sábado, 27 de abril de 2019

Arquitectura popular III: curiosidades dunha casa tradicional.

Fai unhas semanas publiquei un par de post nos que o tema era a arquitectura popular, o segundo deles sobre a casa tradicional rural, as vivendas nas que os nosos avós criaron a nosos pais. Se ben cada casa, como hoxe en día, era diferente pois sempre atopamos elementos, espazos ou mobles clásicos e comúns en moitas delas. Ademais, persoalmente paréceme moi interesante, curioso e incluso divertido coñecer todos eses mobles e obxectos de uso doméstico que hoxe xa non existen e poder comprobar como cambiaron as casas nas últimas décadas.

Nese anterior post contaba como era unha cociña de lareira físicamente pero tamén simbólicamente. A cociña coa súa lareira, co lume no centro, era o corazón da casa e o centro da vida familiar. Aínda hoxe a mín, que medrei nunha casa de aldea, cando non temos o lume prendido na cociña paréceme que falta algo na casa!! ;)

Espiteira perfectamente conservada.
Pois ben, continuando co tema da casa e concretamente coa cociña, aínda quedan moitos elementos curiosos que merece a pena coñecer. Nesta estancia tan importante da casa tiñan o seu oco algúns dos mobles do máis interesante e moi diferentes os que temos nos hoxe. Por exemplo, daquela a vaixela de uso diario colocábase nunha "espiteira", un moble de madeira con estantes e ganchos onde se ordenaban cuidadosamente pratos e tazas. A espiteira era o moble básico en toda cociña, podía ser mais ou menos elegante, ornamentado ou sinxelo, eso xa dependendo do poder adquisitivo da familia. Outro elemento moi típico de toda cociña tradicional é o "sarillo", pendurado das trabes do teito e a un lado da lareira, era como un tendal para afumar chourizos e carnes.

Como xa dixen antes a lareira era o corazón da casa e arredor do lume reuníase a familia ás horas da comida e polas noites, para sentarse a comer soían ter un banco ou "escano". De bancos había varios modelos, un deles ben curioso no que unha vez se sentaban baixaban unha táboa ancha por diante deles que facía a función de mesa. Pois para que vos fagades unha idaa, sería como se estiveran metidos nunha de esas silliñas que se empregan hoxe para dar de comer os nenos pequechos, unha trona creo que se chama, pois o mesmo pero máis grande e con cabida para varias persoas.

Pero sen dúbida o moble que máis me chama a tención e o que chamaban "alcoba", veredes por qué; todos temos oido ós nosos maiores dicir que antes había moitos máis días de frio que ahora e grandes nevadas, os invernos eran máis duros e as casas non tiñan nin calefacción nin aparatos eléctrico cos que quentar os cuartos. Entón o espacio máis quente da casa era a cociña a carón do lume, e idearon un moble a modo de gran caixón de madeira aberto porlos laterais, no interior metíase un colchón de cosco, -que, para quen non o sepa, é a follateira que se lle saca as espigas de millo cando se esfolla,- e alí se acomodaban para dormir nas frias noites de inverno os máis maiores da familia, ou cando había algún enfermo na casa. Un moble ben curioso, non che parece. Eu souben da súa existencia e uso nunha visita a un museo etnográfico e chamoume tanto a atención que o comentei na casa e meus pais me confirmaron que o coñecían e faloronme maís del. Tamén me comentaron que era un feito común que si había bebes na casa tamén pasaran a noite no seu berce preto do lume onde dormir tranquiliños e sen pasar frío.

Pasando a outra parte da casa quero compartir outra curiosidade que marca a diferenza coa actualidade. Na maioría das casa nos temos un salón, salita ou sala de estar, depende como queirades chamarlle, un lugar que podemos empregar a diario onde pasamos tendo vendo a tele, lendo, descansando en cómodos sofás e sillóns, ou onde recibimos os convidados. Pois fai décadas, para esta función había o que chamaban un "cuarto de respeto", unha estancia sempre limpa e ordenada que se reservaba para cando viñan visitas ás que se lles quería dar un trato diferente, de respeto, que non se querían recibir na cociña. En realidade era o que entendemos como un comedor, cunha mesa ampla, cadeiras cómodas e un clásico "chinero" ou moble de comedor no que se gardaba a louza e a cubertería que se empregaba os días de festa.

Vaia a verdade era que antes había cousas ben curiosas, tradicións que se foron perdendo co paso do tempo e que hoxe nos soan raras, acostumados como estamos a vivir doutra maneira e con modernas comodidades que ós nosos antergos nin se lles pasaba pola cabeza imaxinar. Curiosidades e tradicións que se conservan na memoria dos nosos maiores e que son parte da nosa historia e da cultura rural, parte do noso patrimonio etnográfico.





lunes, 22 de abril de 2019

Pedras con historia III

Como contaba en posts anteriores a pedra é un material que se leva empregando ó longo de toda a historia dándolle multitude de usos e elaborando diferentes elementos que teñen algo en común: todos sobreviviron durante séculos, teñen memoria, e podennos falar de grandes aconcementos, de historias de vida, de morte, incluso de amor.

Pois ben, neste novo post traigo unha vez máis un elemento do patrimonio local de Rodeiro, da miña terra, unha obra de enxeñeria feita de pedra con séculos de vida que nos poderia contar miles de historias das foi testigo. Refírome a Ponte Medieval de Pedroso, un dos hitos patrimoniais mais interesantes deste concello. Podémola visitar e coñecer no lugar de O Mesón, na parroquia de Pedroso. Unha aldea pequeniña na que apenas quedan veciños, como en tantas aldeas do rural, pero cunha gran historia detrás. Ademáis é un enclave natural moi fermoso, xunto a o Río Arnego, que merece a pena coñecer e vivir. Coñezo este lugar dende ben pequena, moitas veces andiven por alí cos primos e meu irmán tirando pedras ó río dende o alto desta bonita ponte.


Fotografía anterior as últimas tarefas de limpeza
da ponte e o seu entorno
A Ponte Medieval é o punto de máis interese da aldea, pero non o único, podendo falar de conxunto patrimonial composto pola aldea, a ponte cos muiños que se abrazan aos seus pes, e unha interesante cruz a carón do camiño. En todos estes elementos a pedra é o material principal, funcionando como nexo para o conxunto. E non podía ser doutra maneira, por que se nos fixamos nos arredores veremos que esta parte do concello destaca pola presenza de material granítico e ademáis este é lugar dos bos canteiros, aínda hoxe se explota unha gran canteira nas proximidades.






Cruz a carón do camiña á ponte

Imos por orde, o primeiro elemento interpretable que nos atopamos é esa pequena cruz de pedra sobre unha rocha que está ao pé do camiño que nos leva á ponte. De sobra é coñecida por todos a tradición galega de colocar cruces e cruceiros en determinados lugares por diferentes motivos, cunha simboloxía que se sitúa entre a vida e morte.

Seguindo o camiño chegamos ó elemento principal: a ponte, un elemento único por ser a única ponte histórica que se conserva no concello. Ten a súa orixe na Idade Media, levantada para axudar aos veciños e xentes de paso a cruzar o Río Arnego, unha función que leva desempeñando durante século, miles de persoas teran pasado por ela. Unha construcción civil sinxela pero fermosa, dun so ollo sobre o curso do río, sustentada por grandes paires. Toda a ponte está feita en pedra: os piares, o piso e os pretrís. 

O seguinte elemento a destacar son dous muíños pegados aos piares da ponte, semella que se agarran a ela para que a corrente non chegue a arrastralos río abaixo. Hoxe abandonados, no seu momento daban servizo a veciños de dúas aldeas, son unha mostra máis do valioso patrimonio etnográfico local, ducias destas pequenas casetas salpican as marxes dos nosos ríos e regatos, construcións tradicionais do rural de gran valor histórico. Pero iso é tema para outro post!! ;)

Por último a aldea do O Mesón. Posiblemente, ó igual que a ponte, teñan a súa orixe na Idade Media, e aínda hoxe se pode ver nas casas que conservan a estructura orixinal de canteria, aínda que sufriron as modificacións propias da adaptación as comodidades da vida moderna. 

O valor deste conxunto patrimonial reside na súa historia, e esta está ligada as Rutas Xacobeas. O Concello de Rodeiro está cruzado polo Camiño de Inverno con destino a Compostela. Esta era unha ruta alternativa para os peregrinos que escollían o Camiño Francés e querian evitar os lugares de paso máis dificil durante o inverno. A ponte de Pedroso e o lugar de O Mesón forman parte da historia deste Camiño, o lugar por onde cruzaban o río e onde podían descansar e comer para recuperar forza e continuar a súa viaxe. Nunha recente limpeza da ponte descubriuse que nunha cara dos piares hai dúas conchas de vieira labradas na pedra, un signo máis que confirma a relación entre o lugar e o Camiño. 

O Camiño de Inverno ten cada día máis concorrencia e non é raro atoparse nalgún punto da ruta polo concello cos peregrinos que o escollen para chegar a Compostela. Por iso, é importante que os bens patrimoniais que se atopan na ruta se coñezan, recoñezan e se poñan en valor, ofrecendo a súa mellor cara a todos aqueles que pasan por onda eles. 



jueves, 11 de abril de 2019

Piedras con historia II

En el anterior post ya contaba una historia guardada en la memoria de un viejo muro de piedra que se conserva y protege al lado de la Casa del Ayuntamiento de Rodeiro. Esa historia, de la que ya tenía referencia hace mucho tiempo, la conocí en profundidad durante un trabajo de recopilación de información sobre la historia y el patrimonio del ayuntamiento para un trabajo que hice hace tiempo.

Durante el proceso de vaciado y consulta de fuentes bibliográficas, documentales, prensa, internet, etc, encontré multitud de textos que me ayudaron a saber más sobre mi tierra, un lugar muy rico en historia y patrimonio. Mucho de este patrimonio tiene que ver con las piedras. Las piedras son elementos naturales, de material  resistente, perdurable en el tiempo. Se ha empleado en construcción, en elaboración de utensilios u objetos de uso cotidiano, desde los tiempos más remotos, desde la prehistoria hasta nuestros días se conservan piezas arqueológicas o monumentos en los que la piedra es un elemento fundamental o un soporte artístico. Un tema, el de los usos de la piedra, que da para mucho y que trataré en más ocasiones.

Pero, en este caso, me centraré en el uso de la piedra como soporte artístico, hablando de los tan conocidos como petroglifos, esos extraños dibujos que se pueden encontrar en rocas perdidas por los bosques, de misterioso significado, sobre los que tantos y tantos textos y teorías se llevan escrito. Pues, en Rodeiro también podemos presumir de que se pueden ver estos misteriosos dibujos en la piedra, como grafitis prehistóricos de nuestros antepasados. Una muestra más del rico e interesante patrimonio arqueológico que tenemos en nuestro ayuntamiento.

Vecinos del ayuntamiento, aquellos que mejor conocen el territorio, los bosques o las piedras, saben bien a donde se puede ir para observar estos dibujos. La verdad es que yo apenas conozco algunos de estos lugares, pero, como decía al principio, gracias a ese trabajo de recopilación de info que hice hace tiempo, pude saber de la existencia de algún mural prehistóricos en nuestras tierras. Sobre todo llama mucho la atención uno en concreto, el Petroglifo de "O Coto das Laxas" en San Martiño. Dicen de él que se trata de un ejemplo poco común en Galicia, en el que se distinguen dibujos de un tipo de armas conocidas como alabardas, pero también aparecen ídolos o cruces. Los dibujos serían de diferentes épocas, por lo que se deduce que la piedra se uso como lienzo en diferentes momentos y, por tanto, serían también diferentes los “artistas” que lo usaron, porque no cabe duda que se trata de artistas que nos dejaron su arte gravado en roca.

Físicamente no he estado en el lugar, pero me encantaría ir a verlo y tratar de imaginar que motivó al autor o autores a realizar estos dibujos en la roca. Sin duda una manera de expresar sus ideas sobre algo relativo a su vida, a una acontecimiento del momento o, quién sabe, simplemente le gustaba dibujar cosas que conocía, y el resultado llegó a nuestros días. Si la roca pudiera hablar tal vez nos contara el secreto de los “tatuajes” que lleva sobre su piel desde hace siglos.

Y esa es una más de las “piedras con historia” que forman parte de nuestro patrimonio local, y al patrimonio hay que conocerlo, valorarlo y respetarlo como se merece.

En este caso no aporto ninguna foto o imagen del lugar porque no tengo fotos propias pero dejo abajo un enlace a una ficha de patrimoniogalego.net donde hay más información y fotos del mural. Es una página web muy interesante en la que podemos ver cientos de fichas de catalogación de bienes patrimoniales de toda Galicia, además cualquiera puede participar agregando nuevas fichas.


En nuevos post contaré otras historias de piedras. ;)



domingo, 7 de abril de 2019

Pedras con historia I

Que a actual Casa do Concello de Rodeiro teña esa imaxe de torre medieval coroada por almeas non é por casualidade, segue lendo e saberás por qué.

Se pasas polo lugar e das a volta arredor do concello poderás apreciar que este se divide en dúas partes diferenciadas arquitectonicamente, a parte principal e máis antiga é esa con aspecto medieval, e logo está a parte máis recente. As dúas partes están unidas por un corredor baixo o cal se conservou un  vello muro de pedra, que para algún será solo iso, pero en realidade direi que son unhas pedras con moita historia que permanecen aí para lembrarnos que a nosa casa do concello ten un antergo medieval.

A actual vila de Rodeiro ten, posiblemente o seu orixe na Idade Media nacendo ó abeiro dunha fortaleza que ocupaba o solar no que hoxe está o consistorio municipal,  e de aí ven o seu aspecto de edificio do medievo. Ese anaco de muro que con tanto repeto se protexe ó seu carón é o único resto que chegou ós nosos días daquela fortaleza, é, literalmente, unha anaco da nosa historia que garda a memoria do pasado da vila e do concello de Rodeiro.

Investigando as fontes escritas sobre o tema atopeime con artigos de investigación, que falan da orixe desta fortaleza entre o século XII ou XIII, e noméase a un personaxe: Vasco Fernández de Rodeiro, quen poida que fose o impulsor da súa construción. Os documentos dan conta da importancia desta fortaleza e do poder dos señores que a habitaron, tamén se contan multitude de historias das relacións destes con outras importantes familias de nobres liñaxes do contorno: os Deza, os Camba, Taboada, Lemos, etc.

Volvendo á historia da Fortaleza perdida de Rodeiro,  a edificación tivo unha longa época de esplendor, pero ó igual que outras moitas por toda Galicia, foi atacada durante as Revoltas Irmandiños, as cuadrillas de campesiños que no seu momento se rebelaron contra os señores feudais conseguindo mudar o sistema opresivo no que vivian, causando grandes desfeitas nas propiedades dos señores feudais. Tamén  a fortaleza de Rodeiro sufriu grandes desfeitas,  uns feitos documentados nos textos do coñecido como o Preito Tábera-Fonseca, textos moi coñecidos entre os historiadores nos que se recollen as declaracións dos testiños do acontecido naqueles días de enfrontamentos entre señores e vasalos. Os testiños son persoas que habitaron na propia fortaleza ou nas casas lindeiras e contan como era o edificio antes da revolución e os danos causados. Naquel momento, o obxecto deste xuízo era decidir quen debía encargarse de arreglar as desfeitas no edificio, actualmente e por sorte para nós grazas a este documento podemos facer unha reconstrución daquela antiga fortaleza.

Dedúcese polas declaracións que era un autentico castelo medieval, coa súa torre da homenaxe no centro, patio, muralla que rodeaba a construción e incluso o típico foso de auga que illaba e protexía o castelo dos inimigos. Crese que aínda hoxe parte do Río Arnego, que da a volta arredor do concello, segue o camiño que debuxaba aquel foso.
Pero o castelo foi pasando de propietario en propietario, acabou por ser abandonado sufrindo as consecuencias do paso do tempo e chegando á ruina. O edificio serviría como canteira, se damos unha volta polo entorno e nos fixamos un pouco, podemos atopar nos muros das vivendas pedras que pertenceron á fortaleza.

E por iso cando se ideou o actual edificio quíxose facer unha bonita homenaxe a aquela fortaleza medieval que un día ocupou este solar e que tanto significa para a historia local, respetando sempre ese anaco de vello muro que hoxe nos serve para recordala e forma parte do noso patrimonio histórico.