Os nosos Castros.
Imos coa terceira entrega das visitas virtuais polo patrimonio de Rodeiro no que te convido a achegarte aos nosos castros. E si, nesta ocasión especialmente trátase dunha visita virtual dada a situación na que nos atopamos, aínda que seguro que moi pronto todos poderemos volver a saír e a disfrutar do noso patrimonio de forma presencial.
Imos coa terceira entrega das visitas virtuais polo patrimonio de Rodeiro no que te convido a achegarte aos nosos castros. E si, nesta ocasión especialmente trátase dunha visita virtual dada a situación na que nos atopamos, aínda que seguro que moi pronto todos poderemos volver a saír e a disfrutar do noso patrimonio de forma presencial.
Evidentemente, os
castros de Rodeiro pódense visitar e convídote a facelo, aínda que ningún deles
está posto en valor. A aqueles que
gustedes de pasear e camiñar polo monte sempre podedes achegarvos ao entorno
daqueles que resultan máis accesibles, incluso camiñar pola “croa” e sentir o seu pasado, a historia, os misterios e segredos que se agochan baixo a terra que
sepultou as vellas vivendas que foron habitadas fai séculos.
Estou segura que
tod@s sabemos moi ben que é un castro e o valor que teñen como documentos históricos que nos poden ensinar a coñecer a nosa
historia e á sociedade que os ocupou. En toda Galicia hai uns 2.500 catalogados, extendendose ao norte de Portugal e parte de Asturias. Aínda que noutros puntos da Península atopamos antigos asentamentos de poboación con estructuras bastante semellantes.
E qué son?; pois
son as aldeas nas que vivian os habitantes deste territorio durante a Idade de
Ferro, aló polo século VIII A.C. . Hoxe teñen un incalculable valor histórico
porque son os asentamentos de poboación máis antigos que se conservan no noso
recantiño do mundo. Isto quere dicir, que antes da Idade de Ferro a poboación
era nómada, pasaban a vida desprazándose de lugar en lugar según a época do
ano, o clima ou na procura de alimento. Unha etapa histórica da que non se conservan
restos que indiquen lugares de asentamento pero si lugares de enterramento: as
Mámoas.
Pero a sociedade e as súas costumes mudan e
transfórmanse continuamente, así chegou un momento no que a xente decidiu deixar moverse continuamente de localización para asentarse nun mesmo lugar, un lugar no
que botar raíces e, por dicilo dalgunha maneira, crear unha familia, ou
colonizar novos territorios. Ademais de que chegaron ata aquí pobos estranxeiros, procedentes de Europa, que decidiron que este era o sitio
perfecto para iso. Todos eles configuraron unha sociedade e un pobo, ós que nos coñecemos como Celtas.
Entón, no noso recunchiño de mundo, os castros son o primeiro indicio dun urbanismo organizado e
planificado do territorio. Eles son aldeas fortificadas con murallas,
parapetos e fosos, un sistema defensivo complexo e necesario para defenderse
dos ataques externos. Dentro da murallas, na croa están as vivendas, de pedra e con cuberta
vexetal, actualmente conservamos o seu reflexo nas Pallozas do Courel. Os habitantes do castro formaban un Clan composto de varias
familias que estaban ligadas e convivían axudándose entre eles nas faenas relativas ao cultivo do campo e o coidado dos animais.
O emprazamento destas aldeas non é froito da casualidade senón que todo está pensado. A sociedade da época
era belicosa e eran habituais os enfrontamentos entre clans por diversos
motivos como o control do territorio, polo que é habitual que os poidamos
distinguir no alto dos nosos montes aproveitando as ladeiras como defensa natural.
Por exemplo en Rodeiro, dende as fiestras da miña casa podo apreciar como destacan tres dos castros locais na liña que debuxa sobre o horizonte o monte da parroquia de O Salto, que son: nunha punta os Castro Pequeno e Grande, preto da aldea de Casares e moi próximos entre sí, e na outra punta do horizonte está o de Cantelle a carón da aldea do mesmo nome e xa na parroquia de Vilela. Entre eles, hoxe interpóñense os enormes aeroxeneradores que dende fai anos conviven con eles e con todos nos no alto do monte, un ampla zona de monte raso e algunhas fincas aproveitadas para a produción de forraxe para o gando. Eles son os tres que temos a este lado do concello, xunto co asentamento de Melide, o castriño de Melide situado nun emprazamento de menor altitude e do que este non temos unha orixe cronolóxica confirmada, poida que sexa un asentamento posterior.
En pleno Val de
Camba atopamos o Castro de Aboldrón, ocupando un lugar de menor altura, poida
que para o seu emprazamento non se buscase tanto a protección natural que
ofrecen os lugares altos, senón que se decidiran pola fertilizade da terra no
Val, un terreo abrigado pola Serra do Faro e outros montes locais que o
protexen do frío do norte de inverno.
A carón de
capital do concello está o Castro de Vence ou de Rodeiro, e viaxando ao sur do
concello están o de Riobó e o de Baroncelle, este último destaca polo seu gran
tamaño, e pretiño as aldeas polas que levan o seu nome: Riobó e Baroncelle.
Os castros son o
preludio das aldeas que hoxe coñecemos.
De feito, como xa fun destacando nos parágrafos anteriores, preto de
cada un dos castros que temos en Rodeiro hai hoxe unha ou varias aldeas que
seguramente foron fundadas polos castrexos. A chegada dos romanos a esta
esquina da Península supuxo unha profunda transformación en todos os sentidos. No primeiro momento, os nativos castrexos loitaron por manter a súa cultura e
forma de vida, pero o poderoso imperio romano acabou por impoñerse, os
castrexos non lles quedou doutra que someterse e adaptarse as normas e á
cultura romana. Chegou unha etapa de estabilidade e paz que propiciou que os
habitantes dos castros fundasen novos asentamentos, aldeas, fora dos seus
recintos amurallados, nos vales e preto dos terreos de cultivo. A pegada da presencia dos romanos na Gallaecia tamén quedou en Rodeiro, deles conservamos baixo o manto verde do Val de Camba a Vilae de Porta de Arcos [https://isaferb.blogspot.com/2019/02/romanos-no-corazon-do-val-de-camb.html]
Pero séculos
despois, os castros seguen vixiándonos e acompañándonos dende o alto dos nosos
montes ou outeiros, xeración tras xeración sendo parte do noso patrimonio
material e xeradores dun interesante patrimonio inmaterial de lendas e contos. Entre o legado patrimonial que nos deixaron os castrexos ou consérvase nas instalacións do Museo Municipal en forma de muíños de pedra de uso manual e fragmentos de cerámica recuperados no seu entorno.
Estou segura de
que a pesares do paso do tempo e dos continuos ataques dos furtivos, seguen
agochando no seu interior valiosos tesouros, interesantes pezas e obxectos, ademais de segredos e misterios que, como
documentos antigos, nos axudarían a coñecer e a comprender mellor á sociedade
que os habitou.
---De seguido deixo unha ligazón a un blog chamado "Camiños con arte" onde podes ler unha interesante post sobre a Cultura Castrexa;
---E tamén un artigo de prensa sobre o Castro Pequeno, preto de Casares:
No hay comentarios:
Publicar un comentario