiros permitíanse certas licencias e deixábanse levar pola imaxinación e temas menos relixiosos.

Seguindo camiño ata a capital, en Rodeiro temos a igrexa de San Vicente. Pequeniña pero moi acolledora de boa cantería, formas sinxelas e puras con fermosos canzorros baixo o aleiro da cuberta. Está rodeada polo pequeno e vello cemiterio parroquial na que se conservan antigos panteóns e tumbas que chaman atención.

Santa Mariña de Pescoso.
Unha parada máis en Santa Mariña de Pescoso. Esta xa non é tan pequena, a súa personalidade radica no seu tamaño e esbeltez. Coñezoa dende nena e sempre me gustou moito a cabeira desta igrexa, circular e de perfecta cantería cunha fermosa fiestra no centro.

E chegamos ao final desta breve ruta en San Xiao de Pedroso. De novo unha igrexa de pequenas dimensións, de formas sinxelas e puras. Dela temos que fixarnos na portada, rodeada por unha arquivolta con fina decoración perlada e outros elementos que contribúen a darlle beleza. Esta igrexiña está á marxe do Camiño de Inverno ó seu paso pola parroquia de Pedroso.


Ben, e ata aquí o breve paseo polo románico local que espero que resulte ameno. Pero o mellor, sen dúbida, é elixir un día e facer a ruta de forma física, de verdade creo que merece moito a pena. 

miércoles, 23 de octubre de 2019

Pezas de Museo I: Moa (Muíños hidráulicos)

Con este post comezo unha nova serie temática que titulei “Pezas de Museo”, na que o que quero e presentar e interpretar, pois iso: pezas, obxectos, aparellos, cousas,..que, polas súas características ven poden merecer un lugar na exposición dun museo. Noutras ocasións traerei a este espazo pezas que xa están nalgún museo e que me chamen a atención especialmente polo que aportan a ese museo ou que teñan un valor ou un significado interesantes para compartir aquí.



Museo municipal de Rodeiro,
Sala de Etnografía.
Para comezar a serie escollín unha peza única, pero da que existen moitas semellantes, e cada unha delas é unha "pedra con historia". Unha peza que, unha vez máis nos demostra a versatilidade e resistencia da pedra. A Moa.

A Moa é unha das pezas máis representativas dos nosos muíños de río. Pódese dicir que é unha d
as protagonistas, situada no centro do tremiñado, o espazo principal da construción, é parte activa no traballo do muíño. Ten unha función fundamental no traballo e ocupa un lugar privilexiado. A través do seu ollo central vai pasando o gran paseniño, e xirando e xirando sobre o , transfórmase en fariña.

Fotografía do interior dun antigo muíño
Yoli Aguiar (Rodeiro).
Estas Pedras con historia, hoxe podémolas atopar expostas en moitos museos etnográficos, tamén son moitas as que foron recollidas do seu emprazamento orixinal polos herdeiros dos muíños e levadas á casa onde as gardan, outras moitas desapareceron vítimas de espolios de muíños abandonados. Pois ben, sexa como sexa estas fermosas pedras fálannos dos tempos de esplendor dos muíños, aqueles nos que era fundamental ir a eles a moer o gran para obter fariña coa que cocer o pan ou alimentar os animais. Gardan a memoria dunha época e dunha tradición: a da moenda ou muiñada, e demostran o saber de dous deses oficios tradicionais perdidos no tempo: o do muiñeiro e o do canteiro. Era o muiñeiro o que se servía dela para a labor no muíño,  pero era un canteiro o encargado de elaborar a moa perfecta para o muíño e de facer o traballo de mantemento necesario para tela sempre a punto, posto que de vez en cando había que repicala para combater o desgaste polo roce continuo co sobre o que xiraba durante horas e días de continuo traballo.

As fotos que acompañan o texto, a primeira é unha foto que saquei fai tempo no Museo Municipal de Rodeiro, na súa sala de etnografía, onde se custodian tres moas, moi desgastadiñas polo traballo e o paso do tempo. E ahí están, xa xubiladas e acompañadas por un tamén de muíño, contándose as súas historias de xuventude. 

A segunda foto, mostra unha gran moa que permanece no interior dun antigo muíño. Neste caso, a moa en moi bo estado de conservación semella que está descansando disposta a colocarse no seu lugar de traballo e comezar a faena, pero o tempo pasa e o muíño segue parado e sufrindo as consecuencias do abandono.

martes, 15 de octubre de 2019

O rural en feminino: lavadoiros.

Cada ano a finais do verán é un problema común en moitas aldeas e casas do rural que se note a merma na auga. E cando a auga merma hai que tomar medidas para o aforro no consumo, unha desas medidas de aforro é deixar por unhas semanas de empregar a lavadora e encamiñarse ao lavadoiro da aldea co cesto da roupa, a peza de xabón e un cepillo.
Fonte e lavadorio da aldea de Laxas,
na parroquia de Pedroso (Rodeiro).

O conto é que en momentos así non podo evitar facer unha viaxe no tempo e imaxinar cando nosas nais e avoas eran mozas ou nenas e na que non tiñan outra opción que lavar as pendas de vestir e de uso doméstico á man.

Daquela os lavadoiros instalábanse na beira dun río próximo, dun rego ou fonte onde a corrente de auga facilitase o traballo. Para apoiarse e axudarse na tarefa empregaban unha lousa de pedra inclinada ou unha táboa sobre a que enxugar e retorcer a roupa. Ó final a colad extendíase sobre a herba do campo ou nalgún valado ben soleado, onde acababa de clarear. Deses lavadoiros xa non quedan, ou polo menos eu non teño constancia de ningún, pero penso que seguro que moitos de nos temos visto algunha imaxe, fotografía ou similar de mulleres lavando no río. Na miña aldea coñezo o sitio onde estaban situados, xunto a o lugar onde aínda hoxe nace unha fonte, alí lavaron a roupa miña avoa e miñas tias, ademais das outras amullares da aldea e alí tamén recollian  a auga para consumo da casa e outros fins, antes de que se fixera a traída.

Co tempo ideouse unha construción máis elaborada que seguro todos coñecemos e que atopamos en case todas as aldeas e casas, que tamén somos moitos os que temos lavadoir privado, como que era unha instalación de primeira necesidade. A instalación é simple, a auga recóllese nun tanque procurando que se manteña  nunha corrente continua para que esté limpa. A un ou a os dous lados teñen unha superficie inclinada sobre a que traballar. Álgúns, incluso, teñen cuberta para protexerse os días de chuvia, espazo para tender a roupa en cordas, fonte para coller auga limpa ou un tanque onde beber os animais. O material protagonista pode ser pedra, demostrando unha vez máis a súa versatilidade e resistencia ademáis de mostrar o traballo dun deses oficios tradicionais: o dos canteiros. Pero tamén os atopamos de cemento e formigón, iso si, cun resulta menos estético.

Os lavadoiros son un tipo de construción ideada para un fin concreto que podemos catalogar como arquitectura popular rural, que hoxe se encadra dentro do patrimonio etnográfico material porque conservan a memoria dunha tradición e dunha época, son un elemento cohesionador da vida nas aldeas e teñen historia. Un ben de interese que é exemplo, xunto cos muíños hidráulicos, da gestión e aproveitamento da auga como un recurso natural e renovable. Hoxe seguen ocupando un espazo importante nas nosas aldeas e nas nosas vidas, acompañándonos no noso día a día, son un punto de encontro entre veciñas de xeración en xeración, e por iso creo que debemos de darlle o valor que se merecen, e colaborar no seu mantemente procurando que non acaben por desaparecer. Coñozo algún caso de lavadoiro público que sufríu obras de modificación, na miña opinión bastante desafortunadas, facendo que perdese parte da estrutura orixinal pero tamén da súa personalidade.

A parte, en torno á tarefa de lavar a roupa e dos lavadoiros xéranse outro tipo de cuestións e temas, como o do traballo das mulleres no mundo rural, porque que sería deste mundo e das súas familias sen o traballo e dedicación das mulleres, sempre tirando do carro, exemplos de fortaleza, esforzo e traballo. Precisamente esto é que me inspirou a escribir este post, e outros que publicarei máis adiante.

Primeiro, teño que salientar o traballo das mulleres no rural. Ir ó río ou á fonte a lavar a roupa é so unha das múltiples tarefas exclusivamente femininas. As mulleres do rural atenden a casa e os fillos, comidas, limpeza, ocúpanse dos animais miúdos e das hortas,… e sempre están dispostas a facer calquera outro traballo colaborando cos homes.

Aínda hoxe, a pesares que foron mudando os roles e son xa moitos os homes que asumen que as tarefas domésticas tamén son cousa súa, en moitos casos seguen sendo para as mulleres. Temos que ter en conta que co avance da vida e as novidades da modernidade hai tarefas que xa non se fan na casa, como amasar e cocer o pan ou preparar e tecer a lá e o liño, tarefas "femininas" que son xa un recordo que se conserva na memoria duns poucos e nas pezas e ferramentas que aínda se atopan nos trasteiros dalgunhas casas ou expostas en museos de etnografía.

Volvendo ó lavadoiro, ir lavar non so era un traballo senón que era o momento no que se xuntaban as veciñas, cumplindo unha función social, alí aproveitaban para contar contos, poñerse ó día dos cotilleos da zona, pero tamén podía pasar que reñesen entre elas e algunha acabase a remolla na auga entre sabas e trapos. Se lle preguntas a algunha avoa seguro que che contará mais dunha divertida historia lavando xunto ao río que garda con cariño na súa memoria. 

E xa para finalizar, teño que facer referencia ó patrimonio inmaterial. É típico da forma de ser dos galegos e galegas que as tarefas, oficios e tradicións lles inspirase a xerar unha chea de cantigas e ditos populares que conteñen ensinanzas e saberes. Eu teño escoitado moitas veces esta cantiga que seguro que todos coñecemos e que precisamente fai referencia ó tema deste post:

“Maruxa si vas ó río a lavar,
non torzas a roupa que a podes rachar,
que a podes rachar,
que a podes romper,
Maruxa si vas ó río a lavar”.


Seguro que coñeces algunha máis. Si é así podes compartila abaixo na sección de comentarios, ou mesmo se na túa aldea contades cun bonito lavadoiro, envíame a foto e colocoa xunto a este texto. ;)

lunes, 30 de septiembre de 2019

RUTA 1: Rodeiro ten que ver!.

Con este novo post comezo unha serie de publicacións coas que coñecer o patrimonio local e de paso animar ó lector, local ou foráneo, a visitar o concello. Nalgunha das mensaxes recibidas estes meses comentáronme o difícil que é atopar información acerca do patrimonio e puntos de interese de concellos pequenos coma este, polo que esta serie de post pretende ser unha guía sinxela para aqueles interesados en achegarse á nosa historia e patrimonio.

Esta primeira ruta que suxiro, en parte, fixémola en grupo fai case un ano, nunha actividade organizada polo concello, á que fago pequenas modificacións pensando na comodidade e no fácil desprazamento. O máis práctico é facela en coche e de forma lineal, aínda que isto supoña facer saltos temporais, e digo os dos saltos temporais porque esta ruta fai parada en diferentes puntos de interese patrimonial correspondentes a, tamén, diferentes momentos históricos desta terra: dende a Prehistoria, a ocupación romana, e a Idade Media ou Moderna. E non me vou meter moito en explicacións ou interpretacións dos bens, sobre todo porque da maioría deles xa publiquei post que podes atopar no arquivo do blog, e dos que non o fixen seguramente o faga no futuro. Ademais, existen variadas publicacións sobre o tema, para saber máis. Eu, simplemente vou trazar a ruta a seguir coas súas paradas para unha posible visita.

O importante é fomentar o interese por acercarse, coñecer e saber máis de Rodeiro, a súa historia e o seu patrimonio. E como non, conividarte a vir e disfrutar da nosa paisaxe ou mesmo da gastronomía local.

Acompáñasme neste breve paseo polas terras de Camba?,… pois imos aló!.

Muro que se conserva da desaparecida
Fortaleza de Rodeiro
A ruta comeza na capital, Rodeiro, e concretamente a carón da Casa do Concello. Unha construción cun corpo principal de estilo neomedieval, con forma de torreón que remata en almeas. O interesante deste lugar é que ocupa o solar da antiga Fortaleza de Rodeiro, de ahí a súa imaxe de torre, ó abeiro da cal naceu a vila que hoxe coñecemos. Da antiga fortaleza so se conserva un fragmento de muro protexido a carón do actual edificio.

Saímos de Rodeiro, dirección Chantada, e a uns pouco kilómetros chegamos a Trasulfe onde paramos fronte a un construción verdadeiramente señorial: o Pazo de Trasulfe ou do Señorito. Unha construción moi fermosa da que destaca o magnífico portalón presidido por 5 escudos que representan as cinco liñaxes máis importantes da comarca ligadas a esta casa unidas por lazos familiares. O pazo, como moitos outros de toda Galicia, é de propiedade privada, polo que non se pode acceder ó interior. Pero, cada ano o 11 de Xullo, os veciños da aldea celebran o San Bieito na capela do pazo, que por un día permite que todos os que se achegan á festa e ás misas poidan admirara a beleza do edificio e do patio interior.O conxunto complétase cun amplo xardín traseiro presidido por un imponente balcón con balaustrada de pedra, dende o que de seguro se teñen unhas fermosas vistas do Val de Camba.

Na mesma parroquia de Fafián paramos no lugar de Outeiro fronte á Tulla, unha antiga torre a que se lle encomendaron diferentes funcións ó longo da súa historia, aínda que pola que é coñecida é pola de ser o lugar de recadamento de impostos e tributos para os monxes de Oseira. Despois dun pasado esplendoroso, hoxe a penas se mantén en pé, nostálxica, os seus restos, nos que aínda se percibe certa beleza de formas, agonizan cara un tráxico final.

Moi preto da Tulla, localízase o punto con máis historia do concello. Baixo a terra, en pleno Val de Camba, agóchase a xoia arqueolóxica de Rodeiro: a Vila Romana de Porta de Arcos, testiño durmido da vida dos romanos nestas terras. Moitos somos os que esperamos con ansia o espertar deste lugar para escoitar as moitas historias da vida dos seus moradores romanos que seguro ten para contar.

Vista da Casa Fortaleza de Camba
Seguimos camiño cara un lugar do que se pode dicir que é onde latexa o corazón de Camba: no Pazo de Camba ou Casa Fortaleza de Camba, emblema do val e con séculos de historia e vivencias ás súas costas. Ten a súa orixe na Idade Media ligado ao Castro Candad e á súa fortaleza en Chantada, cuios dominios chegarían ata as terras de Camba onde se levantou a Torre ou Fortaleza de Camba. A Casa de Camba carga ás súas costas con séculos de historia ó longo dos cales se acumulan na súa memoria centos de vivencias, como o ataque dos Irmandiños, pero tamén contos de intrigas, de cabaleiros e señores, de traicións, amores ou mortes. Un edificio cunha historia ben interesante, chea de lendas e misterios.

Para chegar ao seguinte punto de interese facemos un salto ao norte do concello. Na parroquia de O Couto, preto do lugar de Alemparte está a Mámoa do Coto do Mouros, exemplar único, un monumento funerario prehistórico que leva acompañándonos  miles de anos e ten ben merecido o título de BIC (ben de interese cultural) polas súas características construtivas, pero sobre todo polas pinturas que protexe no seu interior.

A ruta que propoño remataría na parroquia de Pedroso, achegándonos á aldea de O Mesón. A este pequeno lugar accedemos cruzando sobre o Arnego pola Ponte Medieval , unha esbelta construción civil que leva centos de anos axudando a salvar opaso sobre o río a centos de persoas e peregrinos, xa que hai que recordar que por aquí transcorre o Camiño de Inverno a Compostela. 

E así remataría a primeiras das rutas que recomendo para coñecer un pouco esta terra, a súa historia e o patrimonio que aquí atesouramos. Creo que é unha ruta ben interesante e un bo plan para unha mañá de sabado, ahora que ben o outono ademais podese disfrutar das fermosas vistas das carballeiras e soutos que se van atopando polo camiño, coas diferentes tonalidades de ocres, verdes e amarelos que adquiren nesta época do ano. 

Os nosos bens e a nosa paisaxe ben merecen a pena!.  





jueves, 19 de septiembre de 2019

Os muíños: fonte de patrimonio inmaterial.

Un novo capítulo sobre os muíños, un ben con carácter e moita personalidade, xeradores na súa época de esplendor do que hoxe catalogamos como patrimonio etnográfico, que define una parte da nosa tradición.

En ocasións anteriores publiquei varios post sobre este querido ben, recollendo neles varios aspectos relativos ao patrimonio material conservado que nos fala da historia e do esplendor dos nosos muíños, ou sobre o oficio do muiñeiro.

Nesta ocasión quero transmitir un novo valor do patrimonio inmaterial xerado arredor dos muíños, do muiñeiro e do seu traballo. Un patrimonio inmaterial que contribúe a enriquecer a nosa língua, o galego, pero tamén o noso refraneiro e cancioneiro.

É moito o vocabulario, ditos ou refráns que se coñecen de forma popular e que teñen como centro a vida e historia dos muíños. Pensando neste tema lembrei que fai anos, cando facía a EXB, cada ano no colexio editábase unha revista anual sobre un tema central na que participabamos todos os nenos dos últimos cursos. Pois ben, o ano que lle tocou ó meu curso colaborar nesta revista o tema eran precisamente os muíños. Entre todos @s compañeir@s fixemos un listados de todos os muíños do concello, recollendo cada un os da súa aldea ou parroquia, ademais a publicación recollía outros aspectos relativos ó tema: debuxos, gráficos, definicións de vocabulario e ditos ou refráns que recollemos entre todos. A verdade é que recordo a actividade con cariño e agradecemento aos mestres que lograron unirnos e motivarnos a todos nunha mesma actividade. Oxalá conservara algún dos exemplares!.

Entón, deixando os meus recordos da infancia a un lado e volvendo ó tema, en primeiro lugar; arredor dos muíños e do seu traballo existe unha morea de palabras que contribúen a enriquecer o galego, o noso idioma, cheo de carácter e con personalidade propia.

“A planta principal do muíño é o tremiñado, onde se fai o traballo principal: a muíñada. Baixo a planta principal temos o inferno, espazo onde está o rodicio. Para traballar o muíño aproveita a forza da auga que é levada ata el por unha canle, accede as súas entrañas e cae con forza no inferno onde golpea as pas do rodicio. Así é como se pon en marcha o mecanismo.
O muiñeiro enche a muxega co gran e vai pasando a través da quenlla a modiño, caendo polo ollo da moa. A moa xira e xira sobre o , entre os dous e con mimo, esmiúzan o gran obtendo a prezada fariña que vai caendo, coma ouro, no farnelo”.

Neste breve texto sobre o funcionamento do muíño destacan algunhas desas fermosas palabras coas que se denomina algunha das partes do noso amigo ou do seu traballo. É so unha pequena mostra, hai moitas máis. Tremiñado, quenlla, muxega, moa… soan ben bonitas, non che parece?, é ben certo que o galego é un idioma cheo de riqueza e fermosas palabras.

En segundo lugar están os ditos, refráns populares, ou mesmo adiviñas, por todos coñecidos, esas frases cortas fundamentais dentro da nosa tradición oral, sempre cheas de retranca, significado e moita sabedoría. Normalmente entre as súas liñas agochan unha ensinanza que hai que saber descifrar, outras simplemente son chanzas sobre algunha cousa, neste caso poden tratar do traballo ou as cousas que pasan no día a día do muíño e do seu amigo o muiñeiro.

Hai van algúns exemplos:

-Pa misa e para o muíño,
 non esperes polo veciño.

-Auga pasada non move muíño.

-Pico, pico mazarico
 Quen che deu tan largo pico? Deumo Deus para o meu traballo, pa picar naquel carballo,
 e piquei e repiquei, un gran de millo atopei,
 leveino ao muíño a moer.
 E o muíño a moer, e os ratos a comer.
 Agarrei un polo rabo, e tireino contra un carballo.
 Agarrei un polas orellas, e tireino contra as ovellas.
 Agarrei un polos pés, e tireino do revés.
 Acabáron se os ratiños, e tamén os meus graiños.

Na expresión oral popular galega temos algunha que usa o muíño para dar a entender cousas de forma indirecta, por exemplo:

-Vir do muíño, ou Vir enfariñado: dúas expresións que usan para faler dunha parella de mozos que andan as escondidas e que nace da idea de que o muíño era un lugar de encontro destas parellas que querían manter a relación en segredo e non ser vistos polos veciños. Pero os veciños, que eran moi listos, fixábanse en que sempre algo de restos de fariña quedaba na roupa. ;)

-Máis pesado ca un pé de muíño: para referirnos a unha persoa insoportable e moi cansina.

Por último temos o cancioneiro.Varias veces, noutros post xa publicados anteriormente, téñome referido a ese carácter festivo dos galegos e galegas de antano e da facilidade coa que, a través da música de gaitas e pandeiretas, transformaban os momentos de traballo duro en momentos de festa e alegría que todos os nosos maiores recordan con cariño e nostalxia. Ir ao muíño era un deses momentos que propiciaban as reunións de veciños que se atopaban arredor do muíño. Era común que os veciños dunha mesma aldea tiveran os seus muíños moi preto uns dos outros, ou que se dera o caso de que varias persoas acudisen a un mesmo muíño a moer como clientes. En fin, o caso era que se acaban xuntando e para que a espera se fixera máis levadeira comezaba a festa. É así, con gaitas e pandeiretas ó ritmo marcado pola moa, naceu a “Muiñeira, a peza musical máis tradicional de Galicia e recoñecida internacionalmente.

Esta é so unha pequena parte da cantidade de patrimonio inmaterial que ten como base os muíños e o seu traballo. Se coñeces algún dito, refrán, adiviña ou canción convídote que o compartas escribindo na sección de comentarios que aparece máis abaixo. ;)


miércoles, 4 de septiembre de 2019

Galerias de arte urbán nas rúas de dúas vilas galegas.

A semana pasada como cada ano, dende fai once, tivo lugar un novo "Festival das Meninas" no barrio de Canido en Ferrol. A iniciativa, que leva xa once edicións, convoca a artistas de todo o mundo e ten como tema central o famoso cadro de Velázquez "Las Meninas" que os artistas reinterpretan cada ano en murais que ocupan os muros dos exteriores dos edificios do barrio. Sumando as obras de cada ano son xa unhas 400 as que se poden ver repartidas polas rúas do barrio de Canido.

O Festival coincide coa semana das festas do barrio, que se complementa con concertos, postos de artesanía, xogos para os cativos, etc. Todo un evento que enche de vida por uns días as rúas de Canido. Rematada a festa e o festival de arte, os artistas regresan as súas cidades e paises de orixe deixando as súas obras expostas de forma permanente nos muros do barrio compartindo días cos veciños e visitantes.

Noutra vila galega, en Carballo, capital da Comarca de Bergantiños, celébrase cada ano o "Rexenera Fest", un festival de arte urbano que dende fai 5 anos convoca a recoñecidos artistas urbanos procedentes de diferentes partes do mundo. A iniciativa partía coa idea de acabar co feísmo cubrindo os muros exteriores de diferentes edificios da vila con fermosos murais cheos de cor e contido, dando vida e convertendo as rúas de Carballo nunha verdadeira galería de arte contemporáneo no que desfrutar da arte destes artistas.

Estes dous festivais de arte urbano galegos colocan ás dúas vilas na lista de lugares "Top" ós que achegarnos a coñecer este tipo de arte e desfacernos da antiga idea de que as pintadas e graffittis da rúa afean e estropean as paisaxes urbanas. Ó contrario este tipo de iniciativas cumplen, baixo o meu punto de vista, dúas importantes funcións: unha social e outra educativa.

Por un lado, son actividades culturais que dinamizan a vida do barrio de Canido e da vila de Carballo. Primeiro, e evidentemente, pola atracción de visitantes e turistas que se achegan non so os días de celebración dos festivais, senón todo o ano o tratarse de obras expostas permanentemente. Segundo porque son iniciativas que foron moi ben acollidas polos mesmos veciños, conseguindo que se impliquen co tema e que esten orgullosos da nova imaxe que estas intervencións artístiscas dan ás ruas que percorren cada día. Os murais mitigan o feismo e o abandono do mantemento dos muros dos edificios enchendo de cor e vida as rúas, facéndoas máis agradables e acompañando os veciños no seu día a día.

Por outro lado, a función educativa e divulgativa. Ambos festivais sacan a arte á rúa, achegándoa á sociedade e os non entendidos, provocando curiosidade e certa necesidade de saber e de coñecer máis sobre o tema. O caso de Canido, festival que rende homenaxe a Velázquez e á súa obra máis famosa, un pintor español e unha obra clásica de museo que mesmo pode resultar aburrida, á que se lle dan múltiples interpretacións con cores vivas e de imaxe contemporánea rompendo esa liña de seriedade e distancia que proxecta a obra orixinal exposta no Museo do Prado. Dende fai once anos as Meninas e o mesmo Velázquez son uns veciños máis do barrio de Canido. E en ambos casos, grazas a estes dous festivais, contribúese ó coñecemento e á divulgación do significado da arte contemporánea e da arte urbana máis aló dos medios máis académicos ou elitistas. A sociedade ten unha idea negativa sobre o tema, crendo que pintar nas paredes e muros das rúas está mal e afean a paisaxe urbana, pero estas inicitaivas fan que esta visión cambie totalmente. Os veciños poden comprobar como estes fermosos murais axudan a mellorar a imaxe e a paisaxe das nosas vilas, sitíndose orgullosos e agradecidos, e entenden que para apreciar este tipo de arte non hai que ser un entendido do tema.

Visitar Canido ou Carballo é como visitar un museo de arte contemporánea pero ó aire libre, sen aglomeracións, sen colas, sen pagar entrada e sen necesidade de saber moito de arte. Porque, máis aló do que a xente cre, para entender este tipo de arte non fai falta ter grandes coñecementos. É tan simple como pararse a observar e deixarse levar polo que as imaxes nos suxiren e nos fan sentir. Porque todos sabemos ver e sentir...ou non?.

Ambos festivais son un modelo a seguir e en moitas máis vilas galegas se debería levar a cabo iniciativas como estas que contribúen a dinamizar a cultura, atraen visitantes e melloran a imaxe da vila.

Ti que cres? ...o debate está aberto. ;)



martes, 20 de agosto de 2019

"Coto dos Mouros": un monumento funerario máis antigo que as pirámides de Exipto.

Nos primeiros post publicados presentaba algún dos bens arqueolóxicos do meu concello, Rodeiro, un tipo de patrimonio moi abundante nestas terras do interior de Galicia. Nesta ocasión volvo sobre este tema cunha nova variedade de ben arqueolóxico: a mámoa, das que temos inventariadas máis dun cento repartidas por todo o concello. En concreto na zona de O Couto, ao norte de Rodeiro, localízanse varios grupos de mámoas formando necrópoles, ou o que é o mesmo: os cemiterios da Idade de Bronce que sobreviviron miles de anos camuflados na nosa paisaxe.

Como ben digo, nesta terra hai máis dunha centena de mámoas, de todas elas destaca especialmente unha: a “Mámoa do Coto do Mouros”, na mesma parroquia que antes mencionei ó norte do concello e que me serve de fío condutor neste artigo.

A  “Mámoa do Coto dos Mouros” localízase moi preto da aldea de Alemparte totalmente integrada na paisaxe natural, chégase ata ela por un camiño e podemos distinguila como un outeiriño que sobresae do terreo. Esta é un dos mellores modelos de mámoa da que temos constancia en Rodeiro, un exemplar único polas súas dimensións e características construtivas que se pode empregar como documento para estudar estes bens. Porque unha mámoa non é mais ca o tipo de enterramento que usaba a sociedade na Idade do Bronce, fai milleiros de anos.

Na súa construción empregaban grandes pedras; e de novo un exemplo do uso da pedra como elemento de base para unha construción, un material resistente e perdurable no tempo. Así, de pedra, erguianse os muros laterais e a cuberta formando unha estancia ou cámara, logo, poriba cubríase con pedras máis pequenas e terra de modo que a estrutura quedaba semisoterrada no terreo e integrada no entorno. Son de diferentes tamaños e sempre teñen a entrada orientada ao nacente, unha entrada de acceso que nalgúns casos conta cun corredor e noutros non.

Imaxe do pasado outono de Coto dos Mouros,
 moi cuberta pola maleza
que medra sen control sobre ela.
Pois ben, a “Mámoa do Coto dos Mouros” segue ese esquema clásico en planta, unha cámara de gran tamaño á que se accede atravesando un corredor de varios metros que se atopa mirando cara o nacente. Pero ademais esta ten algo que a fai diferente e moi valiosa, no seu interior aínda hoxe conserva restos dunhas pinturas en cor negra e vermella sobre unha base de reboco branco que representan liñas rectas e quebradas en zig-zag, ademais dunha figura antropomorfa. Da orixe e razón destas pinturas pouco se pode asegurar, pero o que si é certo é que dan pe a imaxinar diferentes hipóteses sobre a vida das persoas que as puideron facer e os seus motivos. Probablemente eses motivos estarían relacionados cos seus rituais e cerimonias funerarias, quizais a figura humana represente a un defunto que se soterrou nese lugar. Quen sabe cal é o misterio que calan eses antigos debuxos que a mámoa leva protexendo no seu interior dende hai miles de anos.

E ese misterio que rodea a estes antiquísimos bens fixeron deles lugares máxicos que os nosos antepasados ligaron a non menos misteriosas personaxes como os "mouros", a quenes atribuían estraños poderes máxicos cos que protexían valiosos tesouros segredos, uns tesouros que no caso das mámoas non eran máis que os axuares compostos de armas, xoias e pezas de cerámica enterrados xunto ao defunto. Aínda hoxe a toponimia de moitos lugares onde se atopan mámoas ou castros ten a palabra mouro ou moura no seu nome, e ademais se indagamos un pouco sobre a súa historia de seguro coñeceremos algunha misteriosa lenda relacionada cos míticos mouras e mouras que habitan estes restos arqueolóxicos, ou sobre alguén que se enriqueceu a conta dos tesouros atopados no lugar. A nosa cultura popular está chea destas historias que contribúen a enriquecer o noso patrimonio inmaterial e que, ademais, reflexan a estreita relación entre os nosos bens patrimonias e a sociedade coa que conviven.


Fotografía do oco na cuberta da mámoa
polo que vemos algo do interior.
A “Mámoa do Coto dos Mouros” é un maravilloso exemplo de patrimonio material arqueolóxico que sobrevive ano tras ano para recordarnos a historia máis antiga destas terras. Un mausoleo da Idade de Bronce que está xa moi deteriorado e afectado polo paso dos anos, que valía a pena consolidar para que non acabe por esmorecer. Un síntoma do seu deterioro é que os veciños do lugar contan cando de nenos podían acceder ao seu interior por un oco entre as laxas da cuberta, hoxe xa non se pode facer.


Din dos exipcios que construíron as pirámides a modo de monumento funerario pensado para que durasen eternamente e fosen admiradas xeración tras xeración. Cres que tamén o pensaron os nosos antergos da Idade do Bronce?, tal vez non o pensaran, pero aínda así conseguiron que os seus humildes monumentos funerarios aguantase en pé durante miles de anos cunha construción moito máis simple e menos impresionante que as famosas pirámides.

lunes, 29 de julio de 2019

Ao muíño do meu amo...

eu ben lle sei o tempero,
cando está alto, báixalo,
cando está baixo, érguelo.

Na Galicia rural de mediados do século XX era moi común nas nosas aldeas que algúns dos veciños exerceran un oficio, como o de ferreiro, carpinteiro, zoqueiro, xastre ou muiñeiro, entre outros. Actividades que foron desaparecendo co paso do tempo e coa chegada da modernidade.

Daquela era necesario fabricar moitos artigos de primeira necesidade de maneira artesanal, un feito provocado pola escaseza de medios económicos ou por que non había comercios onde adquirilos. Así era habitual que se fabricasen dende o calzado ata ferramentas ou mobles. Tamén, polas ganancias económicas que reportaba, era unha actividade mais coa que contribuir á subsistencia familiar.

Hoxe os que chamamos “oficios tradicionais” podemos recordalos e coñecelos por varios medios. Un deles é a tradición oral, se escoitamos as historias que contan os nosos maiores, soen falar de cando ían a tal aldea onda o zapateiro ou a tal outra ó ferreiro, ó xastre. Aínda hoxe se repasamos os nomes das casas ou familias das nosas aldeas seguro que moitas delas se coñecen como a do Ferreiro, no caso da miña, a do Xastre, a do Muiñeiro, etc...seguro que entre os nosos antergos tivemos algún que practicou ese oficio. Un segundo medio para coñecer esta tradición son os museos etnográficos, non que sempre hai unha sección dedicada a este tema, ou a gran cantidade de publicacións que existen sobre eles.

Pero ben, o que quería neste post é seguir achegándome á vida e á historia dese ben do que xa publiquei varios post e que aglutina tanta tradición e historia: os muíños, e a súa relación cos oficios tradicionais. 

Nun muíño podemos ver, se observamos, o traballo de varios oficios: canteiros, carpinteiros ou ferreiros traballan xuntos para dar forma e vida a estas pequenas casetas con tanta personalidade. Os canteiros levantarían as paredes, os carpinteiros colocarían as cubertas, pero ademais ambos profesionais colaboraban na fabricación das pezas máis esencias dun muíño. Así será un canteiro o que dese forma ás grandes moas que esmiuzan o gran, e un carpinteiro faría as pezas en madeira como a moega, ou unha artesa, por exemplo.

Unha vez levantado e posto a punto para comezar a seu traballo so queda que tome posesión do seu cargo o Muiñeiro.

O muiñeiro é o profesional que comporte traballo pero tamén vida co muíño. Pasan tanto tempo xuntos que pronto se fan amigos e confidentes. O muiñeiro sabe ben cales son os mimos e coidados que o seu amigo e compañeiro precisa para render no traballo sen facerse dano, por iso cada día trata de mantelo en perfecto estado. Escoitando os ruidos que fai o muíño pode saber se ten que engrasar ou reparar algúnha peza.  

E non todo é traballo!. Estes dous compañeiros reciben cada día a aqueles que acoden a eles a transformar o gran en fariña, compartindo tempo, contos, ou bailes cos visitantes que se xuntan o seu redor facendo da espera un momento de festa. Non podemos esquecer que os galegos e galegas de antano tiñan esa capacidade especial de converter os momentos de traballo en divertidas reunións nas que non faltaban a música da pandeireta, a gaita e os cantos. Esto fixo que arredor do traballo de muíño e do muiñeiro se xerase unha morea de ditos, refráns ou cantos populares, que son parte do noso patrimonio inmaterial, enriquecendo con eles a nosa tradición e cultura. Pero esa parte queda para outro momento! ;)

O imparable avance da industrialización, a chegada de novos avances, a aparición de grandes fábricas de fariña ou os cambios na economía, tiveron como consecuencia que se fixera innecesario manter os muíños rurais en funcionamento. E como un non ten sentido sen o outro, tamén o oficio do muiñeiro deixou de ter sentido.

Muíño e muíñeiro xa solo son un recordo do pasado que se mantén vivo nos restos abandonados desas casetas a carón dos ríos ou nos escasos muíños tradicionais que seguen en activo hoxe en día.


lunes, 15 de julio de 2019

y en Roma me emocioné con Bernini!

Dentro de poco tiempo hará cuatro años que viajé a Roma y eso me trae recuerdos del viaje y los lugares que visitamos. Tenía muchas ganas de conocer esa ciudad y cuando se presentó la ocasión, pues la aproveché. En Roma se respira historia y arte en cada esquina, llena de lugares interesantes y preciosos que conocer y vivir. Después de cuatro días allí entendí porque se la conoce como la "Ciudad Eterna", siempre hay algún sitio que visitar, algo diferente que ver o descubrir, podrías pasarte allí meses y cada día podrías descubrir nuevos rincones que te harían viajar por la larga historia de esta maravillosa ciudad.

En eses días en Roma, como digo, visitamos un montón de lugares interesantes, pero sin duda uno de los que más me marcó fue la Galería Borghese y como hace tiempo que no dedico un post a un museo, este es un buen momento para hacerlo ahora que me vienen a la mente los recuerdos de aquellos días de "Vacaciones en Roma"  a lo Audrey Hepburn, pero sin Gregory Peck! ;)


Fachada de la Galería.
La Galería Borghese se encuentra en un típico palacete italiano, precioso rodeado por un enorme jardín que lo aisla del ruido de las calles de la ciudad. Allí solo se oye a los pájaros y se respira tranquilidad, aún estando rodeados de turistas y visitantes de todos los rincones del mundo. Cuenta la historia del edificio que fue ideado y construido para albergar un museo en el que exponer las colecciones de arte, escultura y pintura de los Borghese, importante familia italiana del siglo XVI con un gusto exquisito por el arte.

El acceso a la galería se hace con entrada, si te interesa visitarla te recomiendo que te saques las entradas por Internet con tiempo antes de viajar a Roma, ya que cada día pueden entrar solo un número restringido de visitantes que pueden permanecer dentro durante solo 2 horas.

Una vez dentro puedes disfrutar de la visita al propio edificio, con elegantes y amplias estancias decoradas con pinturas, sobre todo en los techos en las que se representan multitud de escenas extraídas de la mitología griega y romana. El edificio es un espectáculo en sí mismo, valdría la pena la visita aunque estuviera vacío. Pero además tiene en custodia una impresionante colección de arte, entre esas piezas hay antiguas esculturas romanas recuperadas, obras también de escultura de los mejores artistas del renacimiento y el Barroco como Miguel Ángel, y pintura de los más grandes como Tiziano, Caravaggio, Rubens o Rafael son solo unos pocos ejemplos. 

En las estancias de la primera planta está la parte de la colección expuesta que más emociones me provocó: una amplia selección de las mejores y más conocidas esculturas de Bernini. Me encanta visitar museos, pero si además en esas visitas puedo ver en directo los cuadros o esculturas que tuve que estudiar durante la carrera, la visita se vuelve más intensa. Realmente me emociona ver de cerca los originales, el tamaño real, sus dimensiones, los colores o los detalles se aprecian mucho mejor. Además me despiertan la imaginación y pienso en el artista realizando la obra o en los siglos que han pasado y todo lo que las obras han vivido hasta llegar a nosotros. Y en concreto Bernini, un escultor Barroco que me encantaba y que me enamoró en el momento en que entré en la sala donde se exponían "Apolo y Dafne"....una escultura delicada, elegante, sensual, expresiva...maravillosa!.


"David", Bernini.
Pero también al verme delante de esculturas  como el "David", de Bernini, puedo comprende mucho mejor aquello que los profesores me habían contado en las aulas de la facultad. Pude sentir la tensión del momento, David preparado para lanzar esa piedra, el movimiento contenido de un cuerpo en tensión. Pude comprobar aquello que me explicaban sobre la escultura del Barroco, esa sensación que te hace girar a su alrededor obteniendo a cada paso una visión diferente y perfecta de la escena. El detallismo, la extrema realidad que se refleja en las escultura o su tamaño real son cosas que solo se pueden apreciar si las ves en primera persona. El "David" es solo una de las maravillosas obras que podemos disfrutar en la Galería , pero hay otras muchas que completan la exposición de las veinte salas en las que se divide en edificio.

Para aquellos que disfrutamos conociendo el arte, es una sensación maravillosa poder visitar sitios como esta galería y conocer en directo las obras que antes solo vimos en imágenes de libros o internet. Si tienes pensado visitar la ciudad no te pierdas esta visita, no solo por las obras de arte que protege en su interior, tanto la villa como el parque que la rodea forman un conjunto maravillo. 

Yo seguro que volveré, algún día. Y a ti, ¿te apetece visitarla?.