Xa comezan a
relaxarse as medidas impostas polo confinamento, aínda así seguimos vivindo
unha situación extraordinaria que nos fai pasar na casa mais tempo do habitual.
As horas na casa pasan lentas e moitos estamos investindo mais tempo do
habitual en tarefas que doutra maneira pasariamos mais por alto, como ler, ver
series en tv, … , pero sobre todo estamos pasando moito mais tempo na cociña.
De feito nos supermercados os mais buscados estes meses foron o lévedo e a
fariña.
Pois ben, pasar
tanto tempo na cociña fíxome lembrar o pasado e as antigas instalacións desta
estancia tan importante da casa. A cociña, e concretamente a Lareira, era o
corazón da casa e da vida familiar. Alí
xuntábanse todos os membros da familia ás horas da comida e nas tardes e noites
de inverno para resgardarse do frío, converténdose nun membro máis desa familia,
un membro mudo e testiño do quefacer diario dos habitantes da casa e dos contos
cheos de misterios que os avós contaban os netos, nunha época na que non había
nin tv, nin móbil ou ordenador cos que distraerse e aillarse uns dos outros.
No centro da
lareira estaba esta curiosa peza de madeira da imaxe, a Trendeira. Un artiluxio
creado ex profeso para un fin
concreto, para poder pendurar sobre o lume os grandes potes de ferro nos que se
facía o caldo, cociñado a lume lento de leña de carballo, para a comida, un dos
pratos mais comúns do menú diario nas casas do rural doutros tempos.
A foto, que
ademais xa compartín noutros post anteriores, [https://isaferb.blogspot.com/2019/03/arquitectura-popular-galega-ii-casa.html] está tomada nunha verdadeira
cociña antiga conservada tal cal. Cando visitei este lugar foi un momento moi
especial, porque se trata dun espazo real que tivo vida. A familia que viviu
nesta casa fixo as obras de reforma e as melloras precisas, pero mantiveron a
cociña vella tal como estaba. Ó entrar no espazo e ver a lareira coa trendeira,
os vellos potes, os trepés, as paredes afumadas,… sentes que nese espazo se
detivo o tempo, sentes a vida e o pasado das persoas que viviron alí e que
compartiron xantares e ceas arredor desa lareira. A sensación é moi diferente a
cando vas a un museo etnográfico nos que
se recrean espazos como este, como se dun escenario sen vida nin pasado se
tratara.
Ogallá se conservasen máis espazos coma estes, porque sería moito máis interesante poder visitarlos no seu emplazamento orixinal, cargados dun pasado e duna vida real, e con todas esas sensacións que nos transmiten. Ademais de que mostran unha realidade pasada que nos ensina como cambiou a forma de vida, quizais así valoremos un pouco mais o que temos ahora.
Ogallá se conservasen máis espazos coma estes, porque sería moito máis interesante poder visitarlos no seu emplazamento orixinal, cargados dun pasado e duna vida real, e con todas esas sensacións que nos transmiten. Ademais de que mostran unha realidade pasada que nos ensina como cambiou a forma de vida, quizais así valoremos un pouco mais o que temos ahora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario