Fai pouco aproveitamos unha
breve estancia en Santiago para visitar algún dos espazos expositivos da vila,
un deles foi o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), un edificio moi
especial situado á marxe da Cidade Vella, ao ladiño de Santo Domingo de
Bonaval, forman un conxunto perfecto no que se contrasta o novo e vello,
arquitectura contemporánea e outra na que se mesturan Gótico e Barroco. Dous
edificios que levan tanto tempo convivindo que xa non estenderíamos o lugar se
faltase algún dos dous.
Son dous edificios magníficos
que albergan cada un deles un tipo de exposición, no CGAC podemos visitar en
cada momento a proposta de arte contemporánea que toque, son exposicións temporais.
Pola contra, no antigo edificio de Bonaval temos o Museo de Pobo Galego no que
se presenta unha interesante exposición etnográfica que nos ensina moito sobre
a tradición e a cultura de Galicia.
Unha imaxe da última exposición no Cgac, para que se xoga cos espazos interiores e exteriores. |
E non so as exposicións son
interesantes senón que os propios edificios son dignos de admiración, cada un
dentro do seu estilo. O edificio do CGAC é unha arquitectura contemporánea con
interiores amplos e un espazo moi versátil o que lle sacan moito partido nas
montaxes expositivas, incluso xogando co interior e o exterior. E logo está o Museo do Pobo
Galego, un emblemático edificio de Compostela con elementos arquitectónicos
góticos e barrocos realmente fermosos, como a famosa escaleira de caracol.
Volver de vez en cando a estes
museos tráeme recordos dos anos de estudante, de ir a visitar as exposicións
que alí se presentaban, cursos ou das tardes de inauguracións. Foron bos
momentos, dende logo!. ;)
Ben, creo que me estou
lidando moito e ó tema deste post era a Arte Contemporánea, entón volvo a el!.
Sempre que visito un espazo
no que se expón este tipo de arte súrxenme certas preguntas, como a que da
título ao post. Unha pregunta que de seguro se fai moita xente e se pode ver
desde dous puntos de vista.
Primeiro, indo polo sentido
conceptual, é decir, a que nos referimos con este concepto dentro da Historia
da Arte. Pois ben, en xeral dentro do termo “arte contemporánea” encadramos a
toda a produción artística que se está xerando dende comezos do século XX ata hoxe,
dende os movementos dentro da chamada “Arte
de Vangarda”, supuxeron un punto de
inflexión na arte abrindo o camiño a multitude de novas maneiras de expresión,
os artistas poden ser máis libres, sen medo a romper as normas establecidas,
experimentan con novas técnicas e formas, buscando a diferenza e a provocación.
Ó longo do século XX sucedéronse un tras outro novos movementos (impresionismo,
cubismo, dadaísmo, surrealismo, abstracción, póvera, pop-art,…) que contribuíron
a crear un amplísimo catálogo de diferentes formas de expresión, a veces
alagadas e outras desprezadas, pero sempre provocadoras. Entón ó final, a arte
contemporánea e o artista contemporáneo o que busca é provocar, provocar
sensacións no espectador, ou provocar polémica, que se fala dela.
O espazo interior é amplo, ben iluminado e versatil. |
Segundo, voume referir a ese
momento no que te paras diante dunha peza de arte contemporánea ou no centro da
sala de exposicións e te preguntas: que é isto?. Unha sensación que nos pode
crear incluso rechazo pola arte
contemporánea. Ese é un momento polo que pasamos todos, teñamos ou non teñamos
formación en arte ou saibamos mais ou menos. Aquí dou un consello: se te dispós
a visitar una exposición de arte contemporánea deixa os medos e os prexuízos
fora da sala, leva a mente aberta e nunca penses en si serás quen de entender
ou non a obra. Ó final do que se trata é de pararse a observar a peza e
deixarnos levar polos sentidos.
Para entender unha obra de
arte contemporánea non fai falla ser un entendido, nin coñecer a traxectoria do
artista ou do movemento no que se insire o seu traballo, sobre todo porque é
case imposible coñecer e entender todas as vertentes artísticas da arte contemporánea
actual.
É moito máis simple,
simplemente hai que saber mirar, deixarnos levar pola nosa mente e polas
sensacións que a obra nos suxire. Esa é maneira de disfrutar da Arte
Contemporánea.
No hay comentarios:
Publicar un comentario