Por exemplo, no caso da vivenda moito cambiou a cousa, referíndome neste caso ó mundo rural que é no que eu me criei. Cantas diferencias hai entre as casas na que vivían os nosos avós ou bisavós e as casas nas que vivimos hoxe en día. As vivendas en Galicia evolucionaron moito ó longo dos séculos, e podemos ver este feito gracias a que se conservan, por exemplo as Pallozas na zona de O Courel e no Cebreiro, un tipo de vivenda xa en desuso que hoxe é parte do noso patrimonio etnográfico, e que todos coñecemos. Pequenas vivendas que semellan cabanas e ademais poden ser moi similares a como serían as vivendas nos castros......pero esto queda para outro post! ;)
A
partir de aquí, a vivenda iria medrando segundo as necesidades chegando á que
se denomina como o modelo de casa labrega tradicional. A vivenda
tipicamente galegano rural é de pedra con cuberta a dúas augas, pequenas fiestras nos
muros para evitar que pase o frío, e normalmente de dúas plantas. Na planta superior
estaban os cuartos e na inferior as cortes para os animais. Pois si, os animais tiñan tamén o seu “cuarto” dentro da
casa, como membros da familia que eran. Ademais que os animais estiveran
debaixo dos cuartos proporcionáballes calefacción natural. Unhas casas que non tiñan moitas das comodidades que hoxe consideramos como algo básico, como o cuarto de baño, electricidade ou auga corrente.
Pero
sen dúbida a parte mais importante da casa era a cociña, o lar. A cociña
contaba cun elemento fundamental: a lareira, esta era o corazón da casa e da vida familiar. Composta por unha lousa de pedra
dunha soa peza ou varias lousas unidas, sobre as que se facía o lume. O lume
era imprescindible na casa para facer a comida e para quentarse. Porque nestas
casas non había gas nin electricidade para cociñar, e por suposto non había
calefacción!. A comida facíase en potes
de ferro que se penduraban directamente sobre a chama do lume.
Arredor
da lareira reuníase toda a familia para comer e para pasar as noites cando
facía frío. Daquela ss familias eran máis numerosas que ahora, convivindo na mesma casa varias
xeracións e para pasar o tempo, ao serán despois de rematar o traballo e nas
noites de inverno, falaban e contaban contos ao calor do lume, moitas noites xuntábanse tamén cos veciños, ou facían as "fiadas", pero contareivolo outro día. ;) Mentres, hoxe
vemos a televisión, andamos co ordenador ou co móvil e case non falamos uns cos
outros. Moito cambiou a vida familiar e veciñal cos anos!.
O tema da casa da para moito e posiblemente faga outros post contándo máis.
Pero volvendo á cociña,para poder ver como era unha destas podemos visitar museos como o do Pobo Galego en Santiago onde hai unha sala de etnografía onde se reconstrúen varias estancias dunha casa tradicional, e por suposto non podía faltar a lareira que como xa dixen era o corazón da casa. Tamén temos en Galicia numerosos museos etnográficos como o Museo Casa do Patrón en Doade no Concello de Lalín no que se pode visitar unha casa antiga rehabilitada na que se ven todas as estancias e mobles de época típicos dunha casa tradicional. Neste segundo exemplo estaríamos ante un museo familiar, eles mesmos recuperaron a antiga casa da familia que musealizaron e se pode visitar.
Pero volvendo á cociña,para poder ver como era unha destas podemos visitar museos como o do Pobo Galego en Santiago onde hai unha sala de etnografía onde se reconstrúen varias estancias dunha casa tradicional, e por suposto non podía faltar a lareira que como xa dixen era o corazón da casa. Tamén temos en Galicia numerosos museos etnográficos como o Museo Casa do Patrón en Doade no Concello de Lalín no que se pode visitar unha casa antiga rehabilitada na que se ven todas as estancias e mobles de época típicos dunha casa tradicional. Neste segundo exemplo estaríamos ante un museo familiar, eles mesmos recuperaron a antiga casa da familia que musealizaron e se pode visitar.
Pero nos
museos normalmente o que visitamos son recreacións ou exposicións saturadas de obxectos, moi pulcras e bonitas. En cambio eu teño a sorte de coñecer unha casa onde se conserva a antiga cociña de lareira orixinal con
todos os seus elementos típicos. Non vou desvelar onde se atopa pero acompaño
este post dalgunhas fotos que puiden facer alí para que a vexades e poidades
comprobar as diferenzas. Os donos da casa foron arreglando parte da casa,
fixeron novos cuartos e outra cociña pero sen tocar a antiga, o que me permitiu facerme unha mais real de como sería a vida, cociñar, comer, cear ou quentarse nunha cociña antiga. Dende logo que era moi diferente ao que estamos hoxe acostumados!.
Pote de ferro con pés para cociñar. |
Pote colgado da gramalleira |
Fuelles, pote e trespés, obxectos de menaxe típicos nunha cociña de lareira. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario