domingo, 31 de marzo de 2019

A Peregrina.

Case sen contar véxome un venres as 9 da mañá almorzando na Praza da Ferrería con vistas á Peregrina, nunha fugaz visita á cidade do Lérez da que me quedo coa imaxe desta pequena e fermosa igrexa símbolo de Pontevedra.

Logo do almorzo, como tiña algo de tempo antes de atender os asuntos que me levaron a Pontevedra, pareceume boa idea coñecer de preto a Peregrina. Pasei noutras ocasión por aquí pero nunca me detiven moito a admirala de preto e non accedera nunca ó interior, entón decidín que este era o momento perfecto para facelo.

A Igrexa da Virxe da Peregrina ten unha espectacular fachada barroca, que domina a praciña na que se levanta o edificio. Realmente chama moito a atención cando entras na praza e te atopas de fronte con este precioso edificio; a fachada describe unha liña curva que lle da movemento, está presidida pola imaxe da Virxe ataviada coma unha Peregrina mais, remata con frontón partido no centro e dúas torres aos lados. Unha fachada moi dinámica con elementos típicos do seu estilo, pero non me quero meter moito en cuestións técnicas.


O que máis me sorprendeu foi o interior do templo. Dende o exterior podemos ver que se trata dun edificio non moi grande no que se unen volumes cúbicos a un corpo central curvado que se remata cunha bonita balaustrada de pedra. Pero o mellor estaba no interior, ó entrar topeime cun espazo circular cuberto por unha gran e fermosa cúpula. Non é un interior moi amplo, ó contrario, e xusto por iso me resultou un espazo moi acolledor e con moita luz. De feito a esas horas había varias persoas rezando e o escaso espazo da sensación de maior intimidade. O que lle da grandiosidade ó interior é a gran altura que alcanza a cúpula que remata nunha lanterna e un cupulín, conseguindo máis altura o mesmo tempo que estiliza.



Mirando cara arriba, vese que na base da cúpula hai un corredor que da toda a volta, cunha varanda, e fixeime que un home paseaba por el. Descubrín entón que para os máis atrevidos hai a opción de subir ata este corredor e ver a cúpula máis de preto, polo módico prezo de 1€ iso si. O acceso a este corredor faise por unha estreita escaleira de caracol, ten unha primeira parada, como unha típica tribunia de igrexa onde está o órgano, dende aquí a modo de balcón tes unha visión a media altura do espazo, e logo podemos seguir ascendendo… e aquí debo confesar que me puido o meu medo ás alturas e non fun capaz de seguir máis arriba, tiven suficiente con asomarme a este balconciño que xa tiña bastante altura para min, por iso dicía antes que subir ata o corredor é para atrevidos! ;)

A planta circular da Peregrina débese, según conta a historia, a que o arquitecto que a ideou alo polo século XVIII o fixo tomando como inspiración a concha de vieira, símbolo da peregrinación a Compostela. Dende entón esta preciosidade barroca leva xa máis de dous séculos dándolle a benvida aos pelegrins que escollen o Camiño Portugués para chegar a Compostela e pasan por Pontevedra, onde son moi ben acollidos.

O resultado é un edificio realmente fermoso, moi equilibrado exteriormente e esbelto, que ó entrar te sorprende con esa gran cúpula, esa é a súa maxia. Isto pasa con moitos edificios relixiosos, por iso sempre que teñades ocasión entrade a descubrir que esconden nos interiores porque vos podedes atopar con auténticas belezas arquitectónicas como esta.



lunes, 25 de marzo de 2019

Moda e Museos!!

Na miña última visita a Madrid, fai xa un tempiño, non perdín a ocasión de visitar algúns museos, como non podía ser doutra maneira, sempre o fago cando viaxo...chámalle manía!! ;)
Pois ben, un dos que visitei ese intenso fin de semana foi o Museo Nacional do Traxe, e pareceume unha marabilla. O primeiro que me chamou a atención: o edificio, esperaba atoparme con un edificio antigo, clásico, pero ó contrario, atopeime cunha  arquitectura contemporánea que ademáis resulta estéticamente atemporal. Como a min tan importante me parece o contido como o contenedor quixen saber máis sobre este edificio, consultei en internet e descubrín que o edificio se construíu nos anos 70 co fin de albergar unhas coleccións de traxes históricos con máis de un século de historia.  Entón aquí se asentou a sede deste museo no que se leva a cabo unha importante labor de investigación sobre o tema da moda e a súa evolución.

A exposición permanente que acolle o museo fai un gran percorrido pola historia da moda en España dende o século XVI ata a actualidade. Inclúe ademais ó comezo do percorrido unha mostra de traxes rexionais. conta cunha sección para exposicións temporais, xusto cando eu pasei por alí presentabase unha pequena mostra de tocados moi chulos e curiosos dos que saquei algunha foto.


A mostra está perfectamente organizada para que vaiamos vendo como foi a evolución da forma de vestir dos españois durante eses cinco séculos, algo que me parece interesantísimo. Temos que pensar que a forma de vestir, a moda, é sempre unha forma de expresión que nos fala de diferenzas sociais, económicas e culturais entre persoas e entre estamentos. Por exemplo, nos tempos en que a sociedade se dividía entre señores e criados, ós criados non se lles permitía vestir como os señores, impúñaselles unha forma de vestir humilde e sinxela sen ornamentos, sen complementos e sen xoias. Esto foi así durante moito tempo, pero no século XX as cousas foron cambiando, e aínda que segue habendo diferenzas entre como nos vestimos os ricos e os menos ricos, en xeral a moda foise democratizando e todos podemos vestir o que queiramos sempre e cando nolo poidamos permitir económicamente.

Entón, volvendo á este estupendo museo, mentres se fai o recorrido da expo podes ir admirando preciosos traxes, vestidos, complementos, zapatos ou xoias de diferentes épocas, semella que estás a visitar uns grandes almacéns que mostran nas súas vitrinas os maniquis  cos últimos modelos á venda, pero sen as etiquetas dos prezos claro!. A verdade é que podemos ver traxes e vestidos que son auténticas preciosidades, unha mostra espectacular que se ocupa da vestimenta tanto de homes como de mulleres. Pero o tema da evolución da moda feminina sempre chama máis a atención, polo percorrido imos entendendo como foi evolucionando a forma de vestir da muller nestes cinco séculos, e vemos vestidos de telas marabillosas e preciosos adornos con bordados, encaixes ou puntillas, con grandes volumes, corsés e miriñaques, auténticas armaduras tecidas de arames, cos que se tentaba ocultar ou modificar á vista as formas naturais do corpo feminino. Durante moito tempo empregouse a moda como un modo máis de opresión sobre as mulleres, elas debían estar bonitas pero non cómodas, lucir unhas roupas que parecen máis pensadas para expoñer como obras de arte, que hoxe nos resulta dificil facernos á idea de vestirse con esas prendas. Facíanas sentir sobre os seus corpos a opresión á que as sometía a sociedade machista na que vivían.

Avanzando no tempo, e na mostra, comprobamos como a vestimenta se foi alixeirando, as prendas interiores mais opresivas van desaparecendo e os vestidos deixan intuir as formas do corpo, resultando pouco a pouca máis naturais e cómodos. Os vestidos foron liberando o corpo da muller ó mesmo tempo que as mulleres se foron liberando da opresión social. E chegando á parte final, que se corresponde coas ultimas décadas do XX e a actualidade, o nacemento da Alta Costura e os grandes modistos nacionais representados aquí por deseños de Pertegaz ou Balenciaga entre outros,e incluso Paco Rabanne, quenes o que que queren é mostrar a beleza da muller e realzar a figura feminina a través das súas creacións.

Para rematar a visita pasamos por unha sección na que xogar e ó mesmo tempo aprender. Por exemplo, a través dos sentidos aprendemos a diferenciar teas e texturas, ou experimentar outras sensacións, podemos sacarnos fotos con diferentes looks, etc.

Se queredes ver e saber máis non perdades a ocasión de pasar por aquí. Hoxe que tanto están de moda @s influencers, as it girls ou os bloggers de moda, este é un museo perfecto e de visita obrigada para toda esta xente tan interesada na moda onde poden aprender de historia, e quen sabe si de aquí poden sacar a inspiración para algún dos seus estilismos... ;)





domingo, 17 de marzo de 2019

"En Rodeiro hay museo"

- Pero en Rodeiro hay un museo???
Cuantas veces me habrán hecho esa pregunta…ya ni lo sé!. Pues si, en Rodeiro tenemos museo. Anexo al Centro Cultural municipal, un pequeño edificio de nueva planta que se ideo para albergar la colección de arqueología que Julio Lois donó al ayuntamiento. El maestro Lois, vecino de Rodeiro, se pasó parte de su vida reuniendo en la casa escuela de A Latiza todos los restos arqueológicos que pudo recuperar a lo largo de años de trabajo. Cuentan que la colección contaba con varias piezas de gran valor arqueológico, desgraciadamente desaparecidas. Lo que quedó de la colección, después de su muerte, pasó a manos municipales depositándose en dependencias del ayuntamiento. Un tiempo después se creó el espacio que hoy ocupa el Museo Municipal Manuel Lamazares, inaugurado en 1998.

El Museo Municipal consta de 3 salas de exposición permanentes, aunque también se ha empleado el espacio en varias ocasiones para exponer temporalmente obra de diferentes artistas. En la sala principal y más amplia se expone la colección de arqueología, razón por la que se creó el museo. Esta muestra arqueológica de materiales de cerámica, piedra o hierro, nos invita a conocer la historia más antigua del ayuntamiento, desde la prehistoria hasta la edad media, pasando por la cultura castrexa o la presencia romana en el valle de Camba.

Luego, las otras dos salas del museo, una de pintura y otra de etnografía, fueron creadas posteriormente al crearse también nuevas colecciones. En la sala de pintura se expone la colección de cuadros Vilaseco de temática costumbrista, en la que se muestran escenas de la vida y la tradición rural gallega, en la misma línea que los contenidos de la tercera sala del museo de tema etnográfico.


Los museos locales me parecen maravillosos, aunque a veces las exposiciones no son demasiado afortunadas o presentan una imagen descuidada, fruto en muchas ocasiones de la falta de medios y recursos económicos y humanos profesionales que permitan mantenerlas en buen estado o que se puedan actualizar y renovar con frecuencia. En un museo local bien planteado podemos conocer la historia local y los puntos de interés patrimonial de la zona. En el museo local de Rodeiro, aunque es evidente que faltan medios, sí se consigue que el visitante conozca los lugares más interesantes del ayuntamiento: mámoas, castros o la Vilae Romana de Porta de Arcos, son solo algunos de esos puntos de interés representados por los restos arqueológicos expuestos en la sala principal.

Por otro lado, este es un pequeño ayuntamiento del rural gallego, que como tantos otros, tiene una historia llena de tradiciones y costumbres que se han perdido en el tiempo pero que, en este caso, podemos recordar a gracias las piezas conservada y expuestas en la sala de etnografía o a través de las  imágenes de los cuadros de la sala de pintura, escenas y paisajes de un mundo rural en las que se repiten la presencia de elementos tan simbólicos en nuestra tradición como el Cruceiro de piedra.

Cualquiera que visite este espacio puede ver que no está en las mejores condiciones y no tiene una gran puesta en escena o museografía, pero no por eso debemos de infravalorar su contenido. Las piezas arqueológicas y etnográficas conservadas en él guardan la memoria de la historia de una tierra con un interesante pasado. Ojalá en un futuro podamos disfrutar de un museo con una imagen renovada y mejorada, y con unos contenidos más completos. 

El museo se puede visitar de lunes a viernes en el mismo horario de atención de la biblioteca, en la página web municipal hay más info disponible: 





miércoles, 13 de marzo de 2019

Arquitectura popular galega II: A Casa

 A etnografía é unha ciencia que me atrae moito, todo o que teña que ver co estudio da tradición, da historia ou da cultura propia de Galicia paréceme fascinante polo feito de que a través de ese estudio se pode comprobar como foi cambiando a forma de vida dos galeg@s co paso do tempo e ademais podemos coñecer unha morea de tradicións que, lamentablemente en moitos casos, se foron perdendo no tempo. É moi importante que coñezamos o noso pasado, a nosa historia, así podemos valorar máis o que temos hoxe. 

Por exemplo, no caso da vivenda moito cambiou a cousa, referíndome neste caso ó mundo rural que é no que eu me criei. Cantas diferencias hai entre as casas na que vivían os nosos avós ou bisavós e as casas nas que vivimos hoxe en día. As vivendas en Galicia evolucionaron moito ó longo dos séculos, e podemos ver este feito gracias a que se conservan, por exemplo as Pallozas na zona de O Courel e no Cebreiro, un tipo de vivenda xa en desuso que hoxe é parte do noso patrimonio etnográfico, e que todos coñecemos. Pequenas vivendas que semellan cabanas e ademais poden ser moi similares a como serían as vivendas nos castros......pero esto queda para outro post! ;)

A partir de aquí, a vivenda iria medrando segundo as necesidades chegando á que se denomina como o modelo de casa labrega tradicional. A vivenda tipicamente galegano rural é de pedra con cuberta a dúas augas, pequenas fiestras nos muros para evitar que pase o frío, e normalmente de dúas plantas. Na planta superior estaban os cuartos e na inferior as cortes para os animais. Pois si, os animais tiñan tamén o seu “cuarto” dentro da casa, como membros da familia que eran. Ademais que os animais estiveran debaixo dos cuartos proporcionáballes calefacción natural. Unhas casas que non tiñan moitas das comodidades que hoxe consideramos como algo básico, como o cuarto de baño, electricidade ou auga corrente.

Pero sen dúbida a parte mais importante da casa era a cociña, o lar. A cociña contaba cun elemento fundamental: a lareira, esta era o corazón da casa e da vida familiar. Composta por unha lousa de pedra dunha soa peza ou varias lousas unidas, sobre as que se facía o lume. O lume era imprescindible na casa para facer a comida e para quentarse. Porque nestas casas non había gas nin electricidade para cociñar, e por suposto non había calefacción!.  A comida facíase en potes de ferro que se penduraban directamente sobre a chama do lume.

Arredor da lareira reuníase toda a familia para comer e para pasar as noites cando facía frío. Daquela ss familias eran máis numerosas que ahora, convivindo na mesma casa varias xeracións e para pasar o tempo, ao serán despois de rematar o traballo e nas noites de inverno, falaban e contaban contos ao calor do lume, moitas noites xuntábanse tamén cos veciños, ou facían as "fiadas", pero contareivolo outro día. ;)  Mentres, hoxe vemos a televisión, andamos co ordenador ou co móvil e case non falamos uns cos outros. Moito cambiou a vida familiar e veciñal cos anos!.

O tema da casa da para moito e posiblemente faga outros post contándo máis. 
Pero volvendo á cociña,para poder ver como era unha destas podemos visitar museos como o do Pobo Galego en Santiago onde hai unha sala de etnografía onde se reconstrúen varias estancias dunha casa tradicional, e por suposto non podía faltar a lareira que como xa dixen era o corazón da casa. Tamén temos en Galicia numerosos museos etnográficos como o Museo Casa do Patrón en Doade no Concello de Lalín no que se pode visitar unha casa antiga rehabilitada na que se ven todas as estancias e mobles de época típicos dunha casa tradicional. Neste segundo exemplo estaríamos ante un museo familiar, eles mesmos recuperaron a antiga casa da familia que musealizaron e se pode visitar.

Pero nos museos normalmente o que visitamos son recreacións ou exposicións saturadas de obxectos, moi pulcras e bonitas. En cambio eu teño a sorte de coñecer unha casa onde se conserva a antiga cociña de lareira orixinal con todos os seus elementos típicos. Non vou desvelar onde se atopa pero acompaño este post dalgunhas fotos que puiden facer alí para que a vexades e poidades comprobar as diferenzas. Os donos da casa foron arreglando parte da casa, fixeron novos cuartos e outra cociña pero sen tocar a antiga, o que me permitiu facerme unha mais real de como sería a vida, cociñar, comer, cear ou quentarse nunha cociña antiga.  Dende logo que era moi diferente ao que estamos hoxe acostumados!.



Pote de ferro con pés para cociñar.

Pote colgado da gramalleira

Fuelles, pote e trespés, obxectos de menaxe
típicos nunha cociña de lareira.





jueves, 7 de marzo de 2019

Arquitectura popular galega I : Os Pendellos

No centro da vila de A Golada atopamos o antigo recinto feiral do século XVIII, un recinto permanente cun alto valor histórico e cultural, pois é case o único que se conserva en bo estado en Galicia. No veciño concello de Rodeiro, no lugar de Río, tamén se conservan varios pendellos da antiga feira pero neste caso en peor estado de conservación.

Se nos acercamos a esta vila do interior de Galicia en calquera momento podemos pasear libremente polo recinto, veremos que o elemento arquitectónico básico en todo o recinto é o pendello, polo que se coñece familiarmente este lugar como “Os Pendellos”.

Estas pequenas casetas de madeira e pedra recórdannos como eran as feiras tradicionais nas que os nosos antergos facían as súas compras, uns eventos quincenais ou mensuais que eran motores para a economía rural pero tamén contribuían ás relacións sociais. E digo que son “o recordo” porque en realidade así é, este é case o único lugar do mundo a onde nos podemos achegar a ver como eran as feiras séculos atrás, moi diferentes ás de hoxe en día. En todas ou case todas as vilas galegas existían estas construcións permanentes empregadas polos comerciantes para a exposición e venda de mercadorías. Entón, podemos dicir que se trata dun elemento arquitectónico único, propio da arquitectura popular galega, que se ideou no seu momento expresamente para este fin e sobreviviu ó paso do tempo permitíndonos coñecer un aspecto xa perdido da nosa cultura tradicional que agora é parte do noso patrimonio etnográfico.

Pendellos de Agolada
Ben, no paseo polo recinto  podedes fixarvos que hai dous tipos de Pendellos. Ambos están feitos dos mesmos materiais, pedra e cuberta de madeira e tella, pero con diferente estrutura porque tiñan funcións tamén diferentes.  Así, temos un tipo de pendello pechado que tería a función de almacén de mercadorías ou como comedores, que daquela tamén era costume ir á feira comer o polbo, faltaría mais, iso non cambiou co paso do tempo!. E logo temos outro tipo de pendello que é o que mais característico: o pendello expositor. Tamén de pedra e cuberta de madeira e tella, pero neste caso está aberto á rúa e ten como elemento característico: o mostrador, no que o tendeiro colocaba os seus produtos para a venda, coma calquera tenda de hoxe en día!.

Así, todas as persoas que se achegaban ata aquí o día da feira, camiñarían por estas ruelas vendo e mirando os produtos á venda en cada “tenda”, e poderían tamén comer ou tomar un viño. Moi similar a ir hoxe a un centro comercial moderno, coas súas tendas e bares, nos vos parece?, pero claro este recinto ten outro encanto.

Pasear por este lugar tan especial, permítenos conectar cos nosos antergos, viaxar séculos atrás  e achegarnos a unha forma de vida moi diferente á nosa. Para os nosos antergos ir á feira era coma ir de festa, os mozos e mozas vestían traxe de domingo e acicalábanse para ir a pasar o día, alí se xuntaban, alí se daban a coñecer e alí se forxaban relacións e amizades. A rúa central do recinto é a coñecida como o Paseo da Parranda, punto de encontro para a mocidade os día de feira, un paseo cheo de vida, un fervedoiro de idas e vidas de xente e chismes.

Igual que noutras vilas galegas a actividade feiral no recinto perdeuse co paso do tempo e os pendellos perderon a función para a que foron creados. Pero temos a sorte que nesta vila non se destruíron totalmente como noutras vilas galegas, e dende o ano 1990 realizáronse varias campañas de rehabilitación do recinto e das súas construcións con moi bo resultado. Neles realizanse ó longo do ano diferentes actividades culturais, exposicións, concertos e unha feira de artesanía.

Pendellos da feira en Rio (Rodeiro)
Como dicía ó comezo do artigo, este non é o único exemplo deste tipo de patrimonio etnográfico , aínda que si é o que mellor se conserva. En outros dous concellos da Comarca do Deza temos pendellos: en Rodeiro no lugar de Río, e os de A Gouxa en Dozón. No caso dos pendellos de Río (Rodeiro) o estado de conservación non é o desexable, uns por outros e ninguén acaba por facer nada para a súa rehabilitación e conservación. Ó final trátase dun ben patrimonial que, como outros moitos, pertence á sociedade, e creo que os primeiros interesados na súa conservación teñen que ser os propios veciños. Noutros lugares temos o exemplo de asociacións de veciños que traballan pola recuperación e posta en valor do seu patrimonio, como no caso de Agolada onde se creou a “Asociación de Amigos de Os Pendellos” que levan moitos anos traballando e loitando pola recuperación e posta en valor deste ben patrimonial.

No seguinte enlace tes unha morea de info e fotografías do recinto feiral de Agolada:






lunes, 4 de marzo de 2019

Museo de Naturaleza

Museos hay de todos tipos: históricos, de artes decorativas, etnográficos, arqueológicos,… y para todos los gustos: museo del chocolate, del vino, de trenes,…. A mí me gustan casi todos!! Porque cada uno tiene su personalidad y en cada uno tengo la posibilidad de  aprender algo nuevo, algo que no había visto antes, algo que no sabía o algo que me llame la atención.

En Santiago hay varios museos con contenidos diferentes y en cada uno de ellos puedes aprender cosas diferentes. En este caso quiero hablaros de uno de los museos compostelanos que más me gusta: el Museo de Historia Natural de la Universidad.
Un museo de historia natural, en general, es en el que se exponen colecciones de elementos recogidos de la misma naturaleza. En ellos se pueden ver todo tipo de animales, aves, peces, también rocas, minerales, conchas, plantas, semillas, etc. De modo que cuando vas a un museo de este tipo puedes conocer animales o minerales de diferentes procedencias, de nuestro entorno o de otros lugares del mundo,  a los que de otro modo nunca podrías tener acceso y que son parte de nuestro patrimonio natural.

En concreto en este museo de Santiago se expone la colección de historia natural de la Universidad de Santiago que antes se podía visitar en la Facultad de Química, creada por motivos académicos. Y tengo que decir que la muestra ha ganado mucho con el cambio de ubicación. Este edificio se ha construido justo para albergar la nueva exposición de la colección han creado un espacio  amplio y luminoso, con una puesta en escena y diseño que estéticamente resulta realmente atractivo para el público.

El espacio está muy bien organizado por temas: animales terrestres, peces, plantas, minerales, conchas, etc., y una museografía muy cuidada, que facilita la visita y el recorrido. Puedes ver recreaciones de entornos naturales con todos los bichitos, las plantas, los peces,…todos perfectamente identificados. Personalmente la parte que más me gusta es la de los minerales, me parece un montaje expositivo chulísimo en el que podemos ver minerales y rocas con formas increíbles que parecen de otro mundo. También me parece espectacular la colección de conchas.

En este museo he podido conocer especies de animales que sabía que existían pero que nunca había visto, tanto animales de nuestros bosques como otros que viven en lejanos rincones del planeta. También he aprendido a conocer y distinguir a los diferentes peces o mariscos. Desde mi experiencia creo que es un museo donde se puede aprender muchísimo sobre naturaleza, perfecto para ir en familia y con niños.
La única pega que le pongo es que algunos de los animales no parecen muy bien conservados y se ven deteriorados.

Recomiendo mucho la visita a este museo y, de paso, daros un paseo por el Parque de Vista Alegre en el que se encuentra ubicado el edificio. Se trata de la antigua Finca Simeón, que pertenecía a esa familia de banqueros, seguro que os acordáis de los Bancos Simeón. Yo recuerdo desde pequeña la finca cerrada y en malas condiciones, abandonada, ahora se ha abierto este espacio en el que se han levantado varios edificios nuevos de estética contemporánea que conviven con la casa familiar de estilo colonial que es el centro del parque.  Está muy bien situado y se puede pasear libremente por los senderos del que era el jardín de la finca.


Yo ya he visitado este museo y el parque en varias ocasiones y seguro que volveré. Si os pasáis por Santiago y tenéis un par de horas no perdáis la oportunidad de conocer este espacio expositivo y su entorno. En el siguiente enlace tenéis toda la info necesaria: ubicación, horario, precio de entradas, etc.