jueves, 27 de junio de 2019

Imos á Romaría ??

Galicia é sen dúbida unha terra de verbenas e festas. Non hai parroquia nin aldea que celebre cada ano unha ou dúas festas na honra ó seu Santo Patrón, nas que nunca faltan as orquestras, foguetes e a boa comida en compañía de familiares e amigos. E agora que xa estamos en plena tempada de festexos paréceme unha boa idea escribir un novo post facendo unha breve reflexión sobre o tema, usando como recurso as historias que os maiores gardan na súa memoria.

Pero crees que as festas foron sempre como hoxe as coñecemos?, pregunta os teus maiores e veras as diferenzas. Iso sí, despois de ler este post para saber un pouco do conto!.

Conversando cos maiores da familia ou veciños máis vellos do lugar, eles empezan a recordar eses bos momentos sempre cheos de anécdotas compartidas entre irmáns, amigos e veciños. Eu sempre o paso moi ben escoitando estes contos e historias que me soan tan lonxanas e imaxino as persoas protagonistas, hoxe xa maiores, nesas festas, bailando e divertíndose cando eran mozos.

Daquela as romarías eran outra historia!. Todos coñecían perfectamente o calendario de festas que coincidia co santoral, e agardaban con ansia o día que algunha se acercaba. Dende ben cedo comezaban os preparativos. O primeiro era aliarse con veciños percorrendo as casas para poñerse de acordo, naquelas aldeas ateigadas de xentes, o normal era facer forza común para poder ir e apoiarse, xa que o seguinte paso era conseguir o permiso dos pais, cosa nada fácil!, e ademais tiñan que contar cunha “carabina”, unha persoa maior e de “respeto” que os acompañase, sobre todo no caso das mozas.

Conseguir o permiso dos pais non era tarefa doada, sobre todo cando se trataba de romarías a media semana. O traballo no rural era duro e sempre hai algo que facer, o primeiro eran as labores, ó contrario que hoxe, a maioría dos traballos facíanse de forma manual e toda a familia arrimaba o ombreiro. Por iso, moitas veces o pai poñía como condición rematar algún traballo, que a priori semellaba imposible, como sachar a leira do millo na maña, a ver si así os rapaces desistían de ir á festa. Pero as ganas de troula eran moitas e a recompensa ben valía o esforzo.

Á tardiña todos tiñan as labores rematadas e listos para saír a divertirse, arregladiños  ca roupa dos domingos. As mozas, levaban muda de zapatos, uns ben cómodos para facer o camiño e outros, os de moda con tacón de agulla ben altos, para lucir na festa. Que daquela á festa íase andando por camiños e carreiros, sen coches nin carreteras, non había doutra que ir a pé. Ademáis esto facía que se limitase o radio de acción ás parroquias veciñas e máis próximas, evitando facer demasiados kilómetros de ida e volta.

Dende que o grupo se reunía para saír cara o lugar da festa xa comezaba a diversión. Todo eran risas e chanzas polo treito ata chegar ó lugar. Xa no “torreiro” da festa, comezaba o baile. Os mozos, tímidos ó comezo, ían escollendo parella de baile entre as mozas. Eran eles quenes levaban a iniciativa. Pero coidado, porque se te vían bailando máis de dúas pezas co mesmo xa cho colocaban como mozo de forma oficial.

As romarías comezaban con día e remataban tamén cedo, arredor da media noite os grupos partían de volta as súas aldeas e casas. Pero a festa non remataba, de camiño seguían as risas, a diversión e os chismes de posibles novas parellas nacidas nesa festa, algunhas rematarían en matrimonio.

Hoxe os tempos son outros e as cousas cambiaron moito. As parroquias compiten por ver cal é a que trae a mellor orquestra e xunta máis xente. Os asistentes miramos de brazos cruzados cara un escenario no que ten lugar un espectáculo que nos atorda co ruído e as luces. Os máis novos xa non saben bailar “o agarrado” e pasan a noite sacándose fotos que subir ó instagram e en grupos de “botellón”.

Cando escoito aos meus maiores falando esas historias de xuventude, das romarías ou das tardes tocando a pandeireta e cantando xunto aos veciños da aldea, non podo evitar pensar que viviron unha época ben bonita e divertida, cunha maneira de coñecerse e relacionarse máis sa e moi diferente á que nos tocou a nós.


Incluso, a veces, sinto unha certa envexa.


martes, 18 de junio de 2019

Unha noite no muíño, unha noite non é nada....

unha semaniña enteira, esa si que é muiñada!! ;)

Se hai un elemento arquitectónico tipicamente galego que representa todos os valores da tradición e da cultura popular galegas, ese é O Muíño, protagonista deste novo post. Ó longo de toda Galicia podemos atopar milleiros destas pequenas casetas a carón dos nosos ríos. E de novo a pedra, como material fundamental, que xunto coa madeira e tella do pais dan forma a estas construcións con tanto valor patrimonial.

No anterior post falaba dos muíños de uso manual que castrexos e romanos empregaban a diario para facer fariña. Podemos pensar que os muíños hidráulicos que nos coñecemos son os descendentes daqueles, pero máis grandes, máis evolucionados e cun sistema de funcionamento máis complexo.

Os muíños acompañan a vida dos campesiños e labregos galegos dende hai séculos. Xa na Idade Media era fundamental o seu uso para obter a tan prezada fariña, algo do que se aproveitaban os señores feudais, cobrando aos campesiños por poder usalos. Co avance dos séculos a sociedade foi transformándose, pero o protagonismo do muíño na economía e na sociedade rural galega non se perdeu ata fai unhas décadas.

Como dicía, poder ter acceso o uso do muíño era fundamental para a subsistencia familiar, nunha terra na que o consumo de pan é básico na nosa alimentación. Seguro que algúns aínda lembrades cando se cocía o pan na casa nos tradicionais fornos de pedra que se quentaban con leña. Pois un dos pasos para a elaboración do pan artesanal pasaba polo do muíño, é o chamado "Ciclo do Pan".

A “muiñada”  é unhas das actividades máis tradicionais do rural galego, esas que se foron perdendo cos avances e a modernidade. Estas xornadas de traballo propiciaban que se xuntasen veciños e amigos convertendo os duros días de traballo en verdadeiros días de festa, porque as galegas e galegos daquela tiñan ese carácter sempre festivo e ledo que sacaban para facer máis levadeiro o traballo. É por iso que gran parte do noso folcklore popular, tan cheo de ditos, refráns e cancioneiros, xira en torno a estas duras tarefas que os avances e a modernidade fixeron desaparecer.

Seguindo co tema do muíño, sobre eles habería tanto que contar, tantos aspectos, valores e historias que non tería suficiente cun so post. Por iso, nesta ocasión quero ir máis pola parte interpretativa deste ben patrimonial, poñendoo no lugar que lle corresponde: como personaxe protagonista na vida do rural durante séculos.

Entón, o noso protagonista pasou a súa vida a carón dun río, convivindo coa natureza que o rodea e da que goza no seu tempo de lecer, pero goza tamén coa visita do muiñeiro e dos seus clientes. Cando chega o muiñeiro comeza a xornada de traballo, é a hora de poñerse en funcionamento e facer a “muiñada” para os primeiros clientes. O muíño esperta do seu descanso poñéndose en movemento grazas á enerxía que lle da a forza da corrente de auga percorrendo as súas entrañas. A modo o gran de trigo, centeo ou millo, vai caendo entre as súas “moas” que, con forza e moito mimo, volta a volta, conseguen sacar a prezada fariña.  O tempo de espera faise longo, mentres o muiñeiro vixía que todo vaia ben, os clientes vanse xuntando tentando de facer a espera máis levadeira. Destas esperas xurdiron numerosos ditos e refráns populares. Pero non so se contaban contos durante a espera, tamén se tocaba e cantaba, e así naceu a tan famosa Muiñeira Galega, a carón dun muíño e ó tempo que a moa xiraba facendo fariña.

Así pasa a xornada o muíño, traballando duro, pero tamén compartindo risas, contos e festa con aqueles que se achegan ata el para pedirlle que transforme o gran en fariña.


Fai so unhas semanas enviáronme unhas fotos duns antigos muíños nun estado de conservación lamentable, como centos deles en todo o territorio que, perdida a súa función fai décadas, hoxe son vítimas do paso do tempo e do abandono, sen donos que se ocupen de coidalos. Moitos foron desmantelados, as súas pezas están hoxe en museos ou, no peor dos casos, decorando xardíns privados. Ó velos non podo evitar pensar no seu pasado, no importantes que foron para a sociedade e a economía rural durante séculos, en toda a riqueza cultural que se xerou en torno a eles e que forma parte do noso patrimonio etnográfico material e inmaterial.


Fotografías duns antigos muíños
abandonados.
(Concello de Rodeiro)
Hoxe en día son moitos os que seguen activos e ben coidados, realizando con orgullo a súa labor, pero pola contra son tamén miles os que deles so queda unha morea de pedras que gardan na súa memoria os segredos dunha tradición que esmorece co paso do tempo.


lunes, 3 de junio de 2019

Piedras con historia V: molinos de uso manual

Una vez más vuelvo al tema de la piedra que nos cuenta historia y que da mucho juego. Como ya escribí en posts anteriores, la piedra es ese material imperecedero y versátil que tanto se lleva usando a lo largo de toda la historia con innumerables fines. En los anteriores artículos ya os presente bienes de interés hechos en piedra que muestran las diferentes funciones que se le ha dado a la piedra, al mismo tiempo que ponía como ejemplo algunos de los puntos de interés patrimonial más representativos de mi Ayuntamiento: Rodeiro, contribuyendo de algún modo en la difusión de su conocimiento y valor.

Entonces, en esta ocasión quiero presentar un elemento usado por nuestros antepasados como herramienta de uso doméstico. Me refiero a los antiguos molinos de uso manual o molinos celtas, ejemplo del uso de piedra para fabricación de utensilios de uso cotidiano y doméstico.

Y de nuevo voy a emplear ejemplos locales para ilustrar el tema porque, aunque Rodeiro es solo un pequeño ayuntamiento del interior de Galicia, podemos presumir de muchas cosas, una de ellas es que contamos con un valioso y variado patrimonio arqueológico que dice mucho de nuestro pasado más antiguo. Sobre algunos de estos bienes ya he escrito en pasados post ya publicados en este blog. De entre esos interesantes restos arqueológicos locales, en el museo municipal custodiamos una buena muestra de los molinos de piedra de uso manual que quiero presentar en este post.

La mayoría de estas piezas fueron encontradas y recuperadas en el entorno de los castros locales, de los que tengo que decir que son auténticos yacimientos sin estudiar que guardan grandes misterios de nuestro pasado. Pero volviendo al tema, de esta herramienta que los celtas y romanos usaban a diario para hacer harina de forma manual, se pueden diferenciar dos modelos.
Dibujo del primer modelo de molino.
Fuente: Museo Municipal de Rodeiro.

El primero de ellos, más sencillo y manejable, consiste en dos piezas de piedra, una se colocaba como base, con una superficie lisa sobre la que se echaba el grano; la otra pieza, de menor tamaño y ligeramente tallada de forma cilíndrica adaptándola para sujetar con las manos, es la que se usaba para ir deshaciendo el grano hasta obtener la harina.



Imagen en la que vemos a unas amas de casa celtas
realizando sus tareas cotidianas de cocina, una de ellas haciendo harina
con un molino del segundo modelo que describo en el post.
Fuente: Internet.

Luego tenemos un segundo modelo, digamos que de una tecnología más avanzada. Consisten también en dos piezas de piedra de mayor tamaño y forma cilíndrica, la más pesada se colocaba como base, la otra se asentaba sobre la primera y a través de un orificio en la parte de arriba se iva introduciendo el grano, el usuario hacía girar la piedra superior haciendo que el grano se fuese deshaciendo entre las dos. Este modelo de molino es el precursor de los molinos de agua que salpican toda nuestra geografía a los lados de ríos y riachuelos, elementos muy representativos de nuestra tradición y a los que dedicaré un post próximamente. 

Y estos son los molinos que nuestros antepasados usaban para obtener la harina que les servía como base para su alimentación. Es curioso leer sobre la alimentación de los celtas, habitantes de los castros, hacían harina de las bellotas para su consumo cuando en la actualidad casi despreciamos este recurso, pero también cultivaban ya otro tipo de granos, como el trigo, que usaban para hacer harina pero también lo fermentaban y elaboraban un tipo de cerveza de trigo y miel que llamaban Corma. 

Pero dejando a un lado estas curiosidades culinarias, lo que me interesa más es enseñaros sobre un aspecto de la vida doméstica en la que, nuestros antepasados idearon una herramienta de piedra para una cubrir una  necesidad que les hizó la vida más fácil, comprobando que ingeniosos eras esos celtas. Además de que crearon un modelo de molino realmente útil, que evolucionó hasta los molinos de agua de río que todos conocemos y que aún hoy se emplean, un hilo que conecta aún nuestra vida con la de los habitantes de los castros.

Ahh...y no dejes de indicar en la reacciones de abajo si te ha gustado, te ha parecido interesante o curioso. Me ayudará a seguir trabajando en los temas que resulten más interesantes!!. ;)