lunes, 29 de julio de 2019

Ao muíño do meu amo...

eu ben lle sei o tempero,
cando está alto, báixalo,
cando está baixo, érguelo.

Na Galicia rural de mediados do século XX era moi común nas nosas aldeas que algúns dos veciños exerceran un oficio, como o de ferreiro, carpinteiro, zoqueiro, xastre ou muiñeiro, entre outros. Actividades que foron desaparecendo co paso do tempo e coa chegada da modernidade.

Daquela era necesario fabricar moitos artigos de primeira necesidade de maneira artesanal, un feito provocado pola escaseza de medios económicos ou por que non había comercios onde adquirilos. Así era habitual que se fabricasen dende o calzado ata ferramentas ou mobles. Tamén, polas ganancias económicas que reportaba, era unha actividade mais coa que contribuir á subsistencia familiar.

Hoxe os que chamamos “oficios tradicionais” podemos recordalos e coñecelos por varios medios. Un deles é a tradición oral, se escoitamos as historias que contan os nosos maiores, soen falar de cando ían a tal aldea onda o zapateiro ou a tal outra ó ferreiro, ó xastre. Aínda hoxe se repasamos os nomes das casas ou familias das nosas aldeas seguro que moitas delas se coñecen como a do Ferreiro, no caso da miña, a do Xastre, a do Muiñeiro, etc...seguro que entre os nosos antergos tivemos algún que practicou ese oficio. Un segundo medio para coñecer esta tradición son os museos etnográficos, non que sempre hai unha sección dedicada a este tema, ou a gran cantidade de publicacións que existen sobre eles.

Pero ben, o que quería neste post é seguir achegándome á vida e á historia dese ben do que xa publiquei varios post e que aglutina tanta tradición e historia: os muíños, e a súa relación cos oficios tradicionais. 

Nun muíño podemos ver, se observamos, o traballo de varios oficios: canteiros, carpinteiros ou ferreiros traballan xuntos para dar forma e vida a estas pequenas casetas con tanta personalidade. Os canteiros levantarían as paredes, os carpinteiros colocarían as cubertas, pero ademais ambos profesionais colaboraban na fabricación das pezas máis esencias dun muíño. Así será un canteiro o que dese forma ás grandes moas que esmiuzan o gran, e un carpinteiro faría as pezas en madeira como a moega, ou unha artesa, por exemplo.

Unha vez levantado e posto a punto para comezar a seu traballo so queda que tome posesión do seu cargo o Muiñeiro.

O muiñeiro é o profesional que comporte traballo pero tamén vida co muíño. Pasan tanto tempo xuntos que pronto se fan amigos e confidentes. O muiñeiro sabe ben cales son os mimos e coidados que o seu amigo e compañeiro precisa para render no traballo sen facerse dano, por iso cada día trata de mantelo en perfecto estado. Escoitando os ruidos que fai o muíño pode saber se ten que engrasar ou reparar algúnha peza.  

E non todo é traballo!. Estes dous compañeiros reciben cada día a aqueles que acoden a eles a transformar o gran en fariña, compartindo tempo, contos, ou bailes cos visitantes que se xuntan o seu redor facendo da espera un momento de festa. Non podemos esquecer que os galegos e galegas de antano tiñan esa capacidade especial de converter os momentos de traballo en divertidas reunións nas que non faltaban a música da pandeireta, a gaita e os cantos. Esto fixo que arredor do traballo de muíño e do muiñeiro se xerase unha morea de ditos, refráns ou cantos populares, que son parte do noso patrimonio inmaterial, enriquecendo con eles a nosa tradición e cultura. Pero esa parte queda para outro momento! ;)

O imparable avance da industrialización, a chegada de novos avances, a aparición de grandes fábricas de fariña ou os cambios na economía, tiveron como consecuencia que se fixera innecesario manter os muíños rurais en funcionamento. E como un non ten sentido sen o outro, tamén o oficio do muiñeiro deixou de ter sentido.

Muíño e muíñeiro xa solo son un recordo do pasado que se mantén vivo nos restos abandonados desas casetas a carón dos ríos ou nos escasos muíños tradicionais que seguen en activo hoxe en día.


lunes, 15 de julio de 2019

y en Roma me emocioné con Bernini!

Dentro de poco tiempo hará cuatro años que viajé a Roma y eso me trae recuerdos del viaje y los lugares que visitamos. Tenía muchas ganas de conocer esa ciudad y cuando se presentó la ocasión, pues la aproveché. En Roma se respira historia y arte en cada esquina, llena de lugares interesantes y preciosos que conocer y vivir. Después de cuatro días allí entendí porque se la conoce como la "Ciudad Eterna", siempre hay algún sitio que visitar, algo diferente que ver o descubrir, podrías pasarte allí meses y cada día podrías descubrir nuevos rincones que te harían viajar por la larga historia de esta maravillosa ciudad.

En eses días en Roma, como digo, visitamos un montón de lugares interesantes, pero sin duda uno de los que más me marcó fue la Galería Borghese y como hace tiempo que no dedico un post a un museo, este es un buen momento para hacerlo ahora que me vienen a la mente los recuerdos de aquellos días de "Vacaciones en Roma"  a lo Audrey Hepburn, pero sin Gregory Peck! ;)


Fachada de la Galería.
La Galería Borghese se encuentra en un típico palacete italiano, precioso rodeado por un enorme jardín que lo aisla del ruido de las calles de la ciudad. Allí solo se oye a los pájaros y se respira tranquilidad, aún estando rodeados de turistas y visitantes de todos los rincones del mundo. Cuenta la historia del edificio que fue ideado y construido para albergar un museo en el que exponer las colecciones de arte, escultura y pintura de los Borghese, importante familia italiana del siglo XVI con un gusto exquisito por el arte.

El acceso a la galería se hace con entrada, si te interesa visitarla te recomiendo que te saques las entradas por Internet con tiempo antes de viajar a Roma, ya que cada día pueden entrar solo un número restringido de visitantes que pueden permanecer dentro durante solo 2 horas.

Una vez dentro puedes disfrutar de la visita al propio edificio, con elegantes y amplias estancias decoradas con pinturas, sobre todo en los techos en las que se representan multitud de escenas extraídas de la mitología griega y romana. El edificio es un espectáculo en sí mismo, valdría la pena la visita aunque estuviera vacío. Pero además tiene en custodia una impresionante colección de arte, entre esas piezas hay antiguas esculturas romanas recuperadas, obras también de escultura de los mejores artistas del renacimiento y el Barroco como Miguel Ángel, y pintura de los más grandes como Tiziano, Caravaggio, Rubens o Rafael son solo unos pocos ejemplos. 

En las estancias de la primera planta está la parte de la colección expuesta que más emociones me provocó: una amplia selección de las mejores y más conocidas esculturas de Bernini. Me encanta visitar museos, pero si además en esas visitas puedo ver en directo los cuadros o esculturas que tuve que estudiar durante la carrera, la visita se vuelve más intensa. Realmente me emociona ver de cerca los originales, el tamaño real, sus dimensiones, los colores o los detalles se aprecian mucho mejor. Además me despiertan la imaginación y pienso en el artista realizando la obra o en los siglos que han pasado y todo lo que las obras han vivido hasta llegar a nosotros. Y en concreto Bernini, un escultor Barroco que me encantaba y que me enamoró en el momento en que entré en la sala donde se exponían "Apolo y Dafne"....una escultura delicada, elegante, sensual, expresiva...maravillosa!.


"David", Bernini.
Pero también al verme delante de esculturas  como el "David", de Bernini, puedo comprende mucho mejor aquello que los profesores me habían contado en las aulas de la facultad. Pude sentir la tensión del momento, David preparado para lanzar esa piedra, el movimiento contenido de un cuerpo en tensión. Pude comprobar aquello que me explicaban sobre la escultura del Barroco, esa sensación que te hace girar a su alrededor obteniendo a cada paso una visión diferente y perfecta de la escena. El detallismo, la extrema realidad que se refleja en las escultura o su tamaño real son cosas que solo se pueden apreciar si las ves en primera persona. El "David" es solo una de las maravillosas obras que podemos disfrutar en la Galería , pero hay otras muchas que completan la exposición de las veinte salas en las que se divide en edificio.

Para aquellos que disfrutamos conociendo el arte, es una sensación maravillosa poder visitar sitios como esta galería y conocer en directo las obras que antes solo vimos en imágenes de libros o internet. Si tienes pensado visitar la ciudad no te pierdas esta visita, no solo por las obras de arte que protege en su interior, tanto la villa como el parque que la rodea forman un conjunto maravillo. 

Yo seguro que volveré, algún día. Y a ti, ¿te apetece visitarla?.



jueves, 4 de julio de 2019

Xa que o muíño non vai á auga...

que vaia a auga ó muíño!.

E como unha noite no muíño non é nada, tamén me parece que un ben patrimonial con tantos valores se merece moito máis que un so post, porque os muíños teñen moita historia que contarnos. Entón, nesta segunda parte centrareime na parte construtiva, e é que os muíños son un elemento propio da arquitectura popular no rural galego. E vouno a escribir pensando nos muíños que coñezo, os da miña terra, Rodeiro, onde temos unha boa cantidade deles formando parte da nosa fermosa paisaxe e enriquecendo o patrimonio etnográfico local.

Canle de pedra que dirixe
a auga ó muíño.
Empecemos por facer unha descrición sinxela. Se camiñamos á beira dalgún dos nosos ríos ou regatos toparémonos seguro con algunha destas pequenas casetas e, se nos fixamos, veremos que teñen planta cadrada, non son de gran tamaño e de pouca altura, perfectamente integradas e mimetizadas no entorno. E agora fixémonos nos materiais empregados para levantalas, distinguiremos a pedra e a madeira, materiais naturais que se poden atopar facilmente no entorno e bos de manipular. E nas cubertas empréganse tella do pais.  A simple vista son construcións sinxelas, moi funcionais, cunha porta de acceso e escasos vans ou fiestras, aínda que poden ter unha burata que facilita a ventilación e aporta algo de luz ao interior.

Entón, está claro que estamos ante unha construción de carácter sinxelo,  con materiais humildes pero nobres, pensado para un fin concreto, para traballar e obter a tan prezada fariña, esencial para a nosa alimentación durante séculos. Creo que se pode ver que o muíño representa moi ben o carácter dos galegos e galegas do rural: persoas humildes e nobres, que saben o que é o traballo duro. Moitas das familias do noso rural tiñan un muíño propio, son os muíños de herdeiros, outros daban servizo a toda unha aldea, estes son muíños comuneiros.

Interior do"Tremiñado"  no
que se conservan todas as
pezas dun muíño.
Como dicía antes, para os muíños ideouse un deseño sobre todo funcional para un fin moi concreto: albergar o mecanismo do muíño propiamente dito. Porque ata aquí falamos do muíño como construción arquitectónica, pero esta “caseta” non tería a súa razón de ser de non ser porque no seu interior se protexe o mecanismo que lle da o nome. Pero non so iso, senón que ademais a propia construción contén varios elementos na súa estrutura que contribúen ó funcionamento dese mecanismo. Entón temos que entendelo como un conxunto.

Observemos un pouco esa estrutura dando unha voltiña arredor del. A caseta divídese en dúas plantas, a superior é o “tremiñado” e a inferior o “inferno”, e cada unha delas protexe unha parte do mecanismo que traballa unido para facer a fariña. Non debemos esquecer que os nosos muíños empregaban a enerxía da auga para facer o seu traballo e poñerse a funcionar. Daquela, aínda que non eras conscientes delo, xa se podía falar de enerxías renovables!. A auga entraba a el a través da canle, como un corredor de pedra que dirixe a auga ata as entrañas do muíño. A auga colle presión e cae con forza no “inferno” golpeando as pás do “rodicio”, roda que fai xirar as gran moa de pedra, que se atopa no “tremiñado” e que lentamente e con moito mimo esmiúza o gran, obtendo así a dourada fariña.
Oco polo que a auga
sae do "Inferno".

Ben, pois basicamente así son os nosos muíños, de estrutura sinxela e cos elementos fundamentais para o seu traballo, aínda que hai que ter en conta que existen outras tipoloxías de maior tamaño que albergaban máis de un mecanismo, ou divididos en máis estancias. Grandes muíños que podían pertencer a familias con maior poder económico ou que traballaban de forma como industrial para unha gran cantidade de clientes.

E ata aquí un segundo e breve achegamento á vida e historia dos nosos muíños. Espero que dende ahora cando des un paseo a carón dalgún dos nosos ríos e pases xunto a un muíño, párate un intre a observalo … escóitao, el mesmo che contará a súa historia, so tes que imaxinala.