"Las ventanas del cielo"

Unha das miñas grandes aficións dende sempre é a lectura, disfruto moito con un libro entre as mans e leo case de todo. Por iso quero incluir neste blog unha nova sección na que compartir as miñas conclusións sobre algúnha das novelas que máis me gustaron ou ensinaron. Quizais a alguén lle sirva de guia no momento de elixir lectura para o seu tempo de lecer.

Como digo ó comezo, son capaz de leer case de todo, pero as novelas que máis me interesan son as que a súa trama xira en torno a algún aspecto relacionado coa arte, nas súa diferentes vertentes: arquitectura, pintura, escultura, e ambientadas en diferentes períodos históricos. Soen estar están moi ben documentadas e sempre me aportan algo novo.

A última novela que lín é "Las ventanas del cielo" de Gonzalo Giner. Conseguina por casualidade. Gústame curiosear en librerias ou nas seccións de libros dos centros comercias e elexir eu mesma lendo as contraportadas e vendo o que me suxiren. O que me fixo decantarme por ela foi unha frase da contraportada que dicía algo así como: en la Edad Media se construyeron grandes catedrales, pero los maestros vidrieros las convirtieron en las ventanas del cielo. Tanto me chamou a atención que decidín levala comigo. 

Enganchoume dende o primeiro párrafo e non puiden deixar de leer. O protagonista, Hugo, un mozo de familia acomodada que non sabe o que quere pero si ten claro o que non quere, rebélase contra unha vida imposta polo seu pai ligada a os negocios familiares. Acaba enfrantándose a seu pai e vese obrigado a emprender o seu camiño sen nada e so. Hugo ten que aprender a vivir e a esforzarse, traballar en cousas que nin imaxinaba para poder sair adiante mentres intenta entender cal é o seu destino, que é o quere facer coa súa vida. Na súa búsqueda atopa persoas boas e sabias que lle axudan a descubrir unha vacación que non sabía que tiña e que o dirixe a un mundo que lle era totalmente descoñecido: a arte das vidrieiras. Esa é a parte artística da historia, a que nos fai descubrir a un Hugo extremadamente sensible, que aprende a expresarse emocionalmente primeiro a través do debuxo e despois da composición de fermosisimas vidrieras. A partir de aquí iremos descubrindo xunto a el os segredos do deseño e fabricación destas impresionantes composicións de cristais de cores e imaxes que, coa axuda da luz que as atravesa, transforman os interiores das catedrais.

En paralelo ó relato das aventuras de Hugo discorre a vida de Berenguela, a súa amiga da infancia, compañeira de xogos e confidencias ata que as súas vidas se separan aos vinte anos. Berenguela, tan fermosa como intelixente, ten que aceptar unha vida imposta, un matrimonio de conveniencia que a fai infeliz cun home que a humilla constantemente, nunha sociedade na que as mulleres debían acatar e obedecer aos pais e os homes.

Ambos protagonistas seguen a súa vida por separado durante anos, buscando a maneira de ser felices, ser donos da súa vida e do seu destino, decidindo que é o que queren ser ou facer. Tal vez nalgún punto da dúa vida se reencontren...pero para sabelo terás que leer a novela! ;)

O final esta é unha historia de superación e de buscada persoal. Hugo e Berenguela representan a rebeldia contra a imposición familiar e social de seguir un camiño marcado en contra dos seus verdadeiros desexos. Non son libres para decidir sobre a súa propia vida e deben superar multitude de dificultades ata conseguir esa libertade de elección. 

A historia de Hugo e Berenguela ensinanos que na vida con persistencia e paciencia podemos conseguir aquelo que non propoñamos, e que non nos temos que deixar vencer polas contrariedades que non atopemos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario