Encántame indagar no pasado e saber de cousas hoxe desaparecidas pero que fai so unhas décadas eran do máis común para todos. Creo que é interesante coñecer o noso pasado inmediato e poder comprobar como en moi pouco tempo se produciron grandes cambios que fan que a nosa vida sexa moi diferente a como vivian nosos pais ou nosos avós non fai moito tempo.
Así nalgunha desas conversacións cos maiores da familia, unha cousa leva a outra, e de novo saiu o tema dos impostos. Esta é polo que máis non soemos queixar, argumentando que hoxe en día os gobernantes nos frien a impostos, que se aplican a todo. E mirando cara atrás dámonos conta que os impostos non son un invento máis ou menos actual, senón que ó longo da historia do mundo existiron todo tipo de rendas ou impostos que os máis poderosos cobraban ós máis desfavorecidos.
Pero nesta ocasión non quero ir moito atrás no temo, senón que fagamos so un retroceso duns 60 ou 70 anos máis ou menos, unha época na que se pagaban uns impostos ben curiosos, que mesmo poden parecer de chiste.
Imos a elo!. Por exemplo, hoxe parécenos un exceso ter que pagar un recibo por ter coche, pois iso non é ningún invento novo. Fai unhas décadas xa os nosos avós pagaban por ter carro, e ademáis tiñan que telo matriculado coa súa chapiña identificativa e todo. Vamos, igualiño que nós co coche.
Outro imposto curioso era o que se pagaba polas "Carnes frescas y saladas", que debía de ser algo así como pagar polos productos cárnicos caseiros. Se hai algo típico e tradiconal do rural galego son as matanzas, e entendo que no seu momento se cobraba un imposto municipal polos productos derivados desta faena caseira. Vaia, por riba de ter que criar os animais para poder obter alimento para a familia, nun tempo de escaseza, pois tiñan que pagar por ese producto.
E tamén souben de dous recibos que me chaman moito a atención, o do can e o das "plagas do campo". Si, como o lees, existiu un tempo no que se tiña que pagar por ter can na casa, ademais de se debía ter o can identificado cunha chapiña que se debía levar pendurada do colar a modo de DNI. Parece de chiste pero non o é. Sinalar que curiosamente daquela había por ahí moito can sen dono,..jeje ;), por algo sería!. Tamén mencionei o imposto polas "plagas do campo", entendo que se refire por exemplo ó escarabello das patacas, e quero pensar que o recaudado ia destinado a mercar e proporcionarlles os labregos sulfatos contra esas plagas, ou non?.
Todos os mencionados no post eran impostos municipais, que daquela se lles chamaban "albitrios" de forma oficial, pero de forma extraoficial coñecíase como "a chupa dos concellos", creo que non fai falta explicar porqué.
E estes son so algúns dos curiosos exemplos de impostos que debían pagar os nosos avós, pero seguro que había algúns máis...seguirei indagando no tema, pois este tamén forma parte da nosa memoria colectiva e da nosa historia, unha parte do noso pasado que é interesante que coñezamos aínda que so sexa un pouco.
jueves, 23 de mayo de 2019
viernes, 17 de mayo de 2019
18 maio, día dos museos.
“Un Museo é unha institución sen fins de lucro,
permanente, ó servizo da sociedade e do seu desenvolvemento, aberta ó público,
que adquire, conserva, investiga, comunica e expón o patrimonio material e
inmaterial da humanidade e do seu medio ambiente con fins educativos, de estudo
e recreo”:
Definición recollida nos estatutos do ICOM, aprobados pola 22ª Asemblea Xeral en Viena (Austria), o 22 de agosto de 2007.
Definición recollida nos estatutos do ICOM, aprobados pola 22ª Asemblea Xeral en Viena (Austria), o 22 de agosto de 2007.
Esta é a definición
de museo que hoxe serve como referente para toda a comunidade museistica
internacional. Pero tiveron que pasar séculos de historia para que chegásemos a
este punto.
A afición de certas persoas por reunir ou xuntar pezas de
máis ou menos interese ou valor artístico xa se daba dende moi antigo. Os
antigos exipcios xa enterraban xunto a faraóns auténticas coleccións de pezas
de incalculable valor artístico. E así ó longo da historia foron moitos os que tiveron gusto polo coleccionismo,
unha afición máis propia das clases altas, con poder económico e boa situación
social, caso de importantes familias italianas como os Médicis. Durante séculos
a arte estaba en mans privadas e reservada a uns poucos, moi lonxe da sociedade
e do pobo.
Foi a finais do século XVIII, en concreto en 1793, cando
se produce un acontecemento que supón un punto de inflexión: a apertura do
primeiro museo nacional público, o Museo da República en París, hoxe o Museo do
Louvre. A partir deste momento a xente do pobo ten acceso a algo que lle estaba
vetado, empezan a sentirse mais próxima á arte, a interesarse e disfrutar deste
mundo.
A creación e apertura de museos expándese rapidamente por
toda Europa, con todo o que iso conleva. Nacen organismos, estudos, teorías e ciencias
que traballan sobre os museos e as súas exposicións como algo vivo que nunca
deixa de evolucionar, sempre na procura de achegalos á xente e de propoñelos
como lugares perfectos nos que investir o noso tempo de lecer.
Así, pouco a pouco, e con moito traballo por parte dos
profesionais dos museos chegamos ao punto no que a definición do comezo deste
post ten sentido. Hoxe si podemos dicir que os museos están ó servizo da
sociedade en xeral e non so duns poucos. Eles, os museos, son os encargados de
conservar e de protexer os nosos bens máis prezados, o noso patrimonio, aqueles
que nos ensinan sobre a nosa historia e que nos permiten coñecer máis sobre a
nosa cultura ou as tradicións que nos definen como sociedade.
Actualmente existen unha ampla gama de tipoloxías de
museos, sobre calquera tema que te poidas imaxinar. Ademais hai unha gran
cantidade de profesionais que se encargan de experimentar continuamente en innovadoras
técnicas e materiais para crear exposicións cada vez máis atractivas para o
público, máis adaptadas a todos e integrando cada día máis as novas tecnoloxías.
Aínda que, na miña opinión, sobre o uso das movas tecnoloxías, si ben é certo
que ofrecen moitas posibilidades, tamén penso que moitas veces se roza o abuso
e fan que as exposicións resulten máis frías ou insensibles, estamos chegando a
un punto no que existen centros expositivos ou interpretativos nos que non
vemos nin unha soa peza ou obxecto, so pantallas e proxeccións, que non me
gustan nada!!:(
E volvendo ó tema e para rematalo, cada ano o 18 de maio
celébrase o día dos Museos. Neses días previos e nos posteriores, nos museos faise
un esforzo maior para enchelos de vida e actividades diferentes para a ocasión
coas que se pretende abrilos aínda máis ó público.
lunes, 6 de mayo de 2019
Piedras con historia IV: un icono del patrimonio local.
“A Tulla de Outeiro” carga con el peso de ser el icono patrimonial de Rodeiro, siempre en el centro de la polémica por su estado de conservación y por quién deberia tomar medidas, propietaria o administración. Pero ni los siglos de historia que lleva acompañándonos, generación tras generación, ni el hecho de haber sido declarada BIC (Bien de Interés Cultural) de forma oficial, han conseguido que propietaria y administración se pongan de acuerdo para consolidar y poner en valor lo que queda de esta hermosa torre que, día tras día, sigue agonizando hacía su trágico final, acabar convertida en un montón de piedras con historia.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)