que vaia a auga ó muíño!.
E como unha noite no muíño non é nada, tamén me parece que un ben patrimonial con tantos valores se merece moito máis que un so post, porque os muíños teñen moita historia que contarnos. Entón, nesta segunda parte centrareime na parte construtiva, e é que os muíños son un elemento propio da arquitectura popular no rural galego. E vouno a escribir pensando nos muíños que coñezo, os da miña terra, Rodeiro, onde temos unha boa cantidade deles formando parte da nosa fermosa paisaxe e enriquecendo o patrimonio etnográfico local.

Canle de pedra que dirixe a auga ó muíño. |
Entón, está claro que estamos ante unha construción de
carácter sinxelo, con materiais humildes
pero nobres, pensado para un fin concreto, para traballar e obter a tan prezada
fariña, esencial para a nosa alimentación durante séculos. Creo que se pode ver
que o muíño representa moi ben o carácter dos galegos e galegas do rural:
persoas humildes e nobres, que saben o que é o traballo duro. Moitas das
familias do noso rural tiñan un muíño propio, son os muíños de herdeiros, outros daban servizo a toda unha aldea, estes
son muíños comuneiros.
Interior do"Tremiñado" no que se conservan todas as pezas dun muíño. |
Observemos un pouco esa estrutura dando unha voltiña
arredor del. A caseta divídese en dúas plantas, a superior é o “tremiñado” e a inferior o “inferno”, e cada unha delas protexe
unha parte do mecanismo que traballa unido para facer a fariña. Non debemos
esquecer que os nosos muíños empregaban a enerxía da auga para facer o seu
traballo e poñerse a funcionar. Daquela, aínda que non eras conscientes delo, xa
se podía falar de enerxías renovables!. A auga entraba a el a través da canle,
como un corredor de pedra que dirixe a auga ata as entrañas do muíño. A auga
colle presión e cae con forza no “inferno”
golpeando as pás do “rodicio”, roda
que fai xirar as gran moa de pedra, que se atopa no “tremiñado” e que
lentamente e con moito mimo esmiúza o gran, obtendo así a dourada fariña.
Ben, pois basicamente así son os nosos muíños, de
estrutura sinxela e cos elementos fundamentais para o seu traballo, aínda que
hai que ter en conta que existen outras tipoloxías de maior tamaño que
albergaban máis de un mecanismo, ou divididos en máis estancias. Grandes muíños
que podían pertencer a familias con maior poder económico ou que
traballaban de forma como industrial para unha gran cantidade de clientes.
E ata aquí un segundo e breve achegamento á vida e historia dos nosos muíños. Espero que dende ahora cando des un paseo a carón dalgún dos nosos ríos e pases xunto a un muíño, párate un intre a observalo … escóitao, el mesmo che contará a súa historia, so tes que imaxinala.
No hay comentarios:
Publicar un comentario