miércoles, 20 de febrero de 2019

O convento de O Mosteiro (Dozón)

Para estrenar blog decicín compartir un texto que esbribín para un traballo dun curso de "interpretación do patrimonio" sobre un ben do noso patrimonio que ten un valor especial para min e a miña familia. O Mosteiro é un dos lugares máis especiais para min. Espero que o texto guste tanto como a min me gusta está fermosa igrexa.



"Na pequena aldea de O Mosteiro, no concello de Dozón, na que apenas quedan unha ducia de veciños, sorprende atoparnos cun fermoso edificio, unha igrexa do século XII de estilo románico que, como tantas outras do rural galego, sobreviviu ó paso do tempo compartindo festas, vida e mortes cos seus veciños e veciñas. É tanto o protagonismo desta igrexa que o lugar xa se coñece popularmente como O Mosteiro e non como Vilanova, que era o topónimo orixinal da aldea.
 
No lugar hoxe so se conserva a igrexa, pero conta historia que aquí houbo un mosteiro feminino que foi abandonado aló polo século XIX. Parte do edificio monacal foi desmantelado pedra a pedra, algunha desa pedra atopámola nos muros das vivendas da aldea, basta con fixarnos neses muros e descubrir as marcas dos canteiros na pedra. Destaca a fermosisima cabeceira vestiva cos ornamentos do estilo románico.
 
A igrexa, á que os veciños chaman familiarmente “o convento” forma parte da vida diaria da aldea coma un testiño mudo e inmóvil que os observa ir e vir nas súas tarefas diarias. No seu adro, á sombra dos seus muros, xúntanse os veciños polas tardes a pasar o tempo de lecer, contando contos ou lembrando os anos mozos,... e cantas conversas e  segredos gardará “o convento” dos seus veciños!.
 
Ela abre as súas portas cada 29 de xuño acollendo a todos os que desexen participar da festa na honra a San Pedro. Nas vísperas son os propios veciños os que a preparan, limpan e adornan con frores frescas para que loza perfecta para recivir as xentes de toda a contorna. Todos veñen atraídos pola crenza de que se pasas certo número de veces, sempre impar, por debaixo do santo, este fará que perdas o medo. Eu mesma, dende nena, cumplin co ritual moitas veces e a verdade é que non son unha persoa medosa, entón podo dicir que algo de certo terá o conto!!.
 
A celebración da festa a San Pedro e o feito de que se acheguen visitantes case a diario para admirar a beleza románica do edificio, rompen por uns intres a monótona vida do lugar, no que coma xa dixen so quedan apenas unha ducia de habitantes. Moi amablemente a Sr. Fidelina, gardana das chaves, abre as portas do seu "convento" a todos os visitantes.
 
A igrexa conta no seu adro cun pequeno cemiterio veciñal. Ó non tratarse dunha igrexa parroquial, no cemiterio so teñen o seu panteón algunha das familias da propia aldea, polo que tanto na vida coma despois da morte estas persoas seguen eternamente ligadas ao seu “o convento".

 
 Non se trara de un texto de investigación sobre o edificio, a súa arquitectura, cronoloxía...senón que é un texto que trata de interpretar o lugar poñendoo en relación co seu entorno e o que significa para os veciños e a sociedad a súa presencia. A interpretación do patrimonio persegue conectar os bens coas persoan e para elo emprega as emocións e os sentimentos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario