Con este post comezo unha nova serie temática que titulei
“Pezas de Museo”, na que o que quero e presentar e interpretar, pois iso:
pezas, obxectos, aparellos, cousas,..que, polas súas características ven poden merecer un lugar na exposición dun museo. Noutras ocasións traerei a este
espazo pezas que xa están nalgún museo e que me chamen a atención especialmente
polo que aportan a ese museo ou que teñan un valor ou un significado
interesantes para compartir aquí.
![]() |
Museo municipal de Rodeiro, Sala de Etnografía. |
Para comezar a serie escollín unha peza única, pero da
que existen moitas semellantes, e cada unha delas é unha "pedra con historia". Unha peza que, unha vez máis nos demostra a
versatilidade e resistencia da pedra. A Moa.
A Moa é unha das pezas máis representativas dos nosos
muíños de río. Pódese dicir que é unha d
as protagonistas, situada no centro do
tremiñado, o espazo principal da construción, é parte activa no traballo do
muíño. Ten unha función fundamental no traballo e ocupa un lugar privilexiado. A través do seu ollo central vai pasando o gran paseniño, e xirando e
xirando sobre o pé, transfórmase en
fariña.![]() |
Fotografía do interior dun antigo muíño Yoli Aguiar (Rodeiro). |
As fotos que acompañan o texto, a primeira é unha foto que saquei fai tempo no Museo Municipal de Rodeiro, na súa sala de etnografía, onde se custodian tres moas, moi desgastadiñas polo traballo e o paso do tempo. E ahí están, xa xubiladas e acompañadas por un pé tamén de muíño, contándose as súas historias de xuventude.
A segunda foto, mostra unha gran moa que permanece no interior dun antigo muíño. Neste caso, a moa en moi bo estado de conservación semella que está descansando disposta a colocarse no seu lugar de traballo e comezar a faena, pero o tempo pasa e o muíño segue parado e sufrindo as consecuencias do abandono.
No hay comentarios:
Publicar un comentario