Mostrando entradas con la etiqueta Cultura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cultura. Mostrar todas las entradas

lunes, 26 de junio de 2023

De cando as casas se decoraban con debuxos de cal.

 Dende fai varios anos veño vendo multitude de publicacións e artigos de divulgación sobre os “esgrafiados”. Nun primeiro momento non recoñecín o termo pero si me resultaron moi familiares as fotografías que ilustraban as publicacións, tiña a sensación de que esas imaxes me levaban acompañando toda a vida, que as coñecía e as tiña moi preto.

Unha tarde mentres camiña entre as casas da miña aldea, reparei nos muros dunha das casas mais antigas e abandonada, a casa na que naceu e se criou a miña avoa Emilia. Nos muros exteriores desta casa resisten moi esvaecidos e deteriorados polo paso do tempo os restos desta fermosa técnica decorativa que embeleceu os seus paramentos moito tempo atrás. Hoxe costa distinguilos, pero fai mais de 30 anos sendo eu unha nena, apreciaríanse máis claramente e quedaron gravados na miña memoria.

O esgrafiado é unha técnica artística con múltiples aplicacións ó longo da historia da arte. A súa orixe sitúase en Italia nos séculos da Idade Media, estendéndose por Europa ó mesmo tempo que o estilo arquitectónico de moda naqueles séculos: o románico, cando o máis común era rematar as edificacións cubrindo os muros, tanto interiores como exteriores, cunha capa de morteiro de cal branca. Esta capa de enlucido tiña como finalidade protexer da humidade, desinfectar e dar luz ás paredes, ademais aproveitábase a súa superficie para realizar pinturas ou outros tipos de decoración.

Do latín sgraffiare, a técnica consiste en aplicar sobre unha superficie unha primeira capa de morteiro ou pintura escura, deixar secar e aplicar unha segunda capa mais clara. Sobre esta segunda capa, aínda húmida, é sobre a que se traballa realizando un rascado e sacando á superficie a capa inferior. A técnica aplicouse moito en arquitectura pero tamén en pintura, e no caso galego de maneira diferente.

Entón, o esgrafiado como elemento decorativo pode verse en edificios por toda Europa e España, pero o que nos interesa é o caso galego.

A máxima investigadora e divulgadora desta técnica en Galicia é a antropóloga Mar Sotelo, que ten xa algunha publicación sobre o tema e moito traballo feito a través de redes sociais, conferencias, entrevistas, etc. Esta muller, leva anos recorrendo Galicia estudando e recollendo os moitos exemplos sobrevivintes, chegando a interesantes conclusións sobre a súa orixe e razón de ser. Foi ela quen adoptou o termo “esgrafiado galego” para identificar estes debuxos de cal.

Á nosa terra, crese que poido chegar a través do Camiño de Santiago, por el chegaron a Galicia Peregrinos, pero tamén mestres canteiros e artesáns que traian consigo os saberes, as técnicas e as modas que se cociñaban en Europa. Ó longo da Ribeira Sacra  e diseminados por todo a rural, atopámonos con exemplos en casas, pazos, hórreos, alpendres, pero os exemplos mais antigos  están nos paramentos de igrexas e mosteiros de raíz románica. Moitos destes edificios están hoxe en día abandonados, e iso é precisamente o que permitiu que os esgrafiados dos seus muros sobrevivisen, xa que dende hai moito tempo a moda é eliminar o encalado das paredes deixando a pedra vista. Unha moda que ten como consecuencia a perda de esgrafiados pero tamén dos resos das fermosas pintura murais do interior das igrexas medievais.

A verdade é que as casas que conservan este tipo de decoración son ben fermosas e chaman moito a atención. O “esgrafiado galego” é diferente ao que se atopa noutros lugares de España ou Europa, tanto pola maneira de aplicar a técnica como polos motivos ou temas representados.

Aquí na nosa terra, a decoración en cal era a parte final da obra e funcionada como un encintado da pedra, cubrindo as xuntas e parte da superficie da pedra, e deixando outras partes á vista. Probablemente nun inicio a función sería a de protexer da humidade, pois a pedra é un material poroso que pouco a pouco, e co largos que son os nosos invernos, acaba filtrando ao interior. Imaxino que, co tempo e o inxenio dos canteiros e artesáns, o que era algo funcional se converteu en algo decorativo ademais dunha demostración persoal de talento artístico.  

Dende logo os esgrafiados son testemuño dunha época pasada que nos permite coñecer un pouco como era aquela sociedade que nos queda xa moi lonxe no tempo. Polo que se pode ver a través dos esgrafiados é unha clara diferencia social, así as casas das familias con menos recursos presentan un esgrafiado mais simple e funcional, mentes que nas das familias con mais poder económico os motivos son mais elaborados e dentro dun amplo catálogo de filigranas, figuras e motivos que mesmo representan auténticas escenas nas que se mesturan persoas e animais. E tamén nos permiten recoñecer as partes da casa, porque a decoración se limita á planta nobre da vivenda, na primeira planta onde estaban os cuartos, xa que o habitual era que a planta baixa se destinase a cortes para os animais. tamén se caleaban e decoraban as xambas e dinteis de fiestras e portadas.

O esgrafiado galego é toda unha representación da arte e da cultura dunha época, un documento gráfico que aporta información da sociedade na que viviron os nosos antergos. En definitiva, é un elemento máis que enriquece o amplo catálogo do noso patrimonio.

 

jueves, 15 de diciembre de 2022

Pedras que conceden perdón.

De novo volvo a poñer o foco nas pedras, ese material natural, duro, resistente, presente na natureza que nos rodea e ó que se lle deu infinidade de usos, valores, significados ou mesmo poderes máxicos ó longo da historia. En Galicia temos unha boa morea de elementos patrimoniais en pedra que son exemplo diso.

Casa Fortaleza de Camba
Nesta ocasión quero centrar este novo artigo nun deses usos que se lle da á pedra non os na nosa terra, Galicia.

O de delimitar o territorio foi unha teima que perseguiu a humanidade dende tempos remotos, ó longo da historia persoas, gobernos, sociedades,.. guerrearon pola conquista, dominio ou propiedade da terra establecendo fronteiras que foron variando co paso do tempo, sinalando esas fronteiras ou límites territoriais de diversas maneiras. Unha das formas de sinalar os límites ou fornteiras entre territorios ou propiedades foi colocando fitos, “mojones”, chitos, mouteiras,....vamos, o que ben sendo un “marco”.

Todos os que medramos e vivimos no rural sabemos o que son os “marcos”, eses fitos de pedra que se empregan para diferenciar os límites no terreo. Colocados nunha esquina ou nun punto intermedio entre dúas fincas de diferente propietario. Non teñen unha forma determinada, aínda que si soen estar acompañados de dúas pedras de menor tamaño que se denominan “testiños”. igual que todos sabemos da morea de problemas e liortas que se poden chegar a producir entre veciños a causa dos marcos e a manía que teñen de mudarse de sitio cando ninguén os ve.. ;). E non é de estranar, porque por moito que sexan de pedra, non deixan de ser pezas que se poden mover dun sitio a sitio con facilidade.

O uso de marcos de pedra para sinalar fronteiras non so se circunscribe ó ámbito máis rural para marcar as estremas entre fincas e chousas adxacentes. A súa presenza no territorio remóntase, quizais, séculos atrás. Os mesmos romanos xa empregaban fitos de pedra, columnas que colocaban ás beiras das súas vías que indicaban as distancias entre diferentes puntos do seu ancho e largo Imperio, eran os “Miliarios”. Despois do paso e estancia  dos romanos por aquí, os cambios na estructura e división territorial foron continuos, e moitas veces se empregaron fitos ou marcos de pedra para sinalalos.

Sen ir tan lonxe no tempo e no espazo, aquí no noso territorio, no Val de Camba (Rodeiro), conservamos uns marcos moi especiais sobrevivintes dunha época da historia local que queda moi atrás no tempo e son parte do patrimonio material e inmaterial locais pero sobre todo son parte da historia e das lendas que circula en torno á Casa Fortaleza de Camba, un dos nosos bens mais prezados.

"Marco do Perdón".
Un dos ben que nos recibe
á beira do Camiño de Inverno, no sendeiro
moi preto da Casa Fortaleza.
Eles son os que coñecidos como “Marcos do Perdón”. Pola información que hai por ahí publicada podemos saber que a día de hoxe consérvanse dous destes pedrolos, localizados en dous puntos bastante próximos á Casa de Camba. Tamén se comenta que un terceiro marco abandonou as terras do noso fermoso val a mediados do século XX vítima daquela “operación rescate”, por medio da que algúns persoeiros da época se propuxeron “salvar” elementos patrimoniais que pasaron a formar parte de coleccións privadas ou expostos en museos extranxeiros.

Tamén se di que o noso marco podería estar nun Museo de Nova York enfermo de morriña pola terra da que foi arrancado sen consentimento algún. Será verdade?.

O que si é verdade é que temos dous, e ese dous concentran un valor patrimonial material e inmaterial que ben merece ser coñecido e posto en valor. Non creo que se poida asegurar que a súa localización actual sexa a orixinal, xa que pasaron séculos e quizais nalgún momento foron trasladados a onde se atopan hoxe. Pero o que se sabe é que en orixe a súa función era a de sinalar o límite entre dúas xurisdicións: a un lado a Casa Fortaleza de Camba e Coto de Quinzán do Carballo, ó outro lado a de Camba e Rodeiro. Cada unha con xuíz propio, o da Casa de Camba nomeado por ela mesma, o de Camba Rodeiro nomeado polo Arcebispado de Santiago e con sede na desaparecida Fortaleza de Rodeiro no solar que hoxe ocupa a actual Casa do Concello. Non se trataba, por tanto, so dun límite xeográfico, tamén dun límite legal, pois cada un xulgaba os delitos dentro do seu territorio coa súa lei.

Pasados os séculos, conservámolos por sorte de maneira material e testemuñal das vellas fronteiras entre aquelas xurisdicións e entre aquel territorio actualmente tan diferente. Pero tamén conteñen ó seu redor unha serie de lendas que teñen a súa orixe nesa situación fronteiriza entre diferentes territorios baixo diferentes leis.

O tema é que entre estas dúas xurisdicións existían certas diferencias legais, facendo que a Casa Fortaleza de Camba era, digamos, mais suave coa aplicación da lei e as consecuentes condenas. Co cal cando un preso ou condenado lograba escapar da Fortaleza de Rodeiro e chegaba a cruzar a fronteira quedaba perdoado, pero coa condición de que debía permanecer ó servizo dos Señores de Camba.

A partir de aquí, o paso do tempo e a transmisión oral fixeron o seu traballo e crearon lendas que circularon entre sucesivas xeracións de veciños. Algunha das cales rezaba que si un condenado abrazaba un deses marcos os seu delitos quedaban perdoados, concedéndolle a esas pedras case un poder máxico de perdón.

Sexa como sexa, os “Marcos do Perdón” da Casa de Camba son un dos nosos bens históricos e patrimoniais mais prezados, dignos de respeto e consideración.

 

 

lunes, 8 de febrero de 2021

Buscando pegadas do pasado

Nas ocasións en que temos reunión familiar na casa, escoito os meus maiores falar de tempos pasados, da vida na aldea cando eran mozas e mozos. Gústalles lembrarse daqueles anos e contar divertidas anécdotas de cando ían polos antigos carreiros e camiños que os levaban a outras aldeas, á escola, ó zapateiro,… ou mesmo para ir ás romarías. Ese carreiros dos que falan, daquela cheos de vida polo diario ir e vir de xentes, hoxe xa non se poden seguir, desapareceron confundíndose co entorno, outros camiños aínda se conservan definidos e ben trazados pero sen vida.

Ás veces gústame saír a camiñar e perderme por eses vellos camiños que rodean a aldea onde vivo e sobre os que teño escoitado contos e historias. Algúns deles están abandonados e discorren a carón de terreos, chousas e lugares tamén abandonadas, sen uso nin aproveitamento.

Todos sabemos que o rural esmorece dende hai décadas. A vida nel nunca foi doada, moitos dos seus fillos fuxiron buscando un porvir mellor, para os que quedaron as cousas seguen sen ser doadas. Unha das consecuencias máis recoñecibles do despoboamento e o evidente abandono das terras, que permanecen no seu lugar  pero sen donos que as coiden e as fagan producir, tamén abandonados os camiños que indicaban as xentes como chegar ata as súas terras.

A falta de tránsito fixo que a maleza fose ganando terreo e fainos intransitables nalgúns tramos, aínda que nos terreos onde medraron fortes carballos e castiñeiros, xa centenarios, os camiños están abertos e pódese camiñar por eles, eses grandes árbores non deixan que baixo a súa sombra medren as silvas. Alí os vellos camiños, cos seus inseparables valados dirixindo o seu trazado, consérvanse como detidos no tempo.

Outra razón pola que os antigos camiños perderon o uso foi porque se trazaron outros novos, mais anchos e mellores, pistas de terra ou de asfalto, necesarias para cubrir as necesidades do uso de novas máquinas coas que se traballa a terra. Os novos medios de explotación intensiva da terra precisan novas vías e infraestruturas.

O conto é que nos arredores das nosas aldeas atopamos terreos e camiños abandonados que dan forma á paisaxe tradicional do rural. Terreos e camiños trazados e limitados por valados de pedra levantados polas mans dos nosos antergos, pedra a pedra. Os valados a xunta seca están inscritos pola UNESCO na Lista Representativa do Patrimonio Inmaterial da Humanidade, moitos deles foron levantado fai décadas ou mesmo centos de anos e son un sinal da humanización do territorio que está plenamente integrado na paisaxe, igual que outros elementos coma os muíños ou as pontes e pontellas.

Así, a nosa paisaxe tradicional está composta de elementos naturais: carballos, castiñeiros, fentos,… pero tamén forman parte da paisaxe as historias de todas as mulleres e homes que lle deron vida e forma intervindo nel sempre con respeto levantando valados, muíños ou pontes. A man do home non so deixou na paisaxe a súa intervención de maneira material senón que, a paisaxe mais tradicional está ligada a vellas lendas e contos coma a da Santa Compaña ou a “Antaruxada”, elementos do noso patrimonio inmaterial que lle da un encantador aire de misterio, unhas crenzas populares que se trasmitiron de xeración en xeracións de maneira oral.

Se decides aventurarte, como a veces o fago eu, por algún destes lugares esquecidos, distantes do trasego diario típico do campo, alí onde so se pode sentir o ruído da natureza, dos regatos de auga correndo, o silvar dos paxariños,… alí onde parece que se detivo o tempo,  se miras ben poida que te atopes coas pegadas do pasado feitas cos zocos cos que outras e outros pisaron antes por aquí…e quen sabe se incluso chegues a sentir a “Antaruxada”!!!.

martes, 15 de septiembre de 2020

Fornos de pedra.

O verán é tempo de festas, non hai nin unha soa parroquia ou aldea galega que non teña unha ou dúas festas na honra a algún dos santos que se veneran na súa igrexa. Este ano atípico no que as festas son diferentes eu non deixo de lembrar, como cada ano, cando de nena nos xuntábamos con algunhas das veciñas nas vísperas da festa para facer os doces cos que se remataba a sempre abundante comida familiar. Xa non lembro o forno da miña casa, desfíxose antes de que eu nacera, e íamos ao duns veciños a cocer os biscoitos, roscón e brazo de xitano tradicionais. Conservo na memoria a imaxe das mulleres batendo ovos e fariña, mentres outras quentaban o forno, e recordo tamén o sabor daqueles doces. 

O forno de pedra era unha das construcións auxiliares esenciais da casa no rural, imprescindible para cocer o pan, un básico da dieta diaria doutros tempo, pero tamén rquçisimas empanadas ou sabrosos doces. O forno estaba en moitos casos dentro da casa, na mesma cociña ou preto dela, noutros casos estaba fora nun galpón exterior anexo á casa. 

Hoxe, moitos deles, aínda se conservan nalgún recuncho esquecido, mentres que outros correron peor sorte, e, perdida a súa utilidade, coas obras de reforma e acondicionamento das vellas casas, foron desmantelados. Tamén os había comunais, dos que se servían todos ou algúns dos veciños da aldea. Eles, os supervivintes que se conservan nese recuncho da “casa vella” ou nese galpón ao que xa nunca entramos, gardan na súa memoria unha tradición xa perdida, coma tantas outras, a de facer o pan na casa de maneira totalmente manual e artesá. 

O material co que se construían era a pedra, por un lado é moi resistente as altas temperatura e por outro, unha vez quente, conserva a calor durante o tempo suficiente para que se complete a cocción. Nos muros do forno debíase de procurar que as xuntas das pedras quedasen ben unidas, para evitar perder a calor. O acceso ao interior téñeno na parte frontal, non moi grande, o suficiente para poder traballar dende fora comodamente tanto para quentalo como para meter as pezas para cocer, e que se podiese cerrar e selar doadamente, debia de aguantar a calor no seu inteior o maior tempo posible. Dentro forma un gran oco baleiro, amplo e, a miúdo, con forma redondeada ao fondo, que se traducía ao exterior na parte traseira cunha característica forma curvada. Moitas veces se andamos por algunha aldea ou no interior dalgunha casa se somos observadores podemos identificar a existencia dun forno  porque nos atopamos con esa curva saínte nalgún muro. Noutros casos a construción é de liñas rectas e forma un cubo.

A súa principal labor era a de cocer o pan para toda a familia polo menos para o seu consumo por varios días ou toda a semana. Amasar, quentar o forno e cocer era unha tarefa que esixía moito tempo e na que se implicaba gran parteda familia, polo que non se podía facer a diario, entón procurábase facer a cantidade suficiente polo menos para toda a semana. No caso dos fornos comunais era preciso establecer acordo de uso cos demais usuarios e días e horarios para facer a fornada. Xa metidos en faena, o primeiro paso era amasar. Os ingredientes eran a fariña de centeo cultivado na casa, máis recentemente introduciuse a fariña de trigo, auga e sal, ademais do lévedo, iso que hoxe está tan de moda e do que tanto se fala: a “masa nai”, e que non é máis ca unha porción de masa xa levedada que se gardou da anterior fornada. Unha vez ben amasado e partida a masa en pezas deixase en repouso o tempo preciso para que o lévedo faga o seu traballo, facendo que a masa aumente de volume e esponxe. Para toda esta parte do traballo emprégase un moble típico das casas de antes, a artesa, aínda se conservan moitas, similares a grandes caixóns ou baúis nos que se amasaba, se deixaba repousar e levedar a masa, e finalmente tamén na artesa conservába o pan unha vez cocido. 

Un paso moi importante era quentar o forno. E estes fornos quéntanse prendendo o lume dentro, directamento no seu interior. Para elo empregábanse xestas secas, uces ou mesmo toxos, logo o lume mantíñase con leña mais gorda, por exemplo de carballo que fai boa brasa e da moita calor. O caso era quentalo ben e que alcanzase unha gran temperatura no interior. E como saber cando era suficiente?, porque daquela non había termómetros que medisen os graos, entón botaban man da experiencia e da sabedoría dos mais vellos, gañada cos anos de traballo. Alcanzada a temperatura desexada había que varrer ben o interior para meter os moletes de pan axudándose cunha pa de madeira, ademais dalgunha empanada, bolas e boliños para os nenos ou un bonequiño de pan que algún avó facía con cariño para os netos. 

Para que a temperatura no interior aguantase o máximo posible pechábase o acceso. Algúns fornos mesmo teñen unha portilla labrada en pedra unida ao muro lateral cunha bisagras, senón era o caso empregabase unha laxa ou rocha, o importante  era que quedase ben selado, mesmo curiosamente, empregábase bosta de vaca. para tapar ben as ranuras.

Agora toca esperar a que todo este cocido,… Qué cando tempo tiña que pasar?, pois iso xa é outra historia!. Hoxe en día sabemos aquilo que rezan as receitas de cociña de 40 minutos a 180º, e así axustamos o temporizador dos nosos fornos. Pero daquela sen termómetro nin temporizador, eran os nosos antergos os que tiñan a experiencia precisa, transmitida de xeración en xeración, para saber cando era o momento de abrir o forno e sacar o pan perfectamente cocido e saboroso. 

 E ti...tes algún recordo de cando se cocía na casa?, conservades o vello forno de pedra?. Si queres non deixes de compartir os teus recordos na sección de comentarios.

martes, 9 de junio de 2020

Tesouros locais no Museo Provincial de Pontevedra.

Para comezar o post, teño que confesar que fai uns cantos anos que non visito o Museo de Pontevedra e sei que actualizaron e modificaron as exposicións neste tempo sendo diferentes a como eu as vin no seu momento. Pero o que non cambiou é que alí se custodian e conservan os tesouros históricos e artísticos de moitos dos concellos da provincia, entre eles Rodeiro.

O museo provincial é un centro cultural e expositivo curioso polo feito de que se compón de varios edificios, en concreto seis, que se reparten pola zona vella da cidade, próximos entre si e complementarios. Deste modo, ó mesmo tempo que visitas os seis edificios do museo e as diferentes exposicións permanentes e temporais que conteñen, podes disfrutar dun agradable paseo pola “Boa vila”, as súas prazas, rúas antigas, as igrexas e vellos conventos que comparten veciñanza coas edificios do museo.

Comezando polas Ruínas de Santo Domingo, restos dun antigo convento que se localiza na Alameda pontevedresa, é o edificio mais antigo que forma parte do conxunto do Museo de Pontevedra.  O Edificio Castro Monteagudo e o García Florez, antigos pazos señoriais dos séculos XVII e XVIII. No Edificio Fernández López que ten unha parte construída de nova planta, é onde se atopan as dependencias administrativas e demais oficinas. E completan o conxunto o Edificio Sarmiento, un antigo convento,  e o seu anexo o Sexto Edificio de nova planta. Todos eles son complementarios entre si e fóronse adquirindo e incorporándo ó conxunto o mesmo ritmo que medraron as coleccións, as exposicións e as necesidades do museo.

En cada un dos edificios podemos visitar unha sección diferente da exposición permanente, ademais das temporais. Desde modo, nas últimas ocasións nas que eu pasei por alí, o que eu quería e ver era as pezas arqueolóxicas procedentes de Rodeiro que se expoñían nas salas de arqueoloxía, que daquela se atopaban no recentemente inaugurado Sexto Edificio. Agora, debemos de ter en conta que despois a exposición foi modificada e reubicada no Edificio Sarmiento e aínda non tiven ocasión de volver a visitala polo que me remito ao que eu vin daquela.

E naquelas salas de arqueoloxía do Sexto Edificio, nas que se expoñían os tesouros  mais antigos de toda a provincia, entre os que estaban as pezas arqueolóxicas procedentes de Rodeiro das que vou falar a continuación.

Imaxe da vitrina coa cerámica de Porta de Arcos
Museo de Pontevedra , Edificio Sarmiento 2016.
Fonte:http://1000-lugares-en-galicia.blogspot.com/2016/09/
museo-pontevedra-edificio-sarmiento-sala-3-1.html
As primeiras a destacar son as pezas de cerámica da Vilae Romana de Porta de Arcos que estaban nunha vitrina. Nas escavacións realizadas a comezos dos anos 70 recuperáronse fragmentos de cerámica, vidro, tégula, ferro,… que forman parte dos fondos do Museo. Algunhas das pezas de cerámica estaban bastante enteiras, son vasillas de boa calidade e perfectamente restauradas como se pode ver na fotografía que acompaña o post. Teño que aclarar que a fotografía a atopei nun post publicado no 2016 no blog "1000 Lugares de Galicia", abaixo deixo a ligazón!,  Volvendo á escavación, naquelas traballos recuperáronse obxectos curiosos como un cinto que tamén se expoñía nunha das vitrinas.

Teño constancia que existen máis fragmentos de cerámica almacenados no Instituto Padre Sarmiento en Santiago, e, por suposto, no Museo Municipal Manuel Lamazares en Rodeiro tamén se expoñen fragmentos de cerámica, tégula e pezas de ferro do xacemento.

Noutra das salas atopeime cunha peza ben fermosa, a Fíbula de bronce nielada de época romana que foi achada por casualidade nas proximidades do Castros de Aboldrón e posteriormente depositada no Museo Provincial onde segue. Unha peza que xa comentei nun post anterior. [https://isaferb.blogspot.com/2019/11/pezas-de-museo-2-fibula-romana.html]

Para rematar o percorrido pola sección de arqueoloxía local presente no Museo de Pontevedra, naquel momento noutra das salas tiñan reservado un espazo para colocar unha peza moi especial, sobre unha peana esperaban expoñer unha das laxas recuperadas da mámoa do Monte dos Marxos, en A Lemparte (O Couto), unhas pedras con moita historia que formaban un gran túmulo que foi arrasado no seu emprazamento orixinal deixándoas amoreadas nun extremo do terreo. Mais tarde foron descubertas e deuse parte a Patrimonio, e as laxas leváronse a Pontevedra e depositáronse na Facultade de Belas Artes onde se procedeu á súa limpeza e estudo. Coa información obtida, os investigadores conseguiron reconstruír parte da vida e historia deste túmulo prehistórico e das laxas que o formaban.

 Do lugar que ocupaba a mámoa arrasada tamén se extraeron outros materiais: puntas de frecha, un colgante quizais de varislacita, fragmentos dun vaso campaniforme e outros fragmentos de cerámica, materiais propios do típico axuar que se enterraba xunto ao corpo do finado que tiña nesta mámoa a sú última morada.

Unha das laxas da Mámoa do Monte dos Marxos.
Sobre as propias laxas, na súa limpeza, descubríronse polo menos dúas capas de pintura de diferente época. As pinturas son en cor negra e vermella sobre unha base de reboco branco e ocre. Os motivos decorativos son lineais e ondulantes.

E ata aquí o repaso polos tesouros locais que están custodiados no Museo Provincial e puiden ver nas miñas últimas visitas ao museo. Polo miña parte prometo volver a visitalo en canto poida para comprobar como afectaron á nosa “representación arqueolóxica” os cambios expositivos e de ubicación desta sección expositiva. Pero igual é mellor que ti mesmo o comprobes... ;) ;) ;)


Na seguinte ligazón podedes coñecer a exposición de arqueoloxía no edificio Sarmiento no ano 2016, un ano despois da miña última visita ao Museo, tiña fotos desa visita pero non as atopo. De aquí extraín a foto das vasixas de cerámica
de Porta de Arcos;
ollo!!! noutra foto aparece o cinto que menciono no post, non o perdades!!




miércoles, 12 de febrero de 2020

Arte Contemporánea: que é iso?

Fai pouco aproveitamos unha breve estancia en Santiago para visitar algún dos espazos expositivos da vila, un deles foi o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), un edificio moi especial situado á marxe da Cidade Vella, ao ladiño de Santo Domingo de Bonaval, forman un conxunto perfecto no que se contrasta o novo e vello, arquitectura contemporánea e outra na que se mesturan Gótico e Barroco. Dous edificios que levan tanto tempo convivindo que xa non estenderíamos o lugar se faltase algún dos dous.

Son dous edificios magníficos que albergan cada un deles un tipo de exposición, no CGAC podemos visitar en cada momento a proposta de arte contemporánea que toque, son exposicións temporais. Pola contra, no antigo edificio de Bonaval temos o Museo de Pobo Galego no que se presenta unha interesante exposición etnográfica que nos ensina moito sobre a tradición e a cultura de Galicia.

Unha imaxe da última exposición
no Cgac, para que se xoga cos
espazos interiores e exteriores.
E non so as exposicións son interesantes senón que os propios edificios son dignos de admiración, cada un dentro do seu estilo. O edificio do CGAC é unha arquitectura contemporánea con interiores amplos e un espazo moi versátil o que lle sacan moito partido nas montaxes expositivas, incluso xogando co interior e  o exterior. E logo está o Museo do Pobo Galego, un emblemático edificio de Compostela con elementos arquitectónicos góticos e barrocos realmente fermosos, como a famosa escaleira de caracol.

Volver de vez en cando a estes museos tráeme recordos dos anos de estudante, de ir a visitar as exposicións que alí se presentaban, cursos ou das tardes de inauguracións. Foron bos momentos, dende logo!. ;)

Ben, creo que me estou lidando moito e ó tema deste post era a Arte Contemporánea, entón volvo a el!.

Sempre que visito un espazo no que se expón este tipo de arte súrxenme certas preguntas, como a que da título ao post. Unha pregunta que de seguro se fai moita xente e se pode ver desde dous puntos de vista.

Primeiro, indo polo sentido conceptual, é decir, a que nos referimos con este concepto dentro da Historia da Arte. Pois ben, en xeral dentro do termo “arte contemporánea” encadramos a toda a produción artística que se está xerando dende comezos do século XX ata hoxe, dende os movementos dentro da  chamada “Arte de Vangarda”,  supuxeron un punto de inflexión na arte abrindo o camiño a multitude de novas maneiras de expresión, os artistas poden ser máis libres, sen medo a romper as normas establecidas, experimentan con novas técnicas e formas, buscando a diferenza e a provocación. Ó longo do século XX sucedéronse un tras outro novos movementos (impresionismo, cubismo, dadaísmo, surrealismo, abstracción, póvera, pop-art,…) que contribuíron a crear un amplísimo catálogo de diferentes formas de expresión, a veces alagadas e outras desprezadas, pero sempre provocadoras. Entón ó final, a arte contemporánea e o artista contemporáneo o que busca é provocar, provocar sensacións no espectador, ou provocar polémica, que se fala dela.

O espazo interior é amplo,
ben iluminado
e versatil.
Segundo, voume referir a ese momento no que te paras diante dunha peza de arte contemporánea ou no centro da sala de exposicións e te preguntas: que é isto?. Unha sensación que nos pode crear incluso rechazo pola  arte contemporánea. Ese é un momento polo que pasamos todos, teñamos ou non teñamos formación en arte ou saibamos mais ou menos. Aquí dou un consello: se te dispós a visitar una exposición de arte contemporánea deixa os medos e os prexuízos fora da sala, leva a mente aberta e nunca penses en si serás quen de entender ou non a obra. Ó final do que se trata é de pararse a observar a peza e deixarnos levar polos sentidos.

Para entender unha obra de arte contemporánea non fai falla ser un entendido, nin coñecer a traxectoria do artista ou do movemento no que se insire o seu traballo, sobre todo porque é case imposible coñecer e entender todas as vertentes artísticas da arte contemporánea actual.


É moito máis simple, simplemente hai que saber mirar, deixarnos levar pola nosa mente e polas sensacións que a obra nos suxire. Esa é maneira de disfrutar da Arte Contemporánea.



lunes, 3 de junio de 2019

Piedras con historia V: molinos de uso manual

Una vez más vuelvo al tema de la piedra que nos cuenta historia y que da mucho juego. Como ya escribí en posts anteriores, la piedra es ese material imperecedero y versátil que tanto se lleva usando a lo largo de toda la historia con innumerables fines. En los anteriores artículos ya os presente bienes de interés hechos en piedra que muestran las diferentes funciones que se le ha dado a la piedra, al mismo tiempo que ponía como ejemplo algunos de los puntos de interés patrimonial más representativos de mi Ayuntamiento: Rodeiro, contribuyendo de algún modo en la difusión de su conocimiento y valor.

Entonces, en esta ocasión quiero presentar un elemento usado por nuestros antepasados como herramienta de uso doméstico. Me refiero a los antiguos molinos de uso manual o molinos celtas, ejemplo del uso de piedra para fabricación de utensilios de uso cotidiano y doméstico.

Y de nuevo voy a emplear ejemplos locales para ilustrar el tema porque, aunque Rodeiro es solo un pequeño ayuntamiento del interior de Galicia, podemos presumir de muchas cosas, una de ellas es que contamos con un valioso y variado patrimonio arqueológico que dice mucho de nuestro pasado más antiguo. Sobre algunos de estos bienes ya he escrito en pasados post ya publicados en este blog. De entre esos interesantes restos arqueológicos locales, en el museo municipal custodiamos una buena muestra de los molinos de piedra de uso manual que quiero presentar en este post.

La mayoría de estas piezas fueron encontradas y recuperadas en el entorno de los castros locales, de los que tengo que decir que son auténticos yacimientos sin estudiar que guardan grandes misterios de nuestro pasado. Pero volviendo al tema, de esta herramienta que los celtas y romanos usaban a diario para hacer harina de forma manual, se pueden diferenciar dos modelos.
Dibujo del primer modelo de molino.
Fuente: Museo Municipal de Rodeiro.

El primero de ellos, más sencillo y manejable, consiste en dos piezas de piedra, una se colocaba como base, con una superficie lisa sobre la que se echaba el grano; la otra pieza, de menor tamaño y ligeramente tallada de forma cilíndrica adaptándola para sujetar con las manos, es la que se usaba para ir deshaciendo el grano hasta obtener la harina.



Imagen en la que vemos a unas amas de casa celtas
realizando sus tareas cotidianas de cocina, una de ellas haciendo harina
con un molino del segundo modelo que describo en el post.
Fuente: Internet.

Luego tenemos un segundo modelo, digamos que de una tecnología más avanzada. Consisten también en dos piezas de piedra de mayor tamaño y forma cilíndrica, la más pesada se colocaba como base, la otra se asentaba sobre la primera y a través de un orificio en la parte de arriba se iva introduciendo el grano, el usuario hacía girar la piedra superior haciendo que el grano se fuese deshaciendo entre las dos. Este modelo de molino es el precursor de los molinos de agua que salpican toda nuestra geografía a los lados de ríos y riachuelos, elementos muy representativos de nuestra tradición y a los que dedicaré un post próximamente. 

Y estos son los molinos que nuestros antepasados usaban para obtener la harina que les servía como base para su alimentación. Es curioso leer sobre la alimentación de los celtas, habitantes de los castros, hacían harina de las bellotas para su consumo cuando en la actualidad casi despreciamos este recurso, pero también cultivaban ya otro tipo de granos, como el trigo, que usaban para hacer harina pero también lo fermentaban y elaboraban un tipo de cerveza de trigo y miel que llamaban Corma. 

Pero dejando a un lado estas curiosidades culinarias, lo que me interesa más es enseñaros sobre un aspecto de la vida doméstica en la que, nuestros antepasados idearon una herramienta de piedra para una cubrir una  necesidad que les hizó la vida más fácil, comprobando que ingeniosos eras esos celtas. Además de que crearon un modelo de molino realmente útil, que evolucionó hasta los molinos de agua de río que todos conocemos y que aún hoy se emplean, un hilo que conecta aún nuestra vida con la de los habitantes de los castros.

Ahh...y no dejes de indicar en la reacciones de abajo si te ha gustado, te ha parecido interesante o curioso. Me ayudará a seguir trabajando en los temas que resulten más interesantes!!. ;)

viernes, 17 de mayo de 2019

18 maio, día dos museos.


“Un Museo é unha institución sen fins de lucro, permanente, ó servizo da sociedade e do seu desenvolvemento, aberta ó público, que adquire, conserva, investiga, comunica e expón o patrimonio material e inmaterial da humanidade e do seu medio ambiente con fins educativos, de estudo e recreo”:
Definición recollida nos estatutos do ICOM, aprobados pola 22ª Asemblea Xeral en Viena (Austria), o  22 de agosto de 2007
.

Esta é a definición  de museo que hoxe serve como referente para toda a comunidade museistica internacional. Pero tiveron que pasar séculos de historia para que chegásemos a este punto.

A afición de certas persoas por reunir ou xuntar pezas de máis ou menos interese ou valor artístico xa se daba dende moi antigo. Os antigos exipcios xa enterraban xunto a faraóns auténticas coleccións de pezas de incalculable valor artístico. E así ó longo da historia  foron moitos os que tiveron gusto polo coleccionismo, unha afición máis propia das clases altas, con poder económico e boa situación social, caso de importantes familias italianas como os Médicis. Durante séculos a arte estaba en mans privadas e reservada a uns poucos, moi lonxe da sociedade e do pobo.

Foi a finais do século XVIII, en concreto en 1793, cando se produce un acontecemento que supón un punto de inflexión: a apertura do primeiro museo nacional público, o Museo da República en París, hoxe o Museo do Louvre. A partir deste momento a xente do pobo ten acceso a algo que lle estaba vetado, empezan a sentirse mais próxima á arte, a interesarse e disfrutar deste mundo.

A creación e apertura de museos expándese rapidamente por toda Europa, con todo o que iso conleva. Nacen organismos, estudos, teorías e ciencias que traballan sobre os museos e as súas exposicións como algo vivo que nunca deixa de evolucionar, sempre na procura de achegalos á xente e de propoñelos como lugares perfectos nos que investir o noso tempo de lecer.

Así, pouco a pouco, e con moito traballo por parte dos profesionais dos museos chegamos ao punto no que a definición do comezo deste post ten sentido. Hoxe si podemos dicir que os museos están ó servizo da sociedade en xeral e non so duns poucos. Eles, os museos, son os encargados de conservar e de protexer os nosos bens máis prezados, o noso patrimonio, aqueles que nos ensinan sobre a nosa historia e que nos permiten coñecer máis sobre a nosa cultura ou as tradicións que nos definen como sociedade.

Actualmente existen unha ampla gama de tipoloxías de museos, sobre calquera tema que te poidas imaxinar. Ademais hai unha gran cantidade de profesionais que se encargan de experimentar continuamente en innovadoras técnicas e materiais para crear exposicións cada vez máis atractivas para o público, máis adaptadas a todos e integrando cada día máis as novas tecnoloxías. Aínda que, na miña opinión, sobre o uso das movas tecnoloxías, si ben é certo que ofrecen moitas posibilidades, tamén penso que moitas veces se roza o abuso e fan que as exposicións resulten máis frías ou insensibles, estamos chegando a un punto no que existen centros expositivos ou interpretativos nos que non vemos nin unha soa peza ou obxecto, so pantallas e proxeccións, que non me gustan nada!!:(

E volvendo ó tema e para rematalo, cada ano o 18 de maio celébrase o día dos Museos. Neses días previos e nos posteriores, nos museos faise un esforzo maior para enchelos de vida e actividades diferentes para a ocasión coas que se pretende abrilos aínda máis ó público.



Así que non perdades a ocasión para achegarvos a algún e disfrutar das actividades que teñen lugar estes días, ou simplemente visitar algunha exposición na que seguro aprenderás ou verás algo novo que non coñecías antes.




















jueves, 7 de marzo de 2019

Arquitectura popular galega I : Os Pendellos

No centro da vila de A Golada atopamos o antigo recinto feiral do século XVIII, un recinto permanente cun alto valor histórico e cultural, pois é case o único que se conserva en bo estado en Galicia. No veciño concello de Rodeiro, no lugar de Río, tamén se conservan varios pendellos da antiga feira pero neste caso en peor estado de conservación.

Se nos acercamos a esta vila do interior de Galicia en calquera momento podemos pasear libremente polo recinto, veremos que o elemento arquitectónico básico en todo o recinto é o pendello, polo que se coñece familiarmente este lugar como “Os Pendellos”.

Estas pequenas casetas de madeira e pedra recórdannos como eran as feiras tradicionais nas que os nosos antergos facían as súas compras, uns eventos quincenais ou mensuais que eran motores para a economía rural pero tamén contribuían ás relacións sociais. E digo que son “o recordo” porque en realidade así é, este é case o único lugar do mundo a onde nos podemos achegar a ver como eran as feiras séculos atrás, moi diferentes ás de hoxe en día. En todas ou case todas as vilas galegas existían estas construcións permanentes empregadas polos comerciantes para a exposición e venda de mercadorías. Entón, podemos dicir que se trata dun elemento arquitectónico único, propio da arquitectura popular galega, que se ideou no seu momento expresamente para este fin e sobreviviu ó paso do tempo permitíndonos coñecer un aspecto xa perdido da nosa cultura tradicional que agora é parte do noso patrimonio etnográfico.

Pendellos de Agolada
Ben, no paseo polo recinto  podedes fixarvos que hai dous tipos de Pendellos. Ambos están feitos dos mesmos materiais, pedra e cuberta de madeira e tella, pero con diferente estrutura porque tiñan funcións tamén diferentes.  Así, temos un tipo de pendello pechado que tería a función de almacén de mercadorías ou como comedores, que daquela tamén era costume ir á feira comer o polbo, faltaría mais, iso non cambiou co paso do tempo!. E logo temos outro tipo de pendello que é o que mais característico: o pendello expositor. Tamén de pedra e cuberta de madeira e tella, pero neste caso está aberto á rúa e ten como elemento característico: o mostrador, no que o tendeiro colocaba os seus produtos para a venda, coma calquera tenda de hoxe en día!.

Así, todas as persoas que se achegaban ata aquí o día da feira, camiñarían por estas ruelas vendo e mirando os produtos á venda en cada “tenda”, e poderían tamén comer ou tomar un viño. Moi similar a ir hoxe a un centro comercial moderno, coas súas tendas e bares, nos vos parece?, pero claro este recinto ten outro encanto.

Pasear por este lugar tan especial, permítenos conectar cos nosos antergos, viaxar séculos atrás  e achegarnos a unha forma de vida moi diferente á nosa. Para os nosos antergos ir á feira era coma ir de festa, os mozos e mozas vestían traxe de domingo e acicalábanse para ir a pasar o día, alí se xuntaban, alí se daban a coñecer e alí se forxaban relacións e amizades. A rúa central do recinto é a coñecida como o Paseo da Parranda, punto de encontro para a mocidade os día de feira, un paseo cheo de vida, un fervedoiro de idas e vidas de xente e chismes.

Igual que noutras vilas galegas a actividade feiral no recinto perdeuse co paso do tempo e os pendellos perderon a función para a que foron creados. Pero temos a sorte que nesta vila non se destruíron totalmente como noutras vilas galegas, e dende o ano 1990 realizáronse varias campañas de rehabilitación do recinto e das súas construcións con moi bo resultado. Neles realizanse ó longo do ano diferentes actividades culturais, exposicións, concertos e unha feira de artesanía.

Pendellos da feira en Rio (Rodeiro)
Como dicía ó comezo do artigo, este non é o único exemplo deste tipo de patrimonio etnográfico , aínda que si é o que mellor se conserva. En outros dous concellos da Comarca do Deza temos pendellos: en Rodeiro no lugar de Río, e os de A Gouxa en Dozón. No caso dos pendellos de Río (Rodeiro) o estado de conservación non é o desexable, uns por outros e ninguén acaba por facer nada para a súa rehabilitación e conservación. Ó final trátase dun ben patrimonial que, como outros moitos, pertence á sociedade, e creo que os primeiros interesados na súa conservación teñen que ser os propios veciños. Noutros lugares temos o exemplo de asociacións de veciños que traballan pola recuperación e posta en valor do seu patrimonio, como no caso de Agolada onde se creou a “Asociación de Amigos de Os Pendellos” que levan moitos anos traballando e loitando pola recuperación e posta en valor deste ben patrimonial.

No seguinte enlace tes unha morea de info e fotografías do recinto feiral de Agolada: