jueves, 23 de mayo de 2019

Curiosos impostos que moi poucos recordaran.

Encántame indagar no pasado e saber de cousas hoxe desaparecidas pero que fai so unhas décadas eran do máis común para todos. Creo que é interesante coñecer o noso pasado inmediato e poder comprobar como en moi pouco tempo se produciron grandes cambios que fan que a nosa vida sexa moi diferente a como vivian nosos pais ou nosos avós non fai moito tempo.

Así nalgunha desas conversacións cos maiores da familia, unha cousa leva a outra, e de novo saiu o tema dos impostos. Esta é polo que máis non soemos queixar, argumentando que hoxe en día os gobernantes nos frien a impostos, que se aplican a todo. E mirando cara atrás dámonos conta que os impostos non son un invento máis ou menos actual, senón que ó longo da historia do mundo existiron todo tipo de rendas ou impostos que os máis poderosos cobraban ós máis desfavorecidos.  

Pero nesta ocasión non quero ir moito atrás no temo, senón que fagamos so un retroceso duns 60 ou 70 anos máis ou menos, unha época na que se pagaban uns impostos ben curiosos, que mesmo poden parecer de chiste.

Imos a elo!. Por exemplo, hoxe parécenos un exceso ter que pagar un recibo por ter coche, pois iso non é ningún invento novo.  Fai unhas décadas xa os nosos avós pagaban por ter carro, e ademáis tiñan que telo matriculado coa súa chapiña identificativa e todo. Vamos, igualiño que nós co coche.

Outro imposto curioso era o que se pagaba polas "Carnes frescas y saladas", que debía de ser algo así como pagar polos productos cárnicos caseiros. Se hai algo típico e tradiconal do rural galego son as matanzas, e entendo que no seu momento se cobraba un imposto municipal polos productos derivados desta faena caseira. Vaia, por riba de ter que criar os animais para poder obter alimento para a familia, nun tempo de escaseza, pois tiñan que pagar por ese producto.

E tamén souben de dous recibos que me chaman moito a atención, o do can e o das "plagas do campo". Si, como o lees, existiu un tempo no que se tiña que pagar por ter can na casa, ademais de se debía ter o can identificado cunha chapiña que se debía levar pendurada do colar a modo de DNI. Parece de chiste pero non o é. Sinalar que curiosamente daquela había por ahí moito can sen dono,..jeje ;), por algo sería!. Tamén mencionei o imposto polas "plagas do campo", entendo que se refire por exemplo ó escarabello das patacas, e quero pensar que o recaudado ia destinado a mercar e proporcionarlles os labregos sulfatos contra esas plagas, ou non?.

Todos os mencionados no post eran impostos municipais, que daquela se lles chamaban "albitrios" de forma oficial, pero de forma extraoficial coñecíase como "a chupa dos concellos", creo que non fai falta explicar porqué.

E estes son so algúns dos curiosos exemplos de impostos que debían pagar os nosos avós, pero seguro que había algúns máis...seguirei indagando no tema, pois este tamén forma parte da nosa memoria colectiva e da nosa historia, unha parte do noso pasado que é interesante que coñezamos aínda que so sexa un pouco.



No hay comentarios:

Publicar un comentario