Na miña última visita a Madrid, fai xa un tempiño, non
perdín a ocasión de visitar algúns museos, como non podía ser doutra maneira,
sempre o fago cando viaxo...chámalle manía!! ;)
Pois ben, un dos que visitei ese intenso fin de semana
foi o Museo Nacional do Traxe, e pareceume unha marabilla. O primeiro que me
chamou a atención: o edificio, esperaba atoparme con un edificio antigo, clásico, pero ó contrario, atopeime cunha arquitectura contemporánea que ademáis resulta estéticamente atemporal. Como a min tan importante me parece o contido como o contenedor quixen saber máis sobre este edificio, consultei en internet e descubrín que o
edificio se construíu nos anos 70 co fin de albergar unhas coleccións de traxes
históricos con máis de un século de historia. Entón aquí se asentou a sede deste
museo no que se leva a cabo unha importante labor de investigación sobre o tema
da moda e a súa evolución.
A mostra está perfectamente organizada para que vaiamos
vendo como foi a evolución da forma de vestir dos españois durante eses cinco
séculos, algo que me parece interesantísimo. Temos que pensar que a forma de
vestir, a moda, é sempre unha forma de expresión que nos fala de diferenzas
sociais, económicas e culturais entre persoas e entre estamentos. Por
exemplo, nos tempos en que a sociedade se dividía entre señores e criados, ós
criados non se lles permitía vestir como os señores, impúñaselles unha forma de
vestir humilde e sinxela sen ornamentos, sen complementos e sen xoias. Esto foi
así durante moito tempo, pero no século XX as cousas foron cambiando, e aínda
que segue habendo diferenzas entre como nos vestimos os ricos e os menos ricos,
en xeral a moda foise democratizando e todos podemos vestir o que queiramos
sempre e cando nolo poidamos permitir económicamente.

Avanzando no tempo, e na mostra, comprobamos como a
vestimenta se foi alixeirando, as prendas interiores mais opresivas van desaparecendo
e os vestidos deixan intuir as formas do corpo, resultando pouco a pouca máis
naturais e cómodos. Os vestidos foron liberando o corpo da muller ó mesmo tempo
que as mulleres se foron liberando da opresión social. E chegando á parte final,
que se corresponde coas ultimas décadas do XX e a actualidade, o nacemento da
Alta Costura e os grandes modistos nacionais representados aquí por deseños de
Pertegaz ou Balenciaga entre outros,e incluso Paco Rabanne, quenes o que que queren é mostrar a beleza da muller e realzar a figura feminina a través das súas creacións.
Para rematar a visita pasamos por unha sección na
que xogar e ó mesmo tempo aprender. Por exemplo, a través dos sentidos
aprendemos a diferenciar teas e texturas, ou experimentar outras sensacións, podemos sacarnos fotos con diferentes looks, etc.
Se queredes ver e saber máis non perdades a ocasión de
pasar por aquí. Hoxe que tanto están de moda @s influencers, as it girls ou os bloggers de moda, este é un museo perfecto e de visita obrigada para toda esta
xente tan interesada na moda onde poden aprender de historia, e quen sabe si de aquí poden sacar a inspiración para algún dos seus estilismos... ;)
No hay comentarios:
Publicar un comentario