Presentación.


Ola! Son Isabel e nesta páxina vouche a contar algo sobre mín e a miña foramción.

Estudei Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándome aló polo 2018. Logo fixen un Master en Servizos Culturais e prácticas nun museo etnográfico familiar no rural galego onde aprendín moito sobre tradición e patrimonio etnográfico, pero tamén puiden poñer en práctica o aprendido sobre museoloxía e meseografía.

Algún tempo despois tiven a oportunidade de ser becaria da Diputación de Pontevedra no Concello de Rodeiro, tempo no que seguín profundizando e traballando en aspectos relacionados coa tradición e o patrimonio no entorno local, e adicarlle parte do meu tempo de traballo a replantear teóricamento o museo local. Uns traballos que seguín desenvolvendo nunha segunda etapa de traballo neste mesmo concello.

A miña, breve pero intensa, vida laboral permitiume achegarme e coñecer de preto a problemática do patrimonio local e dos museos nun mundo rural, moi lonxe dos grandes centros culturais e dos bens coñecidos internacionalmente. Un achegamento que fixo centrar o meu interese neste tipo de ámbitos e de bens.

Nos últimos tempos teño feito cursos de interpretación patrimonial que me axudan a entender e ver o patrimonio dende diferenes perspectivas ó tempo que me proporciona novas ferramentas adecuadas para aplicar á hora de acercar a todo tipo de públicos ao noso patrimonio.

Por outro lado, neste complicado momento que nos tocou vivir, sego mellorando a miña formación e completando o meu CV, buscando novos proxectos nos que poñer en práctica os meus coñecementos e aprendendo outros novos.

Así naceu este blog, como un medio a través do que seguir traballando, investigando e aprendendo sobre aquelo que máis me gusta: o patrimonio e os museos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario