unha semaniña enteira, esa si que é muiñada!! ;)
Se hai un elemento arquitectónico tipicamente galego que representa todos os valores da tradición e da cultura popular galegas, ese é O Muíño, protagonista deste novo post. Ó longo de toda Galicia podemos atopar milleiros destas pequenas casetas a carón dos nosos ríos. E de novo a pedra, como material fundamental, que xunto coa madeira e tella do pais dan forma a estas construcións con tanto valor patrimonial.
Se hai un elemento arquitectónico tipicamente galego que representa todos os valores da tradición e da cultura popular galegas, ese é O Muíño, protagonista deste novo post. Ó longo de toda Galicia podemos atopar milleiros destas pequenas casetas a carón dos nosos ríos. E de novo a pedra, como material fundamental, que xunto coa madeira e tella do pais dan forma a estas construcións con tanto valor patrimonial.
No anterior post falaba dos muíños de uso manual que castrexos e romanos empregaban a diario para facer fariña. Podemos pensar que
os muíños hidráulicos que nos coñecemos son os descendentes daqueles, pero máis
grandes, máis evolucionados e cun sistema de funcionamento máis complexo.
Os muíños acompañan a vida dos campesiños e labregos
galegos dende hai séculos. Xa na Idade Media era fundamental o seu uso para
obter a tan prezada fariña, algo do que se aproveitaban os señores feudais,
cobrando aos campesiños por poder usalos. Co avance dos séculos a sociedade foi
transformándose, pero o protagonismo do muíño na economía e na sociedade rural
galega non se perdeu ata fai unhas décadas.
Como dicía, poder ter acceso o uso do muíño era
fundamental para a subsistencia familiar, nunha terra na que o consumo de pan é
básico na nosa alimentación. Seguro que algúns aínda lembrades cando se cocía o
pan na casa nos tradicionais fornos de pedra que se quentaban con leña. Pois un
dos pasos para a elaboración do pan artesanal pasaba polo do muíño, é o chamado "Ciclo do Pan".
A “muiñada” é unhas das actividades máis tradicionais do
rural galego, esas que se foron perdendo cos avances e a modernidade. Estas xornadas
de traballo propiciaban que se xuntasen veciños e amigos convertendo os duros
días de traballo en verdadeiros días de festa, porque as galegas e galegos
daquela tiñan ese carácter sempre festivo e ledo que sacaban para facer máis
levadeiro o traballo. É por iso que gran parte do noso folcklore popular, tan cheo
de ditos, refráns e cancioneiros, xira en torno a estas duras tarefas que os
avances e a modernidade fixeron desaparecer.
Seguindo co tema do muíño, sobre eles habería tanto
que contar, tantos aspectos, valores e historias que non tería suficiente cun
so post. Por iso, nesta ocasión quero ir máis pola parte interpretativa deste
ben patrimonial, poñendoo no lugar que lle corresponde: como personaxe
protagonista na vida do rural durante séculos.
Entón, o noso protagonista pasou a súa vida a carón dun
río, convivindo coa natureza que o rodea e da que goza no seu tempo de lecer,
pero goza tamén coa visita do muiñeiro e dos seus clientes. Cando chega o
muiñeiro comeza a xornada de traballo, é a hora de poñerse en funcionamento e
facer a “muiñada” para os primeiros clientes. O muíño esperta do seu descanso
poñéndose en movemento grazas á enerxía que lle da a forza da corrente de auga percorrendo
as súas entrañas. A modo o gran de trigo, centeo ou millo, vai caendo entre as
súas “moas” que, con forza e moito mimo, volta a volta, conseguen sacar a
prezada fariña. O tempo de espera faise
longo, mentres o muiñeiro vixía que todo vaia ben, os clientes vanse xuntando
tentando de facer a espera máis levadeira. Destas esperas xurdiron numerosos
ditos e refráns populares. Pero non so se contaban contos durante a espera,
tamén se tocaba e cantaba, e así naceu a tan famosa Muiñeira Galega, a carón
dun muíño e ó tempo que a moa xiraba facendo fariña.
Así pasa a xornada o muíño, traballando duro, pero tamén
compartindo risas, contos e festa con aqueles que se achegan ata el para pedirlle
que transforme o gran en fariña.
Fai so unhas semanas enviáronme unhas fotos duns antigos
muíños nun estado de conservación lamentable, como centos deles en todo o
territorio que, perdida a súa función fai décadas, hoxe son vítimas do paso do
tempo e do abandono, sen donos que se ocupen de coidalos. Moitos foron
desmantelados, as súas pezas están hoxe en museos ou, no peor dos casos,
decorando xardíns privados. Ó velos non podo evitar pensar no seu pasado, no
importantes que foron para a sociedade e a economía rural durante séculos, en
toda a riqueza cultural que se xerou en torno a eles e que forma parte do noso
patrimonio etnográfico material e inmaterial.
Fotografías duns antigos muíños abandonados. (Concello de Rodeiro) |
No hay comentarios:
Publicar un comentario