Facía algúns anos que non entraba na casa dos bisavós. Unha gran casa antiga, de grosos muros de pedra, cun corredor de madeira na fachada ao que se accede por un escaleira ben empinada que, de nena, me asustaba subir e baixar. Ao corredor dan os cuartos da planta alta, os únicos dous cuartos da casa que eu recordo que se empregasen, os demais xa sempre os vin pechados.
Tataratios. |
Entre eses muros
de pedra consérvase a memoria e o recordos das persoas que habitaron a casa ó
longo do tempo. Eses recordos e esa memoria atopámola nos obxectos, mobles,
roupas,... que quedaron orfos hai duas décadas.
Nunha casa coma
esta, que apenas sufriu obras de melloras e acondicionamento para adaptalas á
vida e as comodidades modernas, podemos atopar obxectos antigos mostra dunha
forma de vivir que nos apenas lembramos, e que cargan cun gran valor documental e
patrimonial, e para min tamén emocional. A visita a esta casa traeme o recordo dos xantares de domingos sentado ao pe da lareira co fume picando nos ollos.
Entre eses
obxectos: pezas de uso doméstico, mobles, colchas tecidas á man, ou fotografías
dos meus devanceiros, algunhas de persoas que eu coñecín sendo moi nena e lembro
con cariño.
"O Dengue da Avoa" |
O dengue é unha
das prendas que compoñían o que hoxe coñecemos como “traxe tradicional galego
feminino”. Neste caso trataríase dunha peza para usar os días de festa,
confeccionado en veludo (terciopelo) e la, bordado man e adornado con pequenos abalorios.
Os de uso ordinario eran máis sinxelos.
Eu xa sabía de
existencia do “dengue da avoa” por boca de miña nai, aínda que nunca o vira. Telo
nas mans é como sentir o peso da historia das mulleres da miña familia que o luciron
sobre os seus ombreiros, cruzado por diante do peito, os días de festa. Faime pensar
nas mans que cortaron as teas, que coseron as partes e o bordaron con delicadeza,
rematando o traballo cos abalorios que o fan máis especial dotandoo dun toque festivo.
Que fermoso foi
atopalo, é emocionante que chegase a nos e poidamos continuar conservando esta
peza do patrimonio familiar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario