"Mercado local"

Dende sempre a miña vida está ligada ó rural; nacín , medrei e vivo nunha pequena aldea na que apenas quedamos unha ducia de veciños. Aquí a vida ten un ritmo diferente, máis independente, tranquila, pero sobre todo saudable, e a todo elo contribúe a maneira de alimentarnos. Por  iso me parecen moi interesantes iniciativas como a que trato neste post.

As familias de aldea somos case totalmente autosuficientes, con un pouco de traballo e esforzo diario somos capaces de producir na casa case todo o que precisamos para unha alimentación sa e equilibrada, coidando da horta e dos nosos animaliños. Pero non so se produce para o autoconsumo, senón que a causa das consecuencias das crises económicas que levamos as nosas costa, son moitas as persoas que deciden tirar do traballo da horta e producir as súas verduras e froitos ou ocnservas ecolóxicas como unha actividade económica que os axude a saír adiante.

Para tod@s os que tedes unha horta e producides as vosas verduras ou outros produtos caseiros, hai por aí varias plataformas na web que podedes usar para vender os vosos excedentes ou, tamén, se queredes que a vosa paixón polos cultivos se converta nun pequeno negocio.

Esta é unha desas plataformas, a través de Tablondeanuncios.com, un coñecido  portal de anuncios de artígos de segunda man, anuncios clasificados ou ofertas de emprego, ahora ademais conta cunha nova sección chamada “Mercado Local” que ofrece un servizo de compra-venta de produtos de comercio local de Km 0. O portal limítase a poñer en contacto a ofertantes e demandantes, como ofertante simplemente tes que poñer os teus anuncios de venta de froitas, verduras, conservas, mel, queixo, ovos,… tanto si es particular como para pequenos negocios.


Os anuncios para particulares son gratuítos e teñen unha vixencia de 6 meses, durante os cales podes modificalo ou anulalo cando queiras, antes de que caduquen.

E dende o punto de vista do demandante, se queres consumir productos directamente da horta á mesa, pasa polo portal e busca os teus productos preferidos, gañaras en saude e axudaras a un pequeno produtor a saír a diante.

Aí tes a ligazón ao Portal:

No hay comentarios:

Publicar un comentario